Autor: Xandrolas | revista eSmás Vilagarcía 54 Otoño 2026
Seu pai fixéralles uns pauciños pequenos. Alí puxéronse a andar ao redor do pino, dándolle golpes á árbore co pauciño.
Antigamente, os médicos recomendaban aos que tiñan a tose ferina dar un paseo entre os piñeiros durante unha semana. Pero tiñan que ser piñeiros mansos. Dicían que o arrecendo das follas beneficiaba moito os pulmóns. Era unha enfermidade que atacaba especialmente os nenos.
Pero en Vilagarcía temos constancia dun costume máis curioso e, sen dúbida, moito máis antigo: o de mallar as árbores cunha vara, con ese mesmo carácter profiláctico e/ou sandador.
O dato déunolo Ramón Marín Martínez, «Villamadríd», quen, á súa vez, gravoullo en cinta magnetofónica á súa nai, María Luísa Martínez Lorenzo, A Calmuca, veciña da Laxe. E contaba María Luísa que, cando era unha nena, seu pai fixéralles uns pauciños pequenos, coma os paus dun tambor, para ela e para os seus tres irmáns. E que, ao pouco, a súa madriña colleunos aos catro e levounos ata o pino de Marxión. Alí puxéronse a andar ao redor do pino, dándolle golpes á árbore co pauciño e recitando:
«Pino manso, danos a túa resina,
nós dámosche a tose ferina».
Tiveron que dar nove voltas ao redor do piñeiro e recitar nove veces a formuliña. E, ao rematar, merendaron alí mesmo, pois xa levaban a merenda nunha cesta.
E remata A Calmuca dicindo:
«Acababamos nós e empezaba outra xente…
porque antes había moita tose ferina; agora non hai tose ferina…
E disque o pino secou porque o podaron moito».

Nattex, a túa tenda especializada en descanso. Alejandro Cerecedo nº6, Vilagarcía. Telf: 986 503 260 www.nattexdescanso.es
Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comwww.canedaychamosa.com
Pza. Juan XXIII, 1 Vilagarcía de Arousa Telf.: 986 504 860- mail: info@ofimaticaarosa.com www.ofimaticaarosa.com
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Audicost Audifonos Vilagarcía. Rúa Baldosa, 17, Vilagarcía. Telf: 986 18 64 73 www.audicostaudifonos.com
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Giraldo Policlínica Dental. Disfunción de la articulación témporo-mandibular. Plaza de Galicia, 8-4º. Vilagarcía. Telf: 986 512 424 Visita nuestra web
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20 www.maderasredondo.com