Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº28 Primavera 2020
Unha empresa local e outra da provincia apostan por areal que conta cun potencial que se veu incrementado coa concesión
Ademais de lucir Bandeira Azul, a Praia da Compostela contará este verán varias propostas lúdicas e deportivas coas que se poderán divertir os usuarios e que servirán de reclamo para atraer máis xente a Vilagarcía. As xestións realizadas nos últimos meses polo concelleiro de Turismo para dinamizar a praia da Concha-Compostela darán os seus primeiros froitos este verán coa implantación de dúas empresas que ofertarán un parque flotante multiaventura, un rocódromo e actividades náuticas como padelsurf, kayak e pedaletas. Tamén abrirá as súas portas nos vindeiros días o quiosco-bar do parque da Compostela. A oferta privada complementarase coas piscinas públicas ao aire libre que o Concello ten previsto que estean operativas o ano que ven na zona da Concha e que tamén se integran neste plan de dinamización do areal urbano.
Unha empresa local e outra da provincia son as primeiras que se implantarán este verán na praia da Compostela tras percatarse do gran potencial co que conta o areal urbano, aínda por e xplotar, e que se veu incrementado pola concesión da Bandeira Azul. As dúas firmas teñen xa xestionados ante Costas os permisos pertinentes para prestar as actividades de temporada. A instalación das casetas e outros equipamentos é inminente, estando previsto que os serviozos estean en funcionamento na primeira quincena de xullo e ata finais de setembro.
A empresa vilagarciá "Náutica Medusa" xestionará o servizo de aluguer de pedaletas, kayaks e táboas para a práctica de padelsurf. Pola súa banda, Aventura Noroeste S.L. será a que ofrecerá as atraccións do parque flotante multiaventura e do rocódromo. O parque multiaventura é unha plataforma flotante de 29,5x28 metros de planta, que se fondeará no mar, a uns metros da beira. Disporá de trampolíns, tobogáns, zona de escalada, pasos con obstáculos e unha zona de salto de 4,5 metros de altura. Ademais, contará con monitores-socorristas propios. Este tipo de parque acuático é moi novidosa nas praias de Galicia, sendo o de Vilagarcía un dos poucos areais da comunidade nos que se poderá gozar desta atracción.
O rocódromo irá na zona do areal situado entre a praia e o paseo marítimo. Trátase dunha parede de escalada feita con roca natural, cunha base de 2x2 metros e unha altura de 4,5 metros. É apta para a escalada tanto de nenos como de adultos posto que conta con todos os equipos de aseguramento e protección, ademais de con monitores que ofrecen unha breve instrución previa.
No caso do quiosco-bar, o servizos funcionará dende primeiros de xullo a finais de agosto e cumprindo o correspondente protocolo de protección fronte ao coronavirus.
Substitución das casetas dos socorritas
A través da concellería de Medio Ambiente e Praias que dirixe Diego García, este ano procederase á renovación das casetas destinadas ao puntos de socorro tanto da Compostela como do Campanario. O equipamento xa foi adquirido e a súa instalación realizarase tan pronto sexa servizo o material, previsiblemente a finais de xullo, debido ao retraso que acumulan os pedidos tras o prado da actividade durante o Estado de Alarma. Ademais, poranse a punto as torretas de vixilancia para a súa utilización ata o momento en que sexan substituídas, para o cal xa se está á espera da resolución da subvención solicitada para este fin.
Pza. Juan XXIII, 1 Vilagarcía de Arousa Telf.: 986 504 860- mail: info@ofimaticaarosa.com www.ofimaticaarosa.com
Tu tienda de moda multimarca para mujeres. Ropa y accesorios de diseño. R/ García Caamaño nº23, Vilagarcía. Telf: 986 509 380 www.lariviere.es
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Ferretería, construcción, fontanería, electricidad y pintura. Dr: Lugar A Goulla, 30 - Paradela - Meis. Telf: 986 715 353 - 666 029 248- Email: gestion@ropaz.es www.ropaz.es
Peluquería de señora, caballero y niños. Todo tipo de tratamientos y servicios para eventos con productos de la mejor calidad. - C/ Castor Sánchez nº18, Vilagarcía. Telf: 986 189 992 Facebook Tijeras de diseño
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026 www.talleresperauto.com
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - www.cvosdurans.com
Nattex, a túa tenda especializada en descanso. Alejandro Cerecedo nº6, Vilagarcía. Telf: 986 503 260 www.nattexdescanso.es