Logo de la empresa

A Noite de San Xoan

Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº 37 Verano 2022

Como calqueira tradición oral que pasa de xeración en xeración, a orixe da Noite de San Xoán presenta moitas incógnitas.
A Noite de San Xoan

Como terra de meigas e trasnos, a Noite de San Xoán ten en Galicia un significado moi especial. É unha velada repleta de maxia, lume e gastronomía que se celebra en todos os rincóns de Galicia. O pobo reúnese nas praias, rúas e campos para bailar, cantar, comer e saltar as fogueiras convertidas en brasas ao berro de “ Bruxas fóra”. Unha tradición conservada dende hai séculos que ten como obxectivo afastar todos os males e invocar os bos augurios.

A superstición engadida co paso dos anos concibe esta celebración como un momento ideal para entregar ao lume materiais vellos, inservibles ou fatídicos. Unha forma de borrar esa parte do pasado e iniciar unha nova etapa co lume como símbolo purificador e protector. Ademais, a gastronomía xoga un papel moi importante nesta festa. As sardiñadas e churrascadas populares, así como a degustación de chourizos e viño do país, son unha parte moi importante da noite.

Como calqueira tradición oral que pasa de xeración en xeración, a orixe da Noite de San Xoán presenta moitas incógnitas. Segundo a crenza cristiá, a festividade de San Xoán celébrase seguindo as escrituras bíblicas referentes ao nacemento de Juan Bautista, anunciado por Zacarías mediante o aceso dunha gran fogueira. Este feito, presúmese que puido ocorrer entre a medianoite do 23 e a madrugada do 24 de xuño. Non obstante, a investigación dos que se encargan de profundizar neste tipo de tradicións e lendas ancestrais constata a existencia de ritos semellantes de tradicións célticas orixinadas na Idade Media. A súa procedencia como rito pagano está recoñecida por infinidad de historiadores que aseguran que 5.000 años antes de Cristo, coincidiendo co  solsticio de verán do día 21 de xullo, xa se celebraba no hemisferio norte da península una festa muy parecida á actual. De feito, consideran que a noite de San Xoán son os restos de enraizados cultos célticos ao lume, a auga e a terra.


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top