Aitana Iglesias Márquez | Revista eSmás edición O Salnes Nº 8
Esta lenda constitúe só un dos múltiples exemplos de costumes relacionadas coa fertilidade existentes en Galicia.
Separando ou unindo os concellos de Ribadumia e Vilanova, segundo se mire, o río Umia encrávase nun dos lugares máis destacados de toda a comarca salnesa. Coma parte da súa relevancia presente e pasada, data do século XVI a construción dunha ponte romana que permitía o paso de veciños e forasteiros deica o outro lado da corrente. Sen embargo, coma era habitual en tempos pretéritos, a esfera lendaria asolagou tamén este tesouro afincado en Ponte Arnelas, do que deriva a súa denominación coma Ponte dos Padriños.
Segundo afirma a tradición, as augas que discorren configurando o seu caudal contan c
on propiedades milagrosas para solventar problemas de fertilidade. Deste xeito, o mito engloba unha curiosa costume de vital importancia para aqueles pais cuxos embarazos non logran chegar a bo termo, de modo que o futuro fillo é perdido durante a xestación ou parto. Así, para salvagardar a súa existencia ante unha nova xestación, toda muller que desexa someterse ao rito debe achegarse á ponte acompañada por unha comitiva. Dita agrupación, integrada por un número variable de varóns, terá que aproximarse á beira do río xunto coa muller, prestándolle a súa axuda para impedir que ningunha persoa ou animal cruce ao outro lado unha vez pasada a medianoite ao tempo que todos os implicados permanecen no máis absoluto silencio. Cumpridas estas condicións, un home da comitiva debe cruzar a ponte e verter auga do río sobre o ventre da moza, a modo dun bautismo prenatal para atraer o bo desenvolvemento do proceso. Coma recompensa pola súa humilde colaboración, o home é invitado a unha cea á beira do regato, nun ambiente festivo para celebrar o éxito do rito. Á finalización da velada, coma parte fundamental da cerimonia, o encontro continúa co lanzamento da vaixela á corrente dende a ponte a cargo de todos os asistentes. Se pasados nove meses o parto resulta efectivo, o home en cuestión convértese automáticamente no padriño do meniño ou meniña, que recibirá o nome de Alberto ou Alberta na honra da estatua de San Alberto que configura a entrada da ponte.
O rito dos Padriños de Ponte Arnelas, coma así é coñecida esta tradición, constitúe só un dos múltiples exemplos de costumes relacionadas coa fertilidade existentes en Galicia. Así, este aspecto gozou de grande relevancia dende tempos históricos, xa que a figura dos fillos para un matrimonio supoñía non só a mostra e culminación do seu querer senon un papel de capital importancia no seo familiar, prestando a súa axuda nas tarefas do fogar, no cultivo das terras, no pastoreo dos animais e, por suposto, supoñendo o sustento e coidado dos pais unha vez acadada a vellez. Con todo, trátase de ritos aínda encravados no recordo colectivo, cuxas crenzas, teñan efecto realmente ou sexan froito da fantasía, continúan intactas.

Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/