Daniela de Amorín | revista eSmás Vilagarcía Nº27 Invierno 2019
Aquí atoparás os produtos autóctonos e de calidade que necesitas para encher a túa cesta do Nadal
O Nadal xa está case aquí. Comeza a conta atrás para os agasallos, as panxoliñas e os atracóns tan típicos destas datas. Noiteboa, Nadal, Fin de Ano e os Reis Magos, o certo é que todos os días sinalados van acompañados dunha reunión arredor da mesa onde o protagonista principal é a comida.
Se este ano tocouche organizar a ti algunha destas celebracións as dúbidas instalaranse na túa cabeza. Aposto por un menú tradicional ou innovador? Cantos pratos teño que preparar? Onde e cando compro os ingredientes? Para elaborar unha cea ou comida que sorprenda aos teus familiares e amigos debes poñer todo o teu enxeño sobre o asador, pero tamén tes que apostar por produtos autóctonos de calidade. De pouco serve elaborar unha sofisticada receita se os ingredientes que utilizamos non son produtos frescos e de gran calidade, algo do que cada vez somos máis conscientes.
Para apostar por produtos autóctonos e naturais que non sucumban ás novas formas de produción e consumo masivo, contamos en Vilagarcía de Arousa cos produtos ofertados pola Praza de Abastos. Aquí atopamos diferentes postos especializados na venda de todos os produtos que necesitarás na túa cesta da compra do Nadal. Desde as carnes vermellas, brancas e azuis máis exquisitas e frescas do mercado galego (tenreira, cordeiro, pito, porco, coello, gayo, pescada, peixe espada, bonito, dourada...) ata as verduras máis naturais extraídas da nosa terra. Sen esquecernos por suposto do rei indiscutible do nadal: o marisco. Desde tempos inmemorables os crustáceos e moluscos convertéronse nun prato imprescindible en calquera fogar español, xa sexa pola presenza dun banquete de luxosos percebes ou dun alcanzables pero sempre exquisitas gambas. En Galicia, esta tradición fortaleceuse grazas aos produtos autóctonos das nosas rías que cumpren cos máximos estándares de calidade. Na Praza de Abastos de Vilagarcía atoparás unha gran selección dos mellores mariscos autóctonos de tempada procedentes das mellores lonxas galegas: Muros, Carril, Riveira, Cambados, Vilaxoán, Vigo, A Illa, Vilanova... Un marisco fresco da máxima calidade que requirirán moi poucos esforzos de preparación, posto que a esencia dun prato sempre está na súa materia prima.
Ademais da mellor selección de ingredientes necesarios para os entrantes e o prato principal, a Praza de Abastos ofrécenos unha ampla selección de produtos galegos para complementar a mesa de aperitivos, sobremesas e bebidas. Nalgúns postos específicos atoparás unha ampla variedade de viños e licores autóctonos, así como queixos do país, embutidos de elaboración propia e empanadas artesanais para encher a túa mesa de aperitivos gustosos da mellor calidade. E se o teu plan para a sobremesa é elaborar un prato san e natural que contrarreste o exceso calórico que achegan os turróns, mazapáns e chocolates, tamén tes á túa disposición froitas de tempada da mellor calidade.
En definitiva, na Praza de Abastos atoparás todos os produtos que necesitas para encher a túa cesta do Nadal e recibirás un trato amable, personalizado e flexible. Cada establecemento está especializado nunha área específica pero todos teñen un obxectivo común e uns requisitos consensuados para brindar sempre os produtos autóctonos máis frescos.
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comVisita nuestra web
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - https://www.construgal.es/
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Servicio de autocares con amplia trayectoria en el sector. Rúa Patiño, 19 - P.Ind. Trabanca - Vilagarcía. Telf: 986 50 10 27 E-mail:empresa@pereirasl.com Visita nuestra web
Vilagarcía de Arousa. Praza de Ravella, 1 - 36600 Vilagarcía de Arousa - Telf: 986 099 200 - Fax: 986 501 1 09 - E-mail: concello@vilagarcia.es - www.vilagarcia.es
Helen Doron English. Academia de inglés para niños y adolescentes. C/ Agustín Romero Nº18 Bajo, 36600 Vilagarcía de Arousa- 658 900 032 Helen Doron
Giraldo Policlínica Dental. Disfunción de la articulación témporo-mandibular. Plaza de Galicia, 8-4º. Vilagarcía. Telf: 986 512 424 Clínica Giraldo
Huevos estrellados, hamburguesas, para picotear, sandwiches, ensaladas, crepes, carnes, tostas y woks
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Jaema- Nuestro mejor deseo sois VOSOTROS. Haciéndote sentir seguro desde 1990. Este 2025 cumplimos 35 años a tu servicio. - Juan Carlos I nº20, Local 1, Vilagarcía. - Telf: 986 510 244. - Visita nuestra web