Redacción revista eSmás | Revista eSmás edición O Salnes Nº 4
Todos coñecemos o mosteiro de Armenteira, no concello de Meis, pero seguro que a moitos se nos escapa cales son as orixes e a misticidade dun dos templos de máis sona de toda Galicia.
Todos coñecemos o mosteiro de Armenteira, no concello de Meis, pero seguro que a moitos se nos escapa cales son as orixes e a misticidade dun dos templos de máis sona de toda Galicia.
San Ero era un cabaleiro da corte do rei Alfonso VII que estaba casado pero que non tiña descendencia, algo que tanto a el como á súa muller lles causaba unha profunda dor. Por iso, ambos os dous lle pedían a Deus un herdeiro por intercesión da Virxe María, que se lles apareceu aos dous nun soño a mesma noite. No soño a Virxe lles aseguraba que, aínda que non lles fose posible ter fillos, a vontade de Deus era que tivesen moitos fillos espirituais. Esa foi a razón pola que decidiron fundar dous mosteiros, un para homes e outro para mulleres. Para iso, Ero solicitou a San Bernardo de Claraval monxes cistercenses e el envioulle catro, converténdose pasado un tempo no abade do Mosteiro.
Pero as orixes máxicas de Armenteira non rematan aí, xa que a aparición en soños da Virxe María non foi a única milagre que viviu San Ero. Segundo conta a lenda, que foi recollida polo propio Alfonso X o Sabio nunha das Cantigas de Santa María (a número 103, concretamente), San Ero entrou un día a unha horta na que atopou unha fonte á que daba sombra unha árbore frondosa. Nesa árbore comezou a cantar un pequeno merlo, dun xeito moi harmonioso e agradable que o cativou e o invitou a quedar repousando seus pés. Tal era o seu estado de relaxación, que sentado na herba e co son da fonte e do paxariño, entrou nunha especie de transo durante o cal pasaron de súpeto un total de 300 anos sen que el fose consciente en ningún momento.
Cando o ancián recuperou a consciencia, retomou o seu camiño cara ao mosteiro. Unha vez diante do templo, atopouse cun grande pórtico que nunca antes vira e que o fixo exclamar: “¡Ay, santa María me valga! ¡Éste no es mi monasterio!”. Con todo, as sorpresas non quedaron aí, xa que pouco despois comezou a ver unha serie de monxes, sorprendidos polos verros, aos que tampouco coñecía antes de se retirar a descansar co canto do paxaro. Cando San Ero lles explicou o que acontecera, non puideron máis que dicir todos ao unísono:
“¡Nunca tan gran maravilla
como Deus por este fez.
polo rogo de sa madre Virgen
santa de gran prez!”
Foi así como o home se deu conta da milagre que acababa de ser obrada e, sen máis, morreu aos pés dun mosteiro que segue a ser hoxe en día un dos maiores atractivos turísticos de toda a comarca do Salnés e un dos seus elementos patrimoniais máis importantes. Deste xeito, a lenda vén explicar dun xeito moi inocente que San Ero foi unha das poucas persoas que puido experimentar en primeira persoa a transcendencia da vida.Non en van, cando paseaba por aqueles xardíns nos que atopou a fonte e o paxaro, estaba cheo de dúbidas sobre o máis alá e preguntábase se sería quen de ver o paraíso.
"pasaron de subito 300 anos"
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Correduría con un amplio abanico de seguros de decesos, generales, hogar, automóvil, etc. Asesoramiento de forma personalizada a cada cliente y las mejores promociones. - C/Edelmiro Trillo, nº 2, 1º F- Vilagarcía de Arousa. - Telf: 986 505 116
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Maquinaria, Herramientas, Construcción y Jardinería. - 986730300
Cafetería, Tapería, Bocatería. Madia Leva. Rúa Camilo José Cela nº 7 - O Piñeiro - 886 163 618 http://icartas.com/madialeva
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 Visita nuestra web
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Software hostelería. Calle rio Lerez, Poio, Pontevedra. Telf: 986858858. E-mail: administracion@landin.es - Visita nuestra web
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/