Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés 33 Verano 2025
Abiñadoira leva 35 anos unindo xeracións e mantendo viva a cultura tradicional galega en Sanxenxo.
A Asociación Abiñadoira naceu co propósito de recuperar, ensinar e difundir as músicas, bailes e costumes tradicionais galegos, pero tamén como un espazo de creación cultural comunitaria. O seu nome provén dun antigo aparello utilizado para abiñar, é dicir, xuntar os fíos (especialmente do liño) para obter un fío máis resistente co que tecer. Esta ferramenta era esencial no labor das tecedeiras galegas, encargadas de confeccionar pezas de estopa e liño destinadas á vestimenta e ao fogar. Así, o nome da asociación evoca esa tradición artesanal, o traballo colectivo e a continuidade entre xeracións.

Aínda que a súa formalización legal tivo lugar en 1990, Abiñadoira xa viña desenvolvendo actividade cultural moito antes. De feito, hai xa 35 anos formouse o primeiro grupo de pandereteiras do concello, rompendo con moitos estereotipos herdados da Sección Feminina e dos Coros e Danzas do franquismo. Aquel impulso inicial tivo moito que ver co contacto directo dos seus membros coas fontes orixinais da tradición: homes e mulleres que conservaban nas aldeas vellas cantigas, danzas e melodías. Moitas das persoas de Abiñadoira tiveron a fortuna de participar en recollidas e transcricións de música tradicional, colaborando nun tempo de intensa actividade etnográfica e investigación, cando o patrimonio oral galego corría o risco de desaparecer.
Desde entón, Abiñadoira consolidouse como un referente na dinamización cultural de Sanxenxo. A súa actividade non se limitou ás aulas semanais de canto e pandeireta, baile tradicional, gaita ou percusión (abertas a todas as idades, dende os 4 anos), senón que tamén inclúe formación en labores tradicionais como o encaixe de bolillos e o bordado ao aire. Cada ano organiza as Xornadas Culturais, que en 2025 celebran xa a súa XXXI edición, con actividades públicas e gratuítas para todos os públicos, culminando na súa emblemática Romaría.

Ao longo destas décadas, Abiñadoira levou a súa música e o seu traballo a múltiples escenarios dentro e fóra de Galicia, participando en festas, seráns, romarías e programas de televisión como Galicia no Tempo, Galeguidade, Galicia Enteira, Aquí Galicia ou Luar. Entre os seus proxectos máis destacados está o espectáculo A Taberna das Roxas (2010-2011), desenvolvido xunto ao grupo Noutrora e baixo a dirección de Xurxo Fernandes.
Este musical ambientado nos anos 40, considerado pioneiro no seu xénero en Galicia, tivo grande acollida en Sanxenxo e Ribadumia, aínda que a súa continuidade se viu truncada pola falta de medios técnicos e espazos axeitados.

O labor de Abiñadoira abrangue tamén o vestiario tradicional, a produción editorial —como a revista A Tecedeira ou os dous volumes de Albores de Sanxenxo con fotografías antigas do concello— e a promoción dunha cultura viva, transmitida con orgullo e paixón. Grazas ao seu traballo constante, Sanxenxo conta cun valioso tecido cultural que honra o pasado mentres constrúe o futuro. Abiñadoira é máis que unha asociación: é un fío que une xeracións, un tear que mantén viva a identidade galega a través da música, o baile e a memoria.
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Asesoria laboral, fiscal, contable, declaraciones de rente, para pymes - empresas Dir: Avenida de galicia, 33 -1ºA Cambados Telf: 986 54 21 91 Movil: 639 09 70 13 E-mail: tita@asesoriadetita.com www.asesoriadetita.com
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es