Redacción ChantreMyC | revista eSmás O Salnés Nº23 Invierno 2022
Falamos con Alejandro Piñeiro, vicepresidente da Asociación Amigos da Dorna de Portonovo
Falamos con Alejandro Piñeiro, vicepresidente da Asociación Amigos da Dorna de Portonovo
- Cando naceu a asociación e con qué obxectivo?
Este mes de decembro cumprimos precisamente vinte e cinco anos, co obxectivo de recuperar as actividades da cultura mariñeira en xeral, aínda que co tempo fomos orientando máis cara á recuperación de embarcacións e navegación.
- Calquera pode aprender a navegar convosco?
Si, por suposto. Somos unha asociación pública, aberta a calquera persoa. Damos cursos de navegación, saídas en dorna, tamén facemos unha regata todos os anos, que serve para darnos maior visibilidade.
- Como ves o percorrido da asociación ao longo destes vinte e cinco anos? Vaise incorporando máis xente?
Neste tempo mantemos un número regular de socios que vira ao redor de cen. Nótase interese pola navegación tradicional, aínda que pensamos que é necesario unha maior proxección, darnos a coñecer aínda máis para que a xente saiba que estamos aí e se interese por este mundo, por este legado cultural.


- Como facedes para que se vos coñeza tamén fóra de Portonovo e do concello, para que máis persoas saiban da asociación?
Pertencemos a unha federación que é Culturmar, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, na que estamos integradas unhas corenta asociacións que nos dedicamos ao mesmo ámbito. E aínda que nós estamos enfocados no concello de Sanxenxo e na ría de Pontevedra, tamén participamos en actividades por Galicia e mesmo fóra.
- Que plantexamentos de futuro tedes, especialmente fronte ao 2023?
Pretendemos que sexa un ano importante pola celebración do 25 aniversario, que o imos a conmemorar como se merece. Neste plantexamento están os cursos e a escola de navegación.
- Ides celebralo ao longo de todo o ano?
Si, aínda que os 25 anos os cumprimos o 7 de decembro do 22, este momento do inverno non é o mellor para facer actividades, así que pretendemos celebralo especialmente durante a primavera e o verán de 2023.
- Xa sabedes que actividades ides poñer en marcha para conmemorar o aniversario?
Unha delas é a posta a punto da embarcación coa cal empezaron os socios fundadores, a dorna “Jatiña”. Temos en perspectiva metela nun estaleiro para realizarlle algunhas reparacións e poñela ó día. Por outra banda, faremos unha regata, que será a décimo cuarta Regata do Sepelo, que forma parte do calendario de concentracións de embarcacións tradicionais que se promove dende a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. E tamén queremos seguir coa escola de navegación co apoio do Concello.


Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com