Aitana Iglesias | revista eSmás Vilagarcía Nº27 Invierno 2019
Profundizamos na lenda desta comitiva de aparecidos que vagan dende a medionoite ata o amencer por dominios parroquiais
Recrearse en lendas, contos e fantasías é un dos recursos máis empregados polo xénero humano para evadirse da realidade diaria. Nesta ocasión, toca falar dunha das fábulas máis características do territorio galego. Chegando deica Asturias, León, Extremadura e ata o norte de Portugal, as procesións nocturnas de ánimas constitúen un mito de presenza recorrente en todas as civilizacións.
Centrando a nosa atención en Galicia, dito séquito é coñecido coma a Santa Compaña. En concreto, trátase dunha comitiva de aparecidos que vagan dende a medionoite ata o amencer por dominios parroquiais cun único obxectivo: visitar aqueles fogares nos que un óbito está a piques de acontecer para advertilos da desgraza. Por este motivo, o pavor ante o seu avistamento apodérase de nenos, adultos e maiores, cal se fose o Urco, o Lobishome ou mesmo o Home do Saco.
Orixinariamente, a Santa Compaña relaciónase coa Cazaría salvaxe ou Mesnie Hellequin, unha ficción folclórica propia dos pobos xermanos. Grosso modo, a devandita historia consiste no descenso á terra dende os ceos dunha congregación de espectros, liderados por guerreiros ou monarcas de brillante traxectoria, coma sinal de pragas ou conflictos bélicos de comezo inminente. Deste xeito, a partida conta con libre licenza para levar consigo aos incautos e sumalos ás súas filas. Non obstante, outro dos seus posibles xermes é o Samhain celta, do cal se desprende a celebración de Halloween. Así, dito nexo deu en producirse polo especial culto aos falecidos da tradición castrexa, con múltiples referencias á presenza de espectros no mundo dos mortais.

No caso particular da Santa Compaña, a comitiva é encabezada por un vivo que porta unha cruz e un caldeiro cheo de auga bendita. A persoa elixida, home ou muller segundo o patrón parroquial sexa santo ou santa, é condenada a vagar todas as noites xunto á congregación, aumentando día a día a súa palidez conforme a súa saúde se deteriora ata acadar a morte. Non recordando nada durante o día, a única maneira de librarse deste mal é sorprendendo a outro vivo ao seu paso, que adquirirá a condición ao serlle cedida a cruz. Só visibles para quenes foron bautizados por erro con óleo de difuntos, o grupo de ánimas ataviadas con túnicas negras con capucha e longas ata os pés colócase nunha ou dúas ringleiras de perfecta rectitude. Pronunciando cánticos e rezos de índole diversa, cada unha delas porta unha campaniña e un cirio acendido, deixando tras de si un característico olor a cera e un forte vento e néboa que delatan a súa presenza para quenes non podemos velas. Cesando todo ruido co timbre da campá, só os cans son quen de emitir ladridos aterradores ao decatarse da súa chegada.
Deste xeito, existen varias maneiras de escapar á peregrinación no caso de ser sorprendidos. A máis habitual consiste en debuxar un cículo no chan e introducirse no seu interior. Sen embargo, outras opcións pasan por acostarse cara abaixo, saír correndo, levar unha cruz connosco ou, de ser o caso, comezar a rezar obviando os cánticos da Santa Compaña.
A pesares de ser coñecida por todos, aínda hai quen debate a súa existencia entre o mito e a autenticidade. Trátese de fantasía ou a realidade, a Santa Compaña aspira a seguir aterrorizando aos vivintes xeración tras xeración deica a eternidade.
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Pza. Juan XXIII, 1 Vilagarcía de Arousa Telf.: 986 504 860- mail: info@ofimaticaarosa.com www.ofimaticaarosa.com
Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - www.mapfre.com
Tu tienda de moda multimarca para mujeres. Ropa y accesorios de diseño. R/ García Caamaño nº23, Vilagarcía. Telf: 986 509 380 www.lariviere.es
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20 www.maderasredondo.com
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026 www.talleresperauto.com