Logo de la empresa

Acompañar emocionalmente no cambio de Primaria a Secundaria

Autora: Elvira Romay Cousido. Terapeuta / Counsellor Humanista Integrativo | revista eSmás O Salnés 37 Verano 2026

Dialoga e pregúntalle cómo se sinte. Si ves que non está receptivo dalle un respiro.
Acompañar emocionalmente no cambio de Primaria a Secundaria

Os nosos fillos e fillas pasaron xa, ou pasan este setembro, e noutros casos pasarán en vindeiros cursos, de Educación Primaria a Educación Secundaria. Unha nova etapa para eles e para nós. Gustaríame, neste artigo, darvos unha pautas para acompañavos neste novo reto e desafío familiar.

En Primaria van da man da súa titora (na maior parte dos casos) ou titor, e dos seus profesores e profesoras. En Secundaria non sinten esa man sempre con eles. Para cada asignatura teñen un profesor/a, e non comprenden moitas veces que deban esforzarse moito máis que antes, e atopar información e solucións por sí mesmos. Esto provócalles moita frustración.

A baixa tolerancia á frustración é unha característica do adolescente, que ten un cerebro en obras. Javier Urra no seu libro Déjame en paz y dame la paga. Aprende a escuchar a tu adolescente y enséñale a que te escuche de Harper Collins, nos fala de esto: “los hormonados impulsos procedentes de la amígdala campan a sus anchas, pues se encuentran con las lentas neuronas de la corteza cerebral, sin mielinizar todavía”. Que significa esto? Que no cerebro do voso/a fillo/a  estanse a producir cambios moi importantes, e que na corteza cerebral, que controla esas frustracións e esas emocións desbordadas, as obras van máis lentas que na zona da amígdala que responde máis rápidamente a esos impulsos frenéticos e irrefrenables. 

¿Cómo lles podemos acompañamos ante estas dificultades? Tendo en conta as seguintes pautas:

1 - Dialoga e pregúntalle cómo se sinte. Si ves que non está receptivo dalle un respiro. E cando pase a súa tormenta emocional e esté máis calmado, é o momento de falar. Dalle un titular (eles non son de escoitar moitas frases seguidas de adultos), dille ti como te sentías coa súa idade, por exemplo. Espertarás a súa curiosidade e seguramente abrirase a falar contigo, si non é nese momento, seguro que en outra ocasión o fará. 

2 - Pídelle a súa opinión en lugar de xulgalo. Ten paciencia e tempo para escoitalo, é importante que o fagas e que coñezas como pensa de determinados temas.

3 - Evita etiquetalo como “qué folgazán eres!”, “qué desordenada!”, “non entendes nada!”, porque ademáis de non axudalo/a, co tempo comenzarán a creer que son certas estas afirmacións sobre eles/elas mesmos/as. Ademáis os estás limitando en lugar de animalos a seguir avanzando. Non é o mesmo ser que comportarse dun determinado xeito. Coas etiquetas baseándonos nalgún comportamento en particular estámolos definindo como persoas, e esto hai que evitalo.

4 - Dende nenos motivámolos e animámolos dende o respecto sempre. Evitemos frases nada motivadoras e destructivas como “si sigues así non vas a chegar a nada na vida”. Frase que desafortunadamente se escoita nalgúns fogares e nalgunhas aulas en boca de profesores e profesoras. 

5 - Qué descanse as horas necesarias. Menos de 8 horas ó día estará máis canso e irascible.

6 - Alimentarse de maneira saudable, evitando procesados e consumindo alimentos naturais de cercanía, proteínas, hidratos de carbono, froita, verdura, que son os nutrientes necesarios para a súa idade. 

7 - O exercicio físico debe estar presente na súa rutina diaria e semanal.

8 - Normas e rutinas no fogar que deben cumprirse dende pequenos, e as respectivas consecuencias que son necesarias se non se cumpren.

9 - Valora o seu esforzo e anímao e axúdalle a buscar novos intereses e a súa paixón.

10 - Confía e móstralle o teu amor incondicional. É importante tamén darlle o seu espacio, están desenvolvendo a súa personalidade e adquirindo competencias e habilidades novas.

Pasar de Primaria a Secundaria é un proceso de cambio que non é doado en moitas ocasións. Dependerá de cada rapaz/rapaza e da base que traian da casa dende nenos. Espero que con estas pautas, pais e nais, teñades o camiño máis iluminado, e os obstáculos que aparezan vos sintades que esteades mellor preparados para afrontalos. Senón é así e vos sentídes desbordados, pedide axuda. Moitos profesionais nos preparamos de xeito continuo para acompañar nestas dificultades e ofrecervos solucións.

O voso adolescente ten moitas ganas de experimentar o mundo e gañar independencia pero tamén sigue necesitando estructura, dirección e, sobre todo, o voso amor incondicional. 


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top