Logo de la empresa

AS EMOCIÓNS

Autora: Elvira Romay Cousido. Terapeuta / Counsellor Humanista Integrativo | revista eSmás Vilagarcía 54 Otoño 2026

Debemos acompañar as nosas fillas e fillos a que as expresen de forma segura e sana.
AS EMOCIÓNS

A emoción é enerxía. Ven do latín emotio e do verbo emovere, formado polo prefixo ex/e, “dende” o “hacia fora” e  movere, “mover”. Significa “mover hacia fora”, “axitar”. Unha emoción nos move e nos impulsa a acción. Na nosa infancia necesitamos contar cun apoio incondicional, así podemos ser nos mesmas e expresar o que estamos sentindo sen medo a ser xulgadas.  As nosas emocións son importantes, é enerxía que debe saír. 

Debemos acompañar as nosas fillas e fillos a que as expresen de forma segura e sana. Se tiveramos na nosa crianza ese apoio incondicional para expresar as nosas emocións de forma segura estaríamos todas e todos capacitados para xestionar cada unha das emocións que sentimos despois de calquer estímulo no presente. En moitas ocasións vemos a alguén ou a nós mesmas que estalamos e nos descubrimos experimentando una expresión emocional desproporcionada para o conflicto dese momento. Eso significa que un estímulo do presente acaba de conectar cunha ferida do pasado, e esa emoción, esa enerxía, quedou dentro de nós e agora está desbordándonos.

As emocións non expresadas, é enerxía que non sae, queda dentro ata chegar un momento que coa nosa mochila emocional chea, “perdemos os papeis”, como me gusta decir a min, e nos comportamos dun xeito inadecuado que despois tocaría pedir perdón. Seguro  que coñeces a alguén que non expresa as súas emocións, sempre está coa mesma cara e parece que todo lle da igual. Debemos ter en conta que as emocións que non se expresan quedan dentro de nós, protexidas por algo que se chama mecanismo de defensa. Tomar a decisión de comezar un proceso de terapia (falo da Terapia Humanista Integrativa, PHI, que eu practico), ademáis de traballar outros procesos terapeúticos, consiste en tomar conciencia do teu mundo emocional e expresar esas emocións arcaicas de forma segura. 

E vos preguntaredes, que me pode pasar si non expreso esas emocións, si as gardo, as disimulo. Según a Psicoterapia Humanista Integrativa, “poden causar somatizacións, alterarán o noso estado de ánimo (depresión, distimia, euforia, baixóns, etc.), provocan unha distorsión do presente (…), vendo a realidade a través do filtro das emocións non resoltas”. Algunhas das frases que escoitamos na nosa infancia son do tipo (cada un de nos escoitaría algunha variante desta): “non chores, que estás fea/o”, que reprime a tristeza ou o medo; “non te queixes, que non foi para tanto” que fai que a persoa non exprese o que está a sentir nese momento e prefira non compartir emocións. 

Xa de adultos animámonos uns a outros para estar ben, non chorar, alegrar esa cara e non sentir emocións como a tristeza ou o medo. Chorar é moi necesario. Chorando curamos o corazón. A perda de un ser querido necesita ser chorada, é fundamental para pasar o dó.  A rabia é unha emoción menos permitida e máis escondida e tamén é moi importante expresala. Pero coidado, sempre e cando a expresemos de forma segura. Non vale proxectar esa rabia en forma de palabras que feren, ou violencia contra as persoas e as cousas. En conclusión, non sintamos medo das nosas emocións, nos axudan moito a sentirnos mellor. E si estás desbordada/do, e non te sintes ben emocionalmente, pide axuda, comezar un proceso terapéutico é o principio dunha nova vida con maior benestar. 

 

 

 

 

 

 

 


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top