Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía 49 Verano 2025
Falamos con Dami, da nova comisión de festas para que nos conte.
Como e cando comezaron as Festas do Carme en Vilaxoán?
As Festas da Virxe do Carme son unha das tradicións máis queridas e significativas do noso pobo. Este ano, 2025, celebramos 108 anos desde a primeira edición oficial. A súa orixe está ligada á fonda devoción da comunidade mariñeira cara á súa patroa, a Virxe do Carme. Vilaxoán foi sempre un lugar profundamente vencellado ao mar, e esa identidade reflíctese nas festas. A primeira celebración naceu do desexo de agradecer protección e amparo para as xentes do mar, e con ese mesmo espírito seguen hoxe.
Dende entón, as festas foron medrando, pero sen perder a súa esencia. Hai xeracións enteiras que colaboraron para mantelas, sempre coa mesma ilusión. E hoxe podemos dicir que son un orgullo colectivo, unha festa que representa o noso carácter, a nosa historia e sentimento de comunidade.

En que datas se celebran?
Cada ano celébranse na primeira fin de semana posterior ao 16 de xullo, que é o día da Virxe do Carme no calendario relixioso. Isto permite que os actos litúrxicos estean preto da data da patroa, pero que tamén se aproveite a fin de semana para organizar actividades para toda a veciñanza e visitantes. En 2025, desenvolveranse entre o 19 e o 21 de xullo, e agardamos que, coma sempre, sexan tres días de reencontros, alegría e participación.
Que actividades hai nas festas?
O programa é amplo e pensado para todos os públicos. A música é un dos piares principais: pasarrúas, charangas, actuacións de grupos locais e grandes orquestras en verbena. Tamén hai espazo para a tradición e o folclore, coas gaitas, as corais e o evento Vilaxoán Canta, que pon en valor a música da zona. A parte relixiosa segue a ter moita importancia, con misas solemnes e cantadas, e moi especialmente coa procesión marítima do domingo, na que a imaxe da Virxe percorre o mar acompañada por embarcacións engalanadas. É un dos momentos máis emotivos das festas. Este ano tamén recuperamos unha tradición moi querida: a sardiñada popular do sábado, un acto festivo, gastronómico e social que durante moitos anos foi símbolo de convivencia. Non faltarán as actividades infantís, xogos populares, atraccións e outras propostas para que toda a familia goce das festas.

Que novidades hai nesta edición?
Ademais da recuperación da sardiñada, estamos a mellorar aspectos organizativos como a limpeza, a seguridade, o acceso á información dos eventos e a distribución dos espazos. Queremos que a xente se sinta cómoda, segura e informada. Todo isto facémolo con medios limitados, pero con moito esforzo e dedicación.

Como está formada a nova Comisión de Festas?
A actual comisión está composta por un grupo de mozos e mozas que, malia ter responsabilidades persoais, familiares e laborais, decidimos poñernos ao fronte desta tarefa. Organizamos reunións, buscamos financiamento, xestionamos provedores, organizamos rifas, deseñamos o cartel… Todo de forma voluntaria e con moita ilusión. Sabemos que organizar unhas festas así non é sinxelo, pero tamén é moi gratificante. Ver a xente disfrutar, ver como se enche Vilaxoán de vida, compensa todo o esforzo.
Como vedes o futuro destas festas?
O principal é garantir que as festas se celebren cada ano. Queremos que sigan sendo participativas, abertas e con identidade propia. Co paso do tempo, esperamos seguir mellorando: ampliar programación, contar con máis apoios, implicar máis colectivos... Temos claro que o futuro depende do relevo xeracional e do apoio da veciñanza. Pero en Vilaxoán hai moito amor polas festas, e mentres iso exista, o futuro estará garantido. Estamos orgullosos do camiño feito e con ganas de seguir celebrando moitos anos máis.
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - www.construgal.es
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Tren Turístico Vilagarcía de Arousa. C/Sta Eulalia nº8, Vilagarcía de Arousa. Telf: 609 881 663- Email: info@trenturisticovilagarcia.com www.trenturisticovilagarcia.com
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com
Estamos especializados en arroces, carnes y pescados. Ofrecemos a nuestros clientes opciones sin gluten. Dr: Pza. Martín Gómez Abal, 2, Vilagarcía de Arousa- Telf: 886 306 951| 610 445 363- Email: tantrarest@gmail.com Reserva online
Empresa de alquiler de coches con alcance en toda Galicia y haz tu reserva de la forma más sencilla y cómoda. Dr: Avenida López Ballesteros 13, local 7, Vilagarcía de Arousa- Telf: 623 253 178- Email: info@vssalquiler.es www.vssalquiler.es- Email: info@vssalquiler.es
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - www.cvosdurans.com
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es
Giraldo Policlínica Dental. Disfunción de la articulación témporo-mandibular. Plaza de Galicia, 8-4º. Vilagarcía. Telf: 986 512 424 Visita nuestra web