Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº 21 Verano 2022
Comezamos no ano 2004 coa actividade de turismo mariñeiro.
Falamos con María José Cacabelos, presidenta de Guimatur, a Asociación Cultural Mulleres do Mar de Cambados, sobre a traxectoria que viviu a entidade dende a súa fundación e as actividades que levan a cabo.
Cando comezou a súa actividade a Asociación?
Comezamos no ano 2004 coa actividade de turismo mariñeiro. Xurdiu a raíz duns cursos de formación para axentes dinamizadores do medio mariño que estaban subvencionados por fondos europeos e que foron convocados polo Concello de Cambados e a Cofradía de Pescadores San Antonio de Cambados. Nestes cursos formáronnos a varias de nós para falar en público, explicáronnos cousas da bioloxía mariña, etc. E en xullo de ese mesmo ano comezamos a facer unha ruta de marisqueo, así como a visita ao porto.
Como foi a evolución da Asociación?
A realidade é que, nos primeiros anos, non eramos moi coñecidas. Mais, pouco a pouco, grazas ao boca a boca e á nosa participación en feiras de turismo, entre outras cousas, fúmonos dando a coñecer. Na actualidade colaboramos con diferentes empresas da zona, como adegas ou conserveiras, para crear sinerxías e que, cando os turistas veñen a Cambados, teñan actividades que facer e poidan coñecer a fondo a realidade dunha vila mariñeira como a nosa. A día de hoxe, non coñezo a ninguén que viñera e non llo recomendara despois a coñecidos e familiares, polo que a acollida é moi boa.
En que consisten as actividades que levades a cabo?
A principal é a ruta de marisqueo, que se fai dependendo de cando sexa a baixamar, pois non sempre é á mesma hora. O primeiro que facemos é unha ruta polo barrio mariñeiro de Cambados. Despois, poñemos as botas e baixamos á praia. Aí lles explicamos todo o relacionado co noso traballo, dende o proceso da extracción ata a comercialización. A continuación eles mesmos teñen a posibilidade de probar o que é mariscar, mais sempre volvemos sementar o que recollen. Outra das actividades principais é o roteiro do porto. Nel facemos unha explicación de como funciona a lonxa. Antes entrábamos á poxa, mais coa situación actual agora visitamos a lonxa antes e despois observamos dende fora como se vai desenvolvendo. A continuación facemos un pequeno percorrido polo porto de Tragove. Alí explicamos os diferentes tipos de embarcacións, as artes de pesca e as especies que se capturan. Ademais, centrámonos en comunicarlles como se desenvolve o traballo das redeiras, pois algunhas delas tamén forman parte de asociación. Isto se pode completar cunha visita a unha adega, a unha conserveira ou similar. É darlles unha alternativa para que queden o día completo en Cambados.
Cal é a situación actual da Asociación?
Na actualidade está formada por 12 mulleres mariscadoras e redeiras. Ao principio eramos 19 mais, nestes anos, algunhas se xubilaron, outras tiñan complicado compatibilizar a vida familiar, laboral e a asociación, etc. Incorporamos a catro membros novos hai un par de anos e estamos vendo a posibilidade de que se apunte algunha compañeira máis.



Te asesoramos sobre el seguro que mejor se adapta a tus necesidades. ¡Sin ningún compromiso!, CL Alexandre Boveda 71, 36980, O GROVE- Telf:986 730 076 www.segurosjavierotero.zurich.es
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - www.afytasesores.com/
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Excavaciones- Demoliciones- Muros de Piedra- Transporte de Maquinaria , Trav. Meloxo, 9 36980 O Grove- Telf: 986 730 356 – 670 502 379 www.transchapi.com
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site