Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº32 - Primavera 2021
O xogo popular galego orixinario da Idade Media que vén sendo posto en valor nos últimos anos
A billarda, ou estornela, é un xogo popular galego orixinario da Idade Media (como mínimo do S. XIII) que vén sendo posto en valor nos últimos anos. Aínda que non ten unhas regras claramente definidas, xa que varían segundo a zona, ten unha Liga Nacional e a grandes trazos consiste en darlle cun pau (marro ou palán) a outro máis pequeno (que sería o que lle dá nome ao xogo) para facer que salte e chegue o máis lonxe posible.
Trátase dun xogo de exterior que se practica especialmente cando fai bo, e entre os seus obxectivos educativos están o fomento da creatividade (tradicionalmente eran os propios xogadores quen fabricaban os obxectos) e a comunicación (como todo traballo en equipa).

Preparando o golpe da billarda.
O marro/palán e a billarda teñen uns 2/3 centímetros de ancho e, respectivamente, arredor de 50 e de 15 centímetros de longo, agudizándose polos extremos. O terreo mide uns 50 metros de longo por 20 de ancho. Nun extremo estará a zona de saque, un cadrado duns 60 cm, e do outro o varal, de 3,6 metros de lonxitude e sen límite de altura.
Para poder competir, a Liga estableceu algunhas regras xerais como que os xogadores, a partir de dous, se reparten en equipos (tamén pode ser un xogo individual) que sortean quen sae primeiro a xogar. Desde a zona de saque, que habitualmente é unha circunferencia feita no chan (aínda que pode ser tamén un buraco no chan, un pau pousado…), dáselle á billarda co marro ou palán nunha das puntas, co obxectivo de levantala, e outro golpe cando estea no aire para lanzala lonxe, intentándoa levar cara ao varal.
Os xogadores só poden intentar levantar a billarda unha vez, e se non o conseguen ou se a levantan e despois non a dan golpeado, pásase ao outro equipo. Se se consegue, pódese golpear no aire todas as veces que o xogador queira ou poida. Se cae no varal ao primeiro golpe, a partida xa ten gañador, pero o equipo rival terá un intento para conseguir o mesmo resultado e empatar.

Golpeando a billarda.
Se cae dentro do campo, lanza o seguinte xogador, que será quen estea máis próximo de onde caia e sempre desde ese punto. Así ata tres intentos. Cando estes rematen, o xogador terá que calcular a distancia (en paláns) desde o punto de inicio ata onde fique caída a billarda. Se acerta ou queda curto, pode seguir xogando. Pero se se excede, os puntos van ao outro equipo, que ademais comeza unha nova tirada. Outras das regras do xogo serían que, se a billarda sae da pista polos lados, retómase a partida no punto da liña por onde saíu sempre que houbese varios lanzamentos. Se a billarda sae á primeira, ou mesmo se sae pola liña de fondo, haberaa que devolver ao lugar desde onde se lanzou.
Parece moi complicado, pero en realidade é moi doado. Ao final, quen gaña o xogo é o xogador que consegue meter a billarda entre o varal antes que o seu contrincante, e sempre e cando usasen o mesmo número de lanzamentos.
Malia á súa recente popularidade, a billarda aínda ten un grande reto por diante: deixar de ser considerado un xogo para pasar a ser un deporte. Así aumentará a súa visibilidade entre o público xeral e, por que non, o número de persoas que se animan a recuperar unha das nosas tradicións máis divertidas.

Voo da billarda
Taller de joyería y relojería, venta y reparación. Dr: Edelmiro Trillo, 19, Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 512 016 www.joyareloj.es
Más de 40 años de experiencia en servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio Arosa: Avda. de Pontevedra, 21, Vilagarcía- Telf: 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Empresa de alquiler de coches con alcance en toda Galicia y haz tu reserva de la forma más sencilla y cómoda. Dr: Avenida López Ballesteros 13, local 7, Vilagarcía de Arousa- Telf: 623 253 178- Email: info@vssalquiler.es www.vssalquiler.es- Email: info@vssalquiler.es
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - www.cvosdurans.com
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Jaema- Nuestro mejor deseo sois VOSOTROS. Haciéndote sentir seguro desde 1990. Este 2025 cumplimos 35 años a tu servicio. - Juan Carlos I nº20, Local 1, Vilagarcía. - Telf: 986 510 244. - www.jaemasl.com
Tu tienda de moda multimarca para mujeres. Ropa y accesorios de diseño. R/ García Caamaño nº23, Vilagarcía. Telf: 986 509 380 www.lariviere.es
Formación Profesional para el Empleo- Refuerzo educativo para el Grado en Ingeniería Informática y F.P- Certificados de Profesionalidad rama TIC. Dr: Pza. da Estación, 1- Telf: 886 161 355 www.captioma.com
Servicio de autocares con amplia trayectoria en el sector. Rúa Patiño, 19 - P.Ind. Trabanca - Vilagarcía. Telf: 986 50 10 27 E-mail:empresa@pereirasl.com www.pereirasl.com