Redacción revista eSmás | Revista eSmás Vilagarcía Nº 20
Nunha sociedade como a galega, na que a tradición oral é un dos alicerces da súa cultura
Nunha sociedade como a galega, na que a tradición oral é un dos alicerces da súa cultura, non é pouco habitual que os nosos pobos leven séculos acumulando unha morea de lendas que van pasando de xeración en xeración e alimentando a maxia que tanto nos caracteriza dentro e fóra das nosas fronteiras. Por iso queremos percorrer todo o noso territorio e coñecelas todas. Comezamos esta nova sección de eSmás Vilagarcía pola parroquia de Fontecarmoa, unha das máis antigas de toda a comarca do Salnés.
Este pequeno núcleo, no que viven algo máis de 500 persoas, ten o seu epicentro na súa igrexa románica e débelle o seu nome á época romana, xa que o seu significado en latín sería o de “fonte do sacrilexio” ou “fonte do feitizo”. Con ese nome, non é difícil imaxinar que nesa fonte acontecía algo pouco habitual. É precisamente da súa etimoloxía de onde podemos extraer a importancia que xa tiña a fonte naqueles tempos remotos e que aínda hoxe en día incorpora un elemento de misticidade a esta terra: o da lenda das súas augas.
Segundo conta a historia, a auga da fonte de Fontecarmoa non só tiña a función de abastecer á veciñanza desta zona, senón que a iso se lle engadían propiedades curativas.
Falamos en concreto da fonte que lle dá o nome a esta parroquia vilagarciana, e que se atopa localizada no camiño que vai dar ao regato de Santa Marina, nas proximidades da pista que se denomina como Camiño da Regueira e moi próxima ao ‘Fogón da Ría’.
Desde o tempo dos romanos, xa estes acudían á fonte para que as súas augas os axudasen a curarse do mal das verrugas (en plural xa que, como saben quen padecen delas, nunca adoitan vir de unha en unha). Co paso do tempo e coa chegada da cultura cristiá, soubemos que para ser eficaz ese ritual non abondaba con levalo a cabo en calquera momento do día, senón que había que agardar á posta do sol. Pero non só iso porque, ademais, á vez que se ían lavando os pés na fonte debíanse recitar as seguintes palabras:
“Catro verrugas teño no corpo,
Catro verrugas e non me conforto.
Tomando estas augas vivas
Tornaranse confortativas.
Augas vivas por todas,
Augas vivas por todas”
E, mentres se lavan as verrugas unha a unha, engadir o seguinte:
“Lévete Satanás, que con esta auga morrerás.
Co poder de Deus e da Virxe María,
Un Padre Nuestro e un Ave María”
Para que o poder curativo das augas de Fontecarmoa funcionase de verdade, estas persoas tiñan que repetir esta acción durante sete días seguidos e, segundo conta a lenda, finalmente acababan curadas. Alén de mitos e lendas, sexan verdade ou fantasía, o que si sabemos con certeza é que a fonte
de Fontecarmoa contaba ata hai arredor de vinte anos cunha figura de pedra que representaba a un militar, á altura por onde brota a auga (de feito, a auga saía ao exterior baixo os seus pés), armado cunha espada. ¿Quizais fose porque alguén se tiña que ocupar, dunha maneira simbólica, de custodiar esas augas de tanto valor? Por desgraza, nunca o saberemos.

Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - www.construgal.es
Audicost Audifonos Vilagarcía. Rúa Baldosa, 17, Vilagarcía. Telf: 986 18 64 73 www.audicostaudifonos.com
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com
Más de 40 años de experiencia en servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio Arosa: Avda. de Pontevedra, 21, Vilagarcía- Telf: 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Peluquería de señora, caballero y niños. Todo tipo de tratamientos y servicios para eventos con productos de la mejor calidad. - C/ Castor Sánchez nº18, Vilagarcía. Telf: 986 189 992 Facebook Tijeras de diseño