Carlos Rey | revista eSmás O Salnés 36 Primavera 2026
Esta é unha das cancións máis coñecidas do folclore galego e é interpretada por multitude de coros, corais e grupos folk
O Feito
Esta é unha das cancións máis coñecidas do folclore galego e é interpretada por multitude de coros, corais e grupos folk. Tamén podemos atopala en varias gravacións de vinilo e cintas de casete.
Estructuralmente trátase dunha muiñeira non moi antiga, que podemos datar entre finais do século XIX e principios do XX. Na melodía nótase nela unha man culta, aínda que perfectamente adaptada á métrica da cuarteta octosílaba popular dominante na época. É unha peza para interpretar a capela ou co acompañamento de percusión.
Ate aquí todo correcto.
A Investigación
Foi no ano 1981 cando o meu compañeiro de gaita, Carlos Hierro, e máis eu, que estabamos estudando en Santiago, entramos no coro “Cantigas e Agarimos”. Hierro e máis eu xa estabamos moi involucrados na investigación musical e, ademais, os dous tiñamos lazos antigos con ese coro. As tías de Hierro foron das primeiras coristas, alá polo ano 1921. E o meu avó, Manolo Rey, era o letrista de Bernardo del Río, o fundador do coro.
Alí, nun ensaio dirixido polo maestro Rosendo Mato, nun descanso falamos con Juan Mallou no bar O Cuco, que estaba a rentes do local onde ensaiabamos. Juan era un magnífico gaiteiro e tiña un oído “fotográfico” único: escoitaba unha canción e xa lle quedaba gravada no momento. A Juan o de tanxer a gaita viña de familia, pois aprendeu co seu tío materno, apodado Chemari.
O caso é que alí estabamos no Cuco: Carlos, Juan e un servidor inquerindo ao vello gaiteiro sobre a orixe de diversas cancións. Nunha desas, como nós eramos da ría de Arousa, preguntámoslle sobre a Pandeirada do Grove, que estaba no repertorio do coro… e demos coa clave.

Testemuñas
Mallou contounos que a mediados dos anos 50, unha vez falecido o director do coro, Bernardo del Río, estivo de director M. Iglesias durante unha boa tempada. Nesa época foron a actuar ao Grove por non sei que festas… e agora deixamos que fale a nosa testemuña, Juan Mallou:
"Pois íbamos todo o coro nun autobús ao Grove. Creo que era a festa de San Vicente, que tiña a igrexa no medio do monte, moi lonxe do pobo. Cantamos alí e fixemos a procesión. Despois da misa tocamos uns bailes para que bailaran os vellos, como sempre se facía. E cando paramos de tocar, varias rapazas de alí puxéronse a cantar coas pandeiretas. Eran voces potentes, pero non moi afinadas. Entre as cancións que botaron había unha moi bonita, e quedeime coa melodía. Ao vir de volta no autobús para Santiago, empeceina a cantar, e o director, Iglesias, ecoitoume e fíxome repetir varias veces, e apuntouna en partitura. El fíxolle uns arranxos, bastantes, e rexistrouna ao seu nome. Un par de semanas despois montouna no coro cos arranxos eses. Pero vouche cantar como a escoitei eu, que era con pandeiretas, eh? Pasei un día no Grove / non o podrei olvidar/ Non hai rico nin hai pobre / que non sepa pandeirar."


T.M. Santi Fontes Mondragón
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026 www.talleresperauto.com
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 www.canedaychamosa.com/
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es