Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés N 30 Otoño 2024
A Banda de Música non só levou a súa música a moitos lugares, senón que tamén foi premiada en diversas ocasións.
Con case cinco décadas de traxectoria, a Asociación Cultural A Vertula foi un piar da vida cultural na parroquia de Paradela. Desde o teatro ata a música e o baile tradicional, o seu compromiso co fomento da cultura local deixou unha pegada imborrable en Galicia. Falamos cos representantes da asociación para coñecer a súa historia, evolución e os plans de futuro.
Como e cando xurdiu a Asociación Cultural A Vertula?
"A asociación naceu en 1975 baixo o nome de Asociación Cultural A Roda Pequena," explícanos. "Foi nos anos 90 cando adoptou o seu nome actual, A Vertula, en referencia a un microtopónimo do lugar onde se atopa o noso local. O impulso inicial veu de Benilde Hermida Domínguez, que tiña un forte desexo de ofrecer alternativas culturais na parroquia de Paradela."
Que motivou a Benilde a crear esta asociación?
"Benilde sempre foi unha muller cunha gran sensibilidade cultural. Quería brindar á comunidade de Paradela unha oferta cultural que non existía nese momento. A súa inquedanza era crear un espazo onde os veciños puidesen participar activamente en actividades culturais e artísticas, o que levou á fundación da asociación", lembran. "O teatro foi a nosa primeira actividade, e a partir de aí fomos medrando."
Como foi a evolución da asociación nestos anos?
"Os primeiros anos estiveron centrados no teatro. Organizabamos representacións e percorriamos a xeografía galega mostrando o noso traballo," cóntannos. "Pero co tempo, vimos a necesidade de ampliar as nosas actividades e comezamos a formar grupos de baile tradicional galego, dividindo os participantes por idades: nenos, adolescentes e adultos. Despois, tamén formamos un grupo de música tradicional."
Un momento clave na historia da asociación foi en 1990, cando se creou a escola de música baixo a dirección de Camilo Giráldez. "Pouco despois, fundamos a Banda de Música A Vertula, que se converteu no noso principal emblema," explican. "Os profesores Manuel Conde e Casiano Mouriño foron pezas clave na formación da banda durante máis de dúas décadas. Grazas á banda, viaxamos por Galicia, Portugal e outras rexións de España."
A Banda de Música non só levou a súa música a moitos lugares, senón que tamén foi premiada en diversas ocasións. "Gañamos o primeiro premio zonal en 2008 e os primeiros premios provinciais en 2009 e 2011 nos festivais de bandas organizados pola Deputación de Pontevedra na 3ª sección. Foron logros que reflicten o esforzo e a dedicación dos nosos músicos."
Como é a situación actual da Asociación A Vertula?
"Actualmente seguimos activos coa Banda de Música, o grupo de música tradicional, un pequeno grupo de baile tradicional galego, e por suposto, a nosa escola de música. Porén, nos últimos anos, foi un desafío captar novas incorporacións, especialmente entre os mozos," explican. "A oferta de actividades para nenos e adolescentes medrou moito, o que fai máis difícil atraer novos membros."
Co 50º aniversario preto, que plans tedes para o futuro?
"O ano 2025 é un fito moi importante para nós," afirman con orgullo. "Celebraremos o 50º aniversario da asociación e o 35º da Banda de Música. A nosa intención é organizar un ano completo de actividades e eventos que celebren a nosa historia e o impacto que tivemos na comunidade. Queremos que sexa unha conmemoración que faga xustiza a todos estes anos de esforzo e dedicación."

Diseño de Páginas Web y Tiendas Virtuales - Creación de Marca - Marketing Digital - Producción Audiovisual - Publicidad Impresa - Posicionamiento SEO y SEM en Google. Encuéntranos en Avenida de la Marina, 122 Bajo - Vilagarcía de Arousa Tlf: 986 50 82 72 Visita nuestra web
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 La óptica de Bea
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - Visita nuestra web
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 Visita nuestra web
Creación - Ayudas - Herencias - Extranjería. Más de 30 años de experiencia en empresa. Av. Vilariño, 20, Cambados - Tefl: 660 044 522 - Correo: xsasesoria@xsasesoria.com
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 https://www.canedaychamosa.com/
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web