Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía N47 Invierno 2024
A nosa música está profundamente baseada na tradición galega. Queremos demostrar que a nosa cultura non é aburrida.
Como e cando comezou a Asociación de Gaiteiros Nós de Sobradelo?
A Asociación Cultural Nós de Sobradelo naceu no ano 1987 na parroquia de Sobradelo, en Vilagarcía de Arousa. O seu principal obxectivo era recuperar, conservar e promover o patrimonio folclórico, cultural e etnográfico de Galicia. Hoxe en día, a asociación conta cunha escola, unha banda de gaitas e un grupo de pandeireteiras, nos que participan tanto maiores como nenos e nenas.
Que estilo define as cancións que interpretades?
A nosa música está profundamente baseada na tradición galega. As pezas que interpretamos foron traballadas polo noso profesorado, entre os que destacan Fran Sieira, encargado do canto e do baile tradicional galego, e Ramón Miguéns, que se ocupa da gaita, a pandeireta, o tambor e o bombo. O repertorio que interpretamos é froito dun labor de recuperación e actualización de pezas tradicionais recollidas por toda Galicia. Estas pezas son unha mostra da riqueza e variedade da nosa cultura tradicional. O profesorado traballa cada ano buscando repertorio cunha forte base tradicional. Aínda que tamén nos inspiramos en grupos de referencia coma Os Campaneiros de Vilagarcía ou Os Encantiños de Umía, moitas das nosas pezas son creacións de autor, feitas polo noso equipo de profesorado especificamente para o grupo.
Cal foi a evolución da asociación ata o momento?
Como todas as asociacións, pasamos por diferentes etapas. Hai uns anos, contabamos cun maior número de socios, pero a pandemia afectou moito a todas as asociacións, tamén a nós. A incerteza sobre cando poderiamos retomar as clases fixo que moita xente deixase a asociación. Sabemos que non fomos os únicos a pasar por isto. Hoxe en día, estamos a vivir un auxe no número de socios grazas, tamén, á repercusión de artistas coma Tanxugueiras, que fixeron que moita xente mirase a nosa cultura dende outra perspectiva e se animase a volver ou a empezar de novo a aprender.
En que punto vos atopades na actualidade?
Este ano foi o de maior número de actuacións na época máis recente. Tivemos a oportunidade de levar a nosa música e tradición a moitos pobos, e recibimos moitas solicitudes para eventos como vodas, comuñóns, aniversarios, magostos, entre outros. Para nós, as actuacións son unha das principais fontes de ingresos, xa que nos permiten manter os custos das clases e seguir funcionando. Agora mesmo estamos a remontar e contamos cun grupo bastante grande que se divide en varias secciones: un grupo de baile e canto tradicional galego para crianzas a partir dos 6 anos, un grupo de iniciación ao canto tradicional para adultos, e un grupo titular de canto e baile tradicional que sae ás actuacións. Tamén temos un grupo importante de gaita e percusión, que acolle nenos e nenas a partir dos 8 anos e adultos, onde ofrecemos clases para todos os niveis.
Cales son os obxectivos para o futuro?
A nosa principal meta para o futuro é achegar a cultura galega a máis xente, sobre todo á mocidade. Queremos demostrar que a nosa cultura non é aburrida, senón todo o contrario, e que é fundamental conservala e transmitila ás novas xeracións. Para iso, organizamos diversas actividades ao longo do ano, como as festas do magosto, o Samaín ou o Apalpador. E, sobre todo, o festival que celebramos cada ano polas Letras Galegas. Neste festival, sempre contamos cun grupo convidado que comparte os nosos valores e se anima a pasar con nós ese día tan especial, celebrando a nosa cultura de forma festiva.







Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Taller de joyería y relojería, venta y reparación. Dr: Edelmiro Trillo, 19, Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 512 016 www.joyareloj.es
Ferretería, construcción, fontanería, electricidad y pintura. Dr: Lugar A Goulla, 30 - Paradela - Meis. Telf: 986 715 353 - 666 029 248- Email: gestion@ropaz.es www.ropaz.es
Más de 40 años de experiencia en servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio Arosa: Avda. de Pontevedra, 21, Vilagarcía- Telf: 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Medicina Estética- Odontología- Depilación Láser- Tratamientos Capilares, Pza. de Ravella, Bajo - Esq. C/Ramón y Cajal, 12 - Telf: 886 037 768 Visita nuestra web
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Av. Rosalía de Castro, 175 CARRIL Telf.: 886 905 133 - 626 011 938
Estamos especializados en arroces, carnes y pescados. Ofrecemos a nuestros clientes opciones sin gluten. Dr: Pza. Martín Gómez Abal, 2, Vilagarcía de Arousa- Telf: 886 306 951| 610 445 363- Email: tantrarest@gmail.com Reserva online