Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés 33 Verano 2025
Loitemos por escolas seguras e respectuosas, onde ningunha nena ou neno sufra acoso.
Imaxina que eres un neno ou nena de 8 anos. Estás un día no cole. Parecía un día como outro calquera pero de repente todo cambia. Un neno da túa clase empeza a insultarte e os demáis rinse de ti. E a partir de ese día comezas a sentir vergonza. Ó día seguinte volve a pasar o mesmo e ademáis outro rapaz sácache a merenda. Ves como a come e despois tira a túa friameira o chan. A recolles cheo de tristeza, rabia, vergonza e fame. O día seguinte igual, e o outro, e o outro... O contas a túa nai e ela ponse en contacto co centro. Dinlle que ocuparanse do tema, pero o acoso sigue. Non queres ir o cole, cóstache durmir, e dóeche sempre a barriga. Choras polas mañáns que non queres ir. “Hai que ir!”, dinche na casa. E vas, e volves a sufrir empuxóns, a escoitar insultos e burlas. Hai veces que te escondes cando soa o timbre e comes a túa merenda escondido. Outras veces saes o recreo e buscas a unha profesora ou profesor e séntaste a comer á carón de ese adulto para sentirte seguro.
Un estudio elaborado en 2023 pola Universidade Complutense e a Fundación ColaCao di que casi dous estudiantes por clase recoñecen sufrir bullying, sobre unha media de 28 alumnos por clase. Significa que o 6,2% dos estudiantes entre 4º de primaria e 4º de secundaria recoñecen que sufren ou sufriron acoso. Cando un curso escolar remata, moitos nenas e nenas están moi contentos, pero algúns sinten ademáis que por fin acabou un sufrimento moi grande. Foron moitos meses sentíndose tristes, enfadados, avergonzados e sós. Para aqueles que ademáis sufren ciberbullying, outro tipo de acoso en redes sociais, ainda que acabe o curso escolar o acoso continúa desafortunadamente. E é tal a dor que sinten diariamente, que non son capaces de aguandar un minuto máis ese sufrimento e deciden quitarse a vida.
Cabe sinalar algo que non se menciona moito. Hai casos de profesores e profesoras que sinalan e etiquetan sin repecto a algún neno ou nena por algo que os incomoda ou porque son diferentes ós outros alumnos: non para quieto na clase, non se concentra como os outros nenos, ou porque ten moitas dúbidas e pregunta moito. “Profesionais” do ensino que non teñen a paciencia necesaria para acompañar e ensinar a todos os nenos e nenas coas suas diferenzas e necesidades especiais. Con eses sinalamentos e etiquetas o neno síntese avergonzando, triste, e non comprende porque a súa profesora ou profesor non o quere, causándolle un dano moi grande na súa autoestima e no seu mundo interior que os acompañará toda a vida. Cando pasa isto nunha aula esos profesores sin palabras están dando permiso para que outros nenos e nenas, que xa se metían con él, o sigan facendo con máis ganas. Non debemos permitir que isto suceda. Ata o século pasado a infancia estaba desprotexida. Non foi ata o ano 1959 coa Asemblea Xeral das Nacións Unidas cando se aproba a Declaración dos Dereitos do Neno. É a primeira vez que se recoñecen os dereitos dos nenos e nenas á educación, ó xogo, á atención da súa saúde e a ter un entorno que os protexa. Esta protección á infancia continuará e no ano 1989 aprobaránse nesa mesma Asemblea as normas esenciais para garantir a protección dos dereitos dos nenos e nenas.
Como adultos teñamos en conta esta protección e ensinémoslles ós nosos nenos e nenas a respectarse, a falar e pedir axuda cando están sendo víctimas do acoso escolar e por suposto tamén en calquer outra situación de sufrimento. Eu recomendo que ensaiemos na casa con eles esa defensa asertiva con frases como éstas: Míralle os ollos e dille “repite o que acabas de dicir”. “Serías capaz de repetirme isto diante dunha profesora?”. “Para qué me dis isto agora?” “Que é o que queres conseguir?” Frases como éstas desmontan o desequilibrio de poder no se sustenta o acoso. E para aqueles afortunados que non sufren acoso escolar, ensinémoslles a axudar a eses nenos que sí o sufren e que non son capaces de responder a ese ataque porque lles pode o medo e a vergonza. Os nosos fillos poden responder a ese acoso con esas mesmas frases e preguntas asertivas. Pero si tamén lles pode a vergonza e o medo, poden buscar axuda e falar con algún mestre e informarlles do que está pasando. Poden tamén poñerse simplemente á carón de ese neno que están atacando, cantos máis sexan mellor, e en ese momento o acoso acaba. Están desmontando simplemente coa súa presenza ese desequilibrio de poder. Moi importante pedirlles que, si queren, poden ser amigos de eses nenos que son víctimas de acoso escolar.
Ademáis é moi recomendable que algún profesional da saúde mental acompañe nese sufrimento a esos nenas e nenas que son víctimas de acoso escolar. Non dubidedes en pedir axuda.
Pai, nai, profesor, profesora, ensinemos a respectarnos uns ós outros, Ensinemos a aceptarnos todos e todas coas nosas diferenzas e ensinemos a incluir no grupo os que se sinten sós e apartados. Ensinémoslles que rirse de outro non está ben, si só lles fai gracia a eles e o outro neno baixa a cabeza e queda triste. Sexamos amables cos outros, aceptemos as diferenzas. Teñamos paciencia. Todos somos diferentes e eso está moi ben. Algúns teñen un ritmo diferente o noso para rematar as tarefas, e eso está ben. Algúns vestirán con roupa diferente a nosa, e eso está ben. Outros teñen unha cor de pel diferente a nosa e eso está ben. Está ben ser diferente. Todos e todas coas nosas diferenzas somos únicos e fermosos seres humanos.
Cando todos somos incluidos e nos sentimos valiosos na nosa escola, no noso fogar e na nosa comunidade, o acoso é menos probable que suceda.
Fagamos entre todos unha sociedade máis amable e respectuosa e axudaremos a crear un mundo sin acoso, onde nenos e nenas se sintan seguros e felices.
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo