Adrián Gondar | revista eSmás Vilagarcía Nº26 Otoño 2019
A castaña foi un elemento fundamental para combater a fame dalgunhas das épocas máis duras da nosa historia recente, como o remate da Guerra Civil e a posguerra, grazas ao seu rico aporte de nutrientes e o seu baixo nivel calórico.
A castaña, froito do castiñeiro, é un dos cultivos máis senlleiros de Galicia e unha importante fonte de alimentación en todo o sur do continente europeo, así como de partes de Asia e, antigamente, de Norteamérica. Tal era a súa importancia en Europa que, nos núcleos nos que escaseaba o acceso á fariña dos cereais, as castañas eran a principal achega de hidratos de carbono da súa dieta. Tamén se empregan na alimentación animal por mor do seu alto contido en graxas, proteínas, minerais e tamén en vitamina C.
A castaña é un produto que admite numerosos xeitos de preparación. Cómese crúa, fervida, asada e mesmo doce: de sobra coñecido é o marron glacé francés, ou as cremas de castañas xa máis propias da nosa terra. Tampouco é alleo o seu uso como fariña, que dá ricos pans, pasteis e mesmo pode servir como ingrediente principal da pasta. Malia a iso, en Galicia a maneira máis tradicional de preparalas é asadas, cortando primeiro unha pequena fenda e despois quentándoas en contedores metálicos (o corte, precisamente, busca que as castañas non estoupen coa calor durante o proceso). Diso dá boa mostra o magosto, q
ue se celebra todos os outonos en todos os puntos da rexión, coincidindo coa época da recollida, e ten un importante compoñente social. Como tamén o teñen os refráns nos que aparece, como “A castaña que está no camiño é do veciño”, “O que non sabe a maña, non come castaña” ou “Temperá é a castaña que por setembro regaña”, por citar só uns.
En Galicia mesmo temos unha Indicación Xeográfica Protexida, o Consello Regulador da I.X.G. Castaña de Galicia, que indica que deben proceder do castiñeiro europeo (Castanea sativa, Mill.), as súas características e mesmo as zonas xeográficas que abrangue a súa zona de cultivo e recolección. Iso non significa que a castaña galega sexa un ente unificado, pois soamente en Galicia existen ata 81 variedades plantadas en 60.000 hectáreas. Non é raro que se crease este organismo. Galicia é a rexión líder en produción de castaña a nivel mundial con preto de 38.000 hectáreas de produción deste froito seco milenario, o que xera unhas 25.000 toneladas de produto cada ano cuxo valor en fresco ascende a uns nada desprezábeis 40 millóns de euros. En Galicia 10.000 persoas teñen como oficio vender castaña, pero malia a iso o 90% da nosa produción sae das nosas fronteiras. Son máis de 60 países os que comen castaña galega en todo o mundo, sendo os mercados exteriores máis importantes os de Italia (un país no que, por certo, a castaña rexurdiu grazas a que se recuperou o seu uso na gastronomía tradicional), Francia, Suíza, Australia, Inglaterra, Rusia, o Xapón, México e Arabia Saudí. A demanda deste mercado exterior, de feito, fai que a oferta dispoñible sexa moi inferior á demanda e, polo tanto, imposible de abastecela.
A castaña foi un elemento fundamental para combater a fame dalgunhas das épocas máis duras da nosa historia recente, como o remate da Guerra Civil e a posguerra, grazas ao seu rico aporte de nutrientes e o seu baixo nivel calórico. Pero este froito non é só un vínculo coa nosa tradición, senón que ten moito futuro. Está considerada como unha aposta para dinamizar a actividade agraria e axudar a combater a crise no rural, de xeito que ten conseguido que nas zonas máis golpeadas pola crise se convertese nun recurso fundamental para algunhas familias. Ademais, a castaña está chamada a ser a salvación de moitas hectáreas de monte sen aproveitamento, así como unha alternativa á plantación de especies invasoras como os eucaliptos que supoñen enormes danos para as especies autóctonas e tamén para a calidade dos nosos solos.
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Más de 40 años de experiencia en servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio Arosa: Avda. de Pontevedra, 21, Vilagarcía- Telf: 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Tren Turístico Vilagarcía de Arousa. C/Sta Eulalia nº8, Vilagarcía de Arousa. Telf: 609 881 663- Email: info@trenturisticovilagarcia.com www.trenturisticovilagarcia.com
Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Giraldo Policlínica Dental. Disfunción de la articulación témporo-mandibular. Plaza de Galicia, 8-4º. Vilagarcía. Telf: 986 512 424 Visita nuestra web
Av. Juan Carlos I, 27 - Telf.: 886 293 360 - Whatsapp: 619 888 039 - www.clinicadentaldoctortouron.com
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comwww.canedaychamosa.com
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20 www.maderasredondo.com
Axa, agente Juan Pintos - Los mejores seguros de autos, empresas, salud, hogar, vida y ahorro. - Arapiles nº7 bajo, Vilagarcía. - Telf: 986 511 231 E-mail:juan.pintos@agencia.axa-seguros.es www.axa.es