Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº 24 Primavera 2023
As mouras son son seres míticos e parte do patrimonio inmaterial da cultura galega, transmitida por tradición oral.
Existen no imaxinario popular desde a noite dos tempos. Son parte do patrimonio inmaterial da cultura galega, transmitida por tradición oral. As mouras son seres míticos, case sempre de gran beleza, que habitan preto de pedras e dolmens. Ás veces tamén aparecen como as construtoras dos propios megalitos, transportando grandes pedras sobre a súa cabeza, ou gardando os tesouros que se ocultan no interior dos monumentos. Noutras ocasións habitan baixo as augas, locen vestidos luxosos, levan solto o cabelo e adórnanse con xoias. En todo caso, son seres con poderes sobrenaturais a quen non lles gusta que perturben a súa actividade. Na mitoloxía galega tamén se coñecen como donas, encantos, fadas ou madamas. En realidade son personaxes estendidos polo norte de Europa e reciben distintos nomes segundo o país.
As persoas que se atopan cunha moura case sempre a verán ou ben fiando co fuso e unha roca, ou ben ás beiras dun río, fonte ou manancial lavando os seus cabelos e peiteándose con peites de ouro, mentres se contemplan nun espello tamén de ouro. Se o que se topaba con elas era un aposto xoven, sometíano a diversas probas para comprobar o seu valor. Se as superaban, podían ser merecedores de gobernar o reino e compartir con elas as súas riquezas. Era o reino do Máis Aló.
Outro tipo de mouras representarían á nai Natureza, tiñan o poder de voar e transportar así enormes pedras coas que facer as grandes construcións megalíticas en forma de mámoas ou dolmens. En xeral, os relatos de mouras son similares aos das lendarias ninfas: belas mulleres que podían ser vistas en covas, ríos, pozos e outros lugares nos que había tesouros ocultos.
O mito das fadas está en case toda España, especialmente no norte peninsular. As mouras galegas teñen similitudes coas “xanas” asturianas, coas “anjanas” cántabras ou as “Mairi” vascas. É difícil pescudar as orixes das crenzas, pero deberon de nacer, segundo o historiador Luís Monteagudo, “nunha época na que tanto as Illas Británicas, como Bretaña e o noroeste de España, pertencían a un mesmo tronco cultural que podería ser anterior á civilización céltica”. Con este razoamento, di o investigador, “podemos explicarnos as semellanzas que se advirten non só nos argumentos das lendas, senón ata mesmo nas descricións dos seus personaxes principais. E isto non pode ser atribuído á casualidade, porque son demasiados os testemuños, nin tampouco a un difusionismo do folclore en épocas relativamente recentes porque as diferenzas lingüísticas non o permitirían”.
Mouras e mouros son, en definitiva, personaxes de ultratumba rodeados de elementos que podían facilitar a eterna felicidade: beleza, tesouros, inmortalidade. Aínda que a súa interpretación antropolóxica é máis complexa, ampla e profunda, no caso das mouras a súa figura está relacionada coa deusa nai, a Terra. Abundan as mouras galegas e as portuguesas que transportan as pedras sobre as súas cabezas, á vez que van fiando e levan aos seus fillos en brazos. Moitos destes relatos cristianizaríanse co tempo, levantándose capelas e cruceiros sobre pedras ou preto de vellos monumentos megalíticos.

Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14