Daniela de Amorín | revista eSmás Vilagarcía Nº27 Invierno 2019
A Asociación Vilagarcía Esgrima participa a nivel internacional con deportistas na categoría de veteráns
A historia da Asociación Vilagarcía Esgrima (AVE) é relativamente recente. A andaina da esgrima na nosa cidade comezou polo ano 2008. Primeiro como unha das actividades propostas polo Centro Cultural de Animación Nydia e logo como oferta deportiva dentro da Fundación de Deportes do Concello. A actividade desenvolveuse primeiro no pavillón do IES Miguel Ángel e despois no ximnasio do CEIP Piñeiriño. Pero unha vez consolidado un grupo homoxéneo de 26 deportistas, decidíuse dar o paso de formar o Club no ano 2011. Así o AVE inicia a súa transición de escola deportiva a clube como entidade propia.
Desde o primeiro momento, o club contou co apoio da Fundación de Deportes, tanto a nivel de instalación para entrenar e gardar o material, como a nivel de axuda económica dentro do seu baremo de subvencións. A partir dese momento instaláronse no pavillón de Faxilde, pois cedéronlles un cuarto para o almacenamento do material (chaquetillas, pantalóns, guantes, caretas, espadas, máquinas e mesa de arranxos….). Deste xeito facilitaba o traballo a proximidade para entrenar cerca do material específico desta modalidade.
Actualmente entrenan no mesmo pavillón (Faxilde), onde hai dous grupos establecidos: nenos/as menores de 12 anos (os luns) e maiores a partir de 12 (os luns e mércores). Retomouse a escola de nenos/as iniciada coa Fundación despois de poder axustar horarios; isto foi o máis difícil, pola coincidencia con otras actividades no pavillón e pola incompatibilidade horaria docente.
O número de licencias actualmente é de 32; unha cifra que non foi en aumento de maneira exponencial debido a diversos motivos. O primeiro é que se trata dun deporte individual de minorías que, en principio, a xente proba pero a medida que hai un requerimento de esixencia motriz ou de responsabilidade competitiva, a xente se vai apartando e elexindo outra opción. O segundo por cambios particulares: estudantes que se van, cambios de localidade, de traballo, etc. e o por último porque fallou a labor de promoción, fundamental para abrir portas a unha nova experiencia.

Ao longo do ano, os deportistas participan no calendario de probas puntuables que organiza a Federación Galega de Esgrima, tanto a nivel de ranking como de Campionato Galego. Así nestes anos, varios membros do club fixeron pódium no Campionato Galego, pero sobre todo destacar 3 podium da categoría infantil, o último a temporada pasada con Alonso Troncoso. Destacar que na categoría de veteráns (a partir de 35 anos), particípase a nivel nacional e internacional, grazas á clasificación no Ranking Nacional e tamén facer pódium no Campionato de España. Nesta temporada, recién comezada, na primeira proba de Ranking Galego o equipo consiguiu un segundo posto na categoría femenina absoluta.
O calendario da Federación galega é moi extenso, polo que o club organiza un Torneo de Espada unh
a vez finalizado o Campionato Galego para non saturar as competición. Neste torneo veñen participando arredor de 60 tiradores dos diferentes clubs de Galicia. O obxectivo deste evento, que xa vai pola 11º edición, é competitivo e lúdico; xa que faise a modo de poule (todos contra todos a 5 tocados) e ao rematar convídase a unha comida de amizade a todos os participantes.
O obxectivo da Asociación Vilagarcía Esgrima é priorizar o achegamento aos nenos/as para que poidan experimentar e practicar esta modalidade deportiva. Para conseguilo, o club busca dinamizar os poucos recursos humáns cos que conta para poder delegar e estender esta modalidade de preparación específica e así ampliar o horario de entrenamento, pois ata o momento só contan con 2 sesións semanais de 1h e media.
Dadas as circunstancias actuais do Club, especialmente marcadas por non ter unha sala con pistas e ter un horario reducido, un bo e xenérico obxectivo é desfrutar da esgrima e crear unha boa rede de deportistas.
Venta de equipos - Consumibles - Teléfonos Móviles - Tablets Avda. Juan Carlos I, 17 Telf: 986 18 62 49 www.appinformatica.com
Medicina Estética- Odontología- Depilación Láser- Tratamientos Capilares, Pza. de Ravella, Bajo - Esq. C/Ramón y Cajal, 12 - Telf: 886 037 768 Visita nuestra web
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - www.cvosdurans.com
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comwww.canedaychamosa.com
Tu tienda de moda multimarca para mujeres. Ropa y accesorios de diseño. R/ García Caamaño nº23, Vilagarcía. Telf: 986 509 380 www.lariviere.es
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Tren Turístico Vilagarcía de Arousa. C/Sta Eulalia nº8, Vilagarcía de Arousa. Telf: 609 881 663- Email: info@trenturisticovilagarcia.com www.trenturisticovilagarcia.com
Panificadora Victor Cordo, desde 1980. Castor Sánchez, 1 - Vilagarcía. Telf: 986 50 15 39
Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - www.mapfre.com
Ferretería, construcción, fontanería, electricidad y pintura. Dr: Lugar A Goulla, 30 - Paradela - Meis. Telf: 986 715 353 - 666 029 248- Email: gestion@ropaz.es www.ropaz.es