Logo de la empresa

Carril ten un areal

Autor: Carlos Rey | revista eSmás Vilagarcía 53 Verano 2026

Carril e trouxo de alá tres ou catro familias a traballar na fábrica. Estas familias arraigaron eiquí
Carril ten un areal

Hai uns anos recibín unha curiosa chamada por parte dun historiador marinense interesado en si eu, como folclorista, sabía a historia de dúas cancións moi populares en toda Galicia e que se cantan como se foran de Marín.  A primeira (que podedes escoitar no enlace https://youtube.com/shorts/30uXksauNWA?feature=shared) di así: 
 
Marín (Carril) ten un areal / que chega a Vilagarcía
onde vai o berberecho / detrás da berberechiña

E no medio e no medio da ría
ao compás, ao compás do pandeiro,
o ventiño que viña de lonxe
axudaba a tocar ao gaiteiro.


Eu resposteille que eiquí sempre se tivo esa canción como de Carril e que Marín non ten un areal que chegue a Vilagarcía, pero Carril si, o que forma as praias de A Concha-Compostela.  O investigador quedou convencido, e ao final vos explico por qué.

A segunda canción e a que di:

Eu de Marín ausenteime, moi lonxe fun a vivir,
pasei a vida chorando e sospirando, Marín, por ti.
Xa non sei cantar, xa non sei reir,
sin os airiños da ría xa non sei cantar, xa non sei reir.

 

Comenteille ao meu colega que eu tamén consideraba esa canción como carrilexa, e argumenteille que a de Marín é unha versión recortada, mentres que no Carril a letra continúa con outra copla:

A Carril non volverei pola miña mala sorte.
Inda me ha chegar a morte mentras, Carril, por ti sospirei.


Enlace a Youtube de la canción “Lonxe de Marín”, donde Sara Montiel la canta en la película Mi último tango: https://youtu.be/b3V03rMq-uw?is=-myKg4Zn3MEjbVlE


Meu amigo marinense tamén quedou convencido e díxome:  “xa o sospeitaba, pero quería saber a túa opinión.  Verás, hai un século un empresario de Marín montou eiquí unha conservera e, como na zona non atopou xente especializada na materia, foi a Carril e trouxo de alá tres ou catro familias a traballar na fábrica. Estas familias arraigaron eiquí....e claro, estes carrilexos tamén viñeron cas súas cancións...que tamén arraigaron”.

 

 

 


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top