Elvira Romay Cousido. Terapeuta / Counsellor Humanista Integrativo | revista eSmás Vilagarcía N47 Invierno 2024
A adolescencia é un período intenso e vivido con moitas dificultades por moitos adolescentes.
Querida nai e querido pai dun adolescente:
Acompaño a adolescentes dende hai algún tempo na miña consulta e gustaríame con esta carta poñer un pouco de luz a esa etapa que moitos de vós vivides con moito sufrimento.
A adolescencia é un período intenso e vivido con moitas dificultades por moitos adolescentes. É unha etapa moi importante na vida dun ser humano e tamén de moitos mamíferos que tamén teñen crías adolescentes.
Hai moitos mitos arredor da adolescencia: que se “teñen as hormonas disparadas”, que se “están rabiosos todo o día”, que “o que queren é poñerte dos nervios e facernos a vida imposible”.
Pais e nais quéixanse de problemas similares: “non saen da súa habitación”, “non se sentan a comer con nós”, “están enfadados por todo e por nada”, “están pegados ás pantallas todo o día”. Cabe sinalar que as normas de convivencia respectadas e comunicadas con amor son fundamentais para ter unha boa estrutura no fogar. E canto antes o fagamos e cheguemos á adolescencia con elas integradas, moitos destes problemas de convivencia desaparecerán. Amor e estrutura son dous piares moi importantes nunha familia estruturada. E con respecto ao mal uso das pantallas, necesitamos acompañalos limitando o número de horas que están expostos a esas pantallas. Un recente estudo avisa que dúas horas en TikTok provocan nos adolescentes que o consumen baixa autoestima e ansiedade. Este tema tratareino con máis detalle nun próximo número desta revista.
Que lles pasa aos adolescentes? Por que cambian tanto e non se parecen aos nenos ou nenas cariñosos que eran?
Daniel J. Siegel, psiquiatra de adultos, adolescentes e nenos, explícao co termo Remodelación do cerebro, The Remodeling Brain: Pruning and Myelination. O cerebro do voso adolescente está en obras, podando conexións neuronais que non emprega xa (poda neuronal ou poda sináptica). Esta poda comeza aos tres anos, pero na adolescencia faise a gran escala. O cerebro do adolescente con estas obras conseguirá máis integración e será un cerebro máis eficiente.
Que necesitan os nosos adolescentes?
Seguindo as palabras do doutor Siegel, o adolescente necesita catro elementos importantes que o guíen na súa vida, que son as esencias da adolescencia e que nos poden acompañar tamén cando somos adultos:
Atopar a súa paixón (emotional spark), que marcará o seu camiño. Cando atope esa paixón, animarémolo nese camiño, recoñecerémolo e felicitarémolo polo seu esforzo. O máis importante é o camiño, non o destino.
Conectar socialmente. Necesita estar menos con nós e compartir o seu tempo con outros adolescentes. Estas conexións sociais están asociadas, segundo diferentes estudos científicos, con beneficios para a súa saúde mental, lonxevidade e felicidade.
Sentirse atraído por cousas novas. Prodúcese un cambio no sistema de dopamina do seu cerebro e este cambio permitirá ao adolescente atreverse a deixar o fogar seguro por un mundo descoñecido. É a forma que ten a natureza de animar os adolescentes a ser autónomos e independentes.
E, por último, a exploración creativa, imaxinando como poden ser as cousas nun mundo diferente. A maioría das innovacións en arte, música, ciencia e tecnoloxía saíron de mentes de adolescentes.
Nais e pais de adolescentes, aprendedes a surfear as ondas nesta remodelación do cerebro do voso fillo e filla. Non tomedes persoal esas emocións intensas en palabras contra vós. Como vedes, é algo biolóxico que lles está pasando.
Os vosos adolescentes necesitan surfear esas ondas de frustración e de emocións intensas que en sesenta segundos (aprox.) pasarán. Non entredes nesas ondas sen control con eles porque estaredes dando voltas no mar, dando tombos. Sabedes que o mal humor no fogar pode durar horas, días e semanas e, ademais, estaredes a sufrir todos.
O voso fillo e filla adolescente necesita, cando o pida, sentir o voso apoio, oír de vós que todo irá ben, que os cambios que están experimentando serán para mellor e que vós estaredes sempre na beira observando con mirada amorosa como surfean esas ondas magníficamente ben.
Nota: Se vos atopades desbordadas e desbordados pola situación, vos animo a pedir axuda. Acudide ao voso centro de saúde e consultade tamén cun profesional da saúde mental.

Huevos estrellados, hamburguesas, para picotear, sandwiches, ensaladas, crepes, carnes, tostas y woks. Dr: Valentín Viqueira, 3 - 36600 - Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 830 450- Email: eltrastero10818@gmail.com
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026 www.talleresperauto.com
Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - www.mapfre.com
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - www.cvosdurans.com
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Ferretería, construcción, fontanería, electricidad y pintura. Dr: Lugar A Goulla, 30 - Paradela - Meis. Telf: 986 715 353 - 666 029 248- Email: gestion@ropaz.es www.ropaz.es
Tren Turístico Vilagarcía de Arousa. C/Sta Eulalia nº8, Vilagarcía de Arousa. Telf: 609 881 663- Email: info@trenturisticovilagarcia.com www.trenturisticovilagarcia.com
Más de 40 años de experiencia en servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio Arosa: Avda. de Pontevedra, 21, Vilagarcía- Telf: 986 501 101 www.pompasfunebres.es