Redacción revista eSmás | revista eSmás Santiago Nº3 - Otoño-Invierno 2020

Broa é unha cabra que apareceu vagando polo Polígono do Tambre en Compostela, xunto ao seu compañeiro César. Foi a parar ao Refuxio de Bando, e como ninguén a reclamou dentro do prazo legal foi posta en adopción. Así chegou ao santuario hai unhas semanas. Está embarazada e pronto teremos outra pequena cabuxiña correteando polo terreo do refuxio. Queres amadriñala? Entre en www.santuariovacaloura.org

Julio é o touro máis mimoso do mundo. Vén dunha explotación láctea onde o estaban deixando morrer por nacer macho. Unha rapaza que o viu chorando, chamando pola súa nai pediu a súa cesión e despois de coidalo durante os seus primeiros meses buscoulle un lugar mellor onde poder vivir o resto da súa vida. Se queres axudarnos cos seus gastos para que poidamos seguir salvando vidas entre en www.santuariovacaloura.org

Lola é unha cabra moi sociable e encántalle acompañar por todo o terreo ás visitas que nos chegan ao refuxio. Chegou sendo unha cabuxiña bebé e estando moi enferma. A súa nai morreu a causa dunha mastite e o seu irmán xemelgo morreu de desnutrición. Ela chegou moi débil, con febre e chea de pulgas pero con tratamentos, biberóns e moito amor pronto se convertiu nunha fermosa cabra adulta. Se queres ser parte da familia vacaloura e axudarnos a seguir salvando vidas entra en www.santuariovacaloura.org

Petra é unha das porcas que vive no santuario. É moi intelixente, especialista en abrir portas e facer trasnadas. Moita xente non sabe que as da súa especie son tan intelixentes coma nenos e nenas de 3 anos. E toda esa intelixencia Petra emprégaa para facer o mal e gozar moito. Gústanlle as rañadas de barriga e os días de sol. Se queres convertila na túa afillada entra en www.santuariovacaloura.org

Bowie vivía nunha gran familia multiespecie ata que a parella que os albergaba no seu fogar se separou e se desfixo de tódolos animais que vivían con eles. Bowie é un cabrón moi guapo, e non o dicimos porque sexa mala xente, senón porque así é como se chaman os machos das cabras. Agora ten un fogar para sempre grazas ás persoas que nos axudan a facer posible este traballo. Se ti tamén queres unirte entra en www.santuariovacaloura.org

Cobo é unha gaivota macho que tivo unha lesión nunha á. Curámolo e fixémoslle rehabilitación pero nunca puido recuperar a capacidade de voo. Sen embargo vive moi feliz no santuario xunto ás súa compañeira Galiza e moitas outras gaivotas veñen de visita e manteñen conversas moi interesantes! Os animais silvestres tamén merecen unha vida digna cando non poden ser reintroducidos na natureza. Se ti tamén o pensas entra en www.santuariovacaloura.org e busca a maneira de axudar ao proxecto que mellor se adapte a ti.

Mami é esta coelliña que rescatamos dun terrible caso de maltrato animal. Vivía pechada nun zulo xunto a deceas máis de coellos e cans, que se reproducían sen control e loitaban por sobrevivir a pesar de non ter comida nin auga. Pero por sorte Mami puido saír dese terrible lugar e agora vive feliz facendo tobeiras no chan. Únete á familia Vacaloura e axúdanos a seguir mudando destinos: www.santuariovacaloura.org

Lobo é un can cun pasado terrible. Viviu moito tempo atado a unha cadea nun terreo abandoado, rodeado de escombro. As moscas comíanlle as orellas e levaba un colar de aforque ao pescozo que cada vez que intenta- ba alonxarse un pouco do metro cadrado que lle permi- tía a correa, se lle incrustaba na carne. Chegou con moito medo ás persoas e reaccionaba gruñindo á mínima de cambio, para defenderse. Agora mesmo está nunha casa de acollida que está facendo un traballo brutal con el e está conseguindo que sexa cada día máis sociable e equilibrado, facéndolle perder o medo. Queres darlle unha familia para sempre a Lobo e axudarnos a seguirlle ensinando que non tódalas persoas somos iguais que o seu anterior propietario? Escríbenos a santuariovacaloura@gmail.com

Copito é un gato xovenciño, de dous anos aproximada- mente, que na súa curta vida o pasou moi mal. Rescatámolo dun lugar terrible, oscuro e sucio, cunha infección respiratoria e moito medo ás persoas. Agora está recuperado da infección e cada día máis sociable grazas á súa casa de acollida que o coida con moito mimo. Pero Copito necesita unha casa definitiva para ser feliz para sempre. Se queres que forme parte da túa familia escríbenos a santuariovacaloura@gmail.com
Huevos estrellados, hamburguesas, para picotear, sandwiches, ensaladas, crepes, carnes, tostas y woks. Dr: Valentín Viqueira, 3 - 36600 - Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 830 450- Email: eltrastero10818@gmail.com
Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com
Taller de joyería y relojería, venta y reparación. Dr: Edelmiro Trillo, 19, Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 512 016 www.joyareloj.es
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Peluquería unisex, servicio de lavado, color, corte, peinado, alisado, permanente. Dr: Plaza Juan XXII, 2 - Local 10- Vilagarcía de arousa - Telf.: 626 456 011- 886 309 829- Email: angeles.maria@yahoo.es Síguenos en Facebook
Av. Rosalía de Castro, 175 CARRIL Telf.: 886 905 133 - 626 011 938
Estamos especializados en arroces, carnes y pescados. Ofrecemos a nuestros clientes opciones sin gluten. Dr: Pza. Martín Gómez Abal, 2, Vilagarcía de Arousa- Telf: 886 306 951| 610 445 363- Email: tantrarest@gmail.com Reserva online
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - www.construgal.es