Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés N 31 Invierno 2024
Esta asociación naceu alá polos anos 90, cando eramos unhas adolescentes que pouco caso facíamos a este tipo de cousas.
Falamos con Leonor Muñiz, presidenta da asociación:
Como e cando comezou o proxecto da Asociación?
Esta asociación naceu alá polos anos 90, cando eramos unhas adolescentes que pouco caso facíamos a este tipo de cousas. Eu, persoalmente, marchei a traballar ás Canarias durante bastantes anos e, á volta, a pesar de que a miña familia rexentara toda a vida un bar e unha tenda de barrio, decateime da perda de contacto que tiña coa xente do meu pobo.
Tras instalarme de novo en Cambados, nacer o meu fillo e retomar a vida laboral aquí, foi cando souben que aquela asociación que nacera nos anos 90 levaba uns poucos anos inactiva por falta de directiva que a puxera en marcha. Estamos a principios do ano 2014, e foi nese momento cando a insistencia da miña cuñada, irmá do meu home, me animou a intentar recuperala.
Simplemente fixemos unha reunión para ver se había interese en rescatar a asociación ou non. Xa naquela reunión presentáronse un montón de mulleres e, alí mesmo, a man alzada, xurdiron voluntariamente o resto dos seis membros da directiva, que a día de hoxe seguimos sendo as mesmas. Eu, Leonor, como presidenta; Elena, a miña cuñada, vicepresidenta; Eva, secretaria; Vanesa, tesoureira; e Yolanda e Carmela, vogais. Recentemente, hai xusto un mes, ampliamos a directiva con dúas novas vogais, María e Begoña, así que agora somos oito.
Cales son os servizos que desenvolvedes?
Os nosos estatutos indican que a nosa actividade está centrada na formación, lecer e entretemento das nosas socias e as súas familias. Ao longo de 10 anos, iso converteuse nun innumerable conxunto de cursos, charlas, obradoiros, actividades, etc.
Cursos que se manteñen ao longo dos anos: zumba, pilates, ioga, labores, costura, informática, pintura, memoria, horta, etc.
Cursos que se levaron a cabo: lingua de signos, dron, coiro, risoterapia, patchwork, scrapbooking, cestería, bixutaría, bailes de salón, flamenco, ximnasia de mantemento, manualidades, manipulador de alimentos, fitosanitarios, primeiros auxilios, etc.
Charlas e xornadas de todo tipo: ansiedade, cancro, leucemia, alzhéimer, uso de medicamentos, dano cerebral, educación viaria, redes sociais, etc.
Obradoiros: cata de viños, cociña, percuterapia, Nadal, reciclaxe, manualidades, entre outros.
Ademais, acudimos e participamos en moitos programas da TVG, festivais, feiras, colaboracións, etc.
Actividades fixas cada ano: dúas excursións culturais con visitas a proxectos galegos, unha andaina solidaria e saudable, unha cesta con produtos para sortear no Día da Nai, unha cea da socia, entre outras.
A que usuarios está máis enfocada a vosa actividade?
As nosas socias son mulleres cunha idade comprendida entre os 18 anos e os 80 e pico. Non necesariamente son do entorno rural nin exclusivamente de Castrelo, nin sequera só de Cambados, xa que temos socias de moitos concellos do Salnés.
As socias pertencen a diversos sectores: mar, agricultura, vitivinicultura, hostalaría, empresariado, estudantes, xubiladas, emprendedoras, persoas desempregadas, entre outros. Ademais, o seu entorno familiar tamén participa nas nosas actividades.
Cal é o obxectivo que vos marcades cando chega un novo usuario?
O máis importante é que se sinta parte desta familia que somos. A socialización é o máis demandado entre elas.
Cada unha, na súa medida, nas súas necesidades ou nos seus gustos, vai atopando nas nosas propostas algo que lle guste. Así, se non é unha actividade, será outra a que a enganche. Por iso, as nosas actividades alcanzan practicamente o 100 % das socias. Mulleres que inicialmente non se coñecían entre elas, tras participar nos cursos, forxan amizades e relacións duradeiras no tempo.
Como vedes o futuro da asociación?
En principio, a nosa vontade é seguir adiante. Proba disto é o recente aumento de membros na directiva para reaxustar o traballo que conleva xestionar unha asociación como esta.
As socias amósannos, a través da súa participación e tamén mediante mensaxes ou persoalmente, o seu agradecemento polo labor realizado.
Por iso, de momento, seguiremos mantendo as actividades e intentando innovar con outras para non caer na monotonía e ofrecerlles o que realmente demandan: socialización entre todas nós.


Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 www.canedaychamosa.com/
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - www.afytasesores.com/
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es