Teo Cardalda | revista eSmás Vilagarcía Nº 25 Verano 2019
Gran parte de esta mercadoría era destinada para as mesas das Súas Maxestades os Reis, debido ao seu alto prezo
A orixe da explotación da ostra na ría arousana está moi ligada a Madrid. Nos séculos XVI-XVII e primeiros anos do XVIII, os mariñeiros de Vilaxoán comezaron a obter rendibilidade da ostra coa exportación do produto escabechado e embarrilado cara Castela, a Madrid, a praza de maior consumo. Gran parte de esta mercadoría era destinada para as mesas das Súas Maxestades os Reis, debido ao alto prezo do que gozaba este producto autóctono. Sen ir mais aló, en 1750 os arrieiros que transportaban as ostras cobraban de 12 a 15 reais por legua percorrida.
As zonas máis produtivas comprendían desde a praia da Comboa até Punta de Corón, O Esteiro do Rial, O Castelete- preto do con o Corbeiro- e toda a praia da Comboa. Mais os mariñeiros de Vilaxoán, adiantándose ao concepto de furtivismo, tamén ían a apañar ostras a outros bancos fóra da vila, concretamente aos viveiros que se atopaban en Vilanova e a Illa de Arousa, o que despertou queixas por parte dos mariñeiros arousanos.
O problema dos mariñeiros era que a súa vida era moi precaria, de mera supervivencia, e a súa riqueza xerada era capitalizada polas mans mortas da nobreza e da aristocracia eclesiástica. Nos viveiros existía un dominio privativo de certos condes como: os de Monterrey, Fefiñáns, Castronuevo, Goyanes etc.. que consideraba as ostreiras naturais como propias e non comúns, en base a antigas regalías herdadas no medievo. Os mariñeiros estiveron séculos loitando contra estes privilexios aristocráticos, recurrindo a litixios que non chegaban a ningunha parte por mor da influencia que exercían os señores feudais sobre a Real Audiencia de Galicia.
Estes ancestrais privilexios señoriais e eclesiásticos, foron un continuo atranco para a libre explotación marisqueira nos mellores bancos naturais da ría de Arousa e tamén de Pontevedra, explotada polos mariñeiros de A Lanzada.
Tal e como explicou o economista e sociólogo Alfredo Brañas en 1889 na Revista Regional de Ciencias, Letras e Arte, na ría arousana nunca se apostou pola creación de parques ostrícolas en boas condicións, senón pola explotación descontrolada e autoritaria por partes dos señores feudais e a orde eclesiástica. Esta situación propiciou a decadencia dos viveiros naturais a partir do século XIX, ocasionando a ruina de numerosas familias que vivían ou malvivían da súa pesca. Os intentos por recuperar a antiga produtividade tampoco serviron de gran utilidade. Durante o reinado de Alfonso XII se autorizou o establecemento de parques ostreícolas, pero esas concesións foron dadas a aos descendentes daqueles antigos condes e de casas de señorío, que volveron a cometer os mesmos erros de entón. En 1890 realizouse unha sementeira de 68.500 ostras traídas de outros lugares de España e non da mellor calidade. E se por algo se distinguía a ostra arousana era, precisamente, pola súa exquisita calidade “comparable á producida en Franza, Tarento e o golfo de Edimburgo”, afirmaba o doutor vilagarcián Roque Carús en 1903.
Giraldo Policlínica Dental. Disfunción de la articulación témporo-mandibular. Plaza de Galicia, 8-4º. Vilagarcía. Telf: 986 512 424 Visita nuestra web
Peluquería unisex, servicio de lavado, color, corte, peinado, alisado, permanente. Dr: Plaza Juan XXII, 2 - Local 10- Vilagarcía de arousa - Telf.: 626 456 011- 886 309 829- Email: angeles.maria@yahoo.es Síguenos en Facebook
Más de 40 años de experiencia en servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio Arosa: Avda. de Pontevedra, 21, Vilagarcía- Telf: 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20 www.maderasredondo.com
Venta de equipos - Consumibles - Teléfonos Móviles - Tablets Avda. Juan Carlos I, 17 Telf: 986 18 62 49 www.appinformatica.com
Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - www.mapfre.com
Escuela infantil de 0 a 3 años, servicio de comedor, inmersión lingüística en inglés, equipo psicopedagógico, etc. Dr: Av. Cambados, 105- Vilagarcía de Arousa Telf: 886 30 35 78- 656 985 449- Email: estrellasamarelas@gmail.com
Diseño Web y Tiendas Virtuales- Comunicación- Creación de Marca- Gestión de Redes Sociales- Audiovisual y Vídeo Aéreo- Posicionamiento en Google, Avenida de la Marina, 122 bajo- Telf:986 50 82 72 Visita nuestra web
Jaema- Nuestro mejor deseo sois VOSOTROS. Haciéndote sentir seguro desde 1990. Este 2025 cumplimos 35 años a tu servicio. - Juan Carlos I nº20, Local 1, Vilagarcía. - Telf: 986 510 244. - www.jaemasl.com