Aitana Iglesias Márquez | Revista eSmás edición O Salnes Nº 8
Esta lenda constitúe só un dos múltiples exemplos de costumes relacionadas coa fertilidade existentes en Galicia.
Separando ou unindo os concellos de Ribadumia e Vilanova, segundo se mire, o río Umia encrávase nun dos lugares máis destacados de toda a comarca salnesa. Coma parte da súa relevancia presente e pasada, data do século XVI a construción dunha ponte romana que permitía o paso de veciños e forasteiros deica o outro lado da corrente. Sen embargo, coma era habitual en tempos pretéritos, a esfera lendaria asolagou tamén este tesouro afincado en Ponte Arnelas, do que deriva a súa denominación coma Ponte dos Padriños.
Segundo afirma a tradición, as augas que discorren configurando o seu caudal contan con propiedades milagrosas para solventar problemas de fertilidade. Deste xeito, o mito engloba unha curiosa costume de vital importancia para aqueles pais cuxos embarazos non logran chegar a bo termo, de modo que o futuro fillo é perdido durante a xestación ou parto. Así, para salvagardar a súa existencia ante unha nova xestación, toda muller que desexa someterse ao rito debe achegarse á ponte acompañada por unha comitiva. Dita agrupación, integrada por un número variable de varóns, terá que aproximarse á beira do río xunto coa muller, prestándolle a súa axuda para impedir que ningunha persoa ou animal cruce ao outro lado unha vez pasada a medianoite ao tempo que todos os implicados permanecen no máis absoluto silencio. Cumpridas estas condicións, un home da comitiva debe cruzar a ponte e verter auga do río sobre o ventre da moza, a modo dun bautismo prenatal para atraer o bo desenvolvemento do proceso. Coma recompensa pola súa humilde colaboración, o home é invitado a unha cea á beira do regato, nun ambiente festivo para celebrar o éxito do rito. Á finalización da velada, coma parte fundamental da cerimonia, o encontro continúa co lanzamento da vaixela á corrente dende a ponte a cargo de todos os asistentes. Se pasados nove meses o parto resulta efectivo, o home en cuestión convértese automáticamente no padriño do meniño ou meniña, que recibirá o nome de Alberto ou Alberta na honra da estatua de San Alberto que configura a entrada da ponte.
O rito dos Padriños de Ponte Arnelas, coma así é coñecida esta tradición, constitúe só un dos múltiples exemplos de costumes relacionadas coa fertilidade existentes en Galicia. Así, este aspecto gozou de grande relevancia dende tempos históricos, xa que a figura dos fillos para un matrimonio supoñía non só a mostra e culminación do seu querer senon un papel de capital importancia no seo familiar, prestando a súa axuda nas tarefas do fogar, no cultivo das terras, no pastoreo dos animais e, por suposto, supoñendo o sustento e coidado dos pais unha vez acadada a vellez. Con todo, trátase de ritos aínda encravados no recordo colectivo, cuxas crenzas, teñan efecto realmente ou sexan froito da fantasía, continúan intactas.
Construgal - Tu empresa de reformas y servicios de fontanería, electricidad y pintura. Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - https://www.construgal.es/
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Bodegas Gran Bazán Albariño - Lugar de Tremoedo, 46, 36628, Pontevedra Teléfono: 986 55 55 62 - www.bodegasgranbazan.com
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Abogado especializado en derecho civil y urbanismo. C/ Arapiles, nº2 - 2ºF - Vilagarcía de Arousa. Tlf: 986 50 97 23 - Fax: 986 56 63 89
Arrullos del Agua - Tu espacio de relajación y salud en el centro de Vilagarcía. Av. Rodrigo de Mendoza, 57, 36600 Villagarcía de Arosa, Pontevedra - T. 986 50 79 00 - www.arrullosdelagua.es
Maquinaria, Herramientas, Construcción y Jardinería. - 986730300
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 https://www.canedaychamosa.com/
Asesoria laboral, fiscal, contable, declaraciones de rente, para pymes - empresas Dir: Avenida de galicia, 33 -1ºA Cambados Telf: 986 54 21 91 Movil: 639 09 70 13 E-mail: tita@asesoriadetita.com Visita nuestra web