Elvira Romay Cousido - Terapeuta /Counsellor - Humanista integrativo | revista eSmás O Salnés 35 Invierno 2025
No número anterior desta revista podes atopar a carta dirixida a alguén con depresión. Neste exemplar, esta carta é para ti que acompañas e coidas do teu ser querido. Eu, dende aquí, recoñezo o teu traballo e douche a miña felicitación máis sincera. Todas aquelas persoas que coidan a alguén con calquera tipo de enfermidade fan unha gran labor social.
A depresión é unha enfermidade mental que sofre non só a persoa diagnosticada, senón tamén o seu entorno. Acompañar e coidar a un ser querido con depresión é moi duro e agotador, e pode afectar o noso benestar psicolóxico e emocional.
Gustaríame que atoparas nestas liñas ideas e consellos útiles para facer o teu traballo máis doado.
Para coidar necesitamos primeiro coidarnos nós. Durmir ben, comer saudable, falar coas persoas que apreciamos e movernos diariamente. Elixe como mover o teu corpo: camiñar, nadar, facer ioga, pilates, traballar na túa horta ou xardín. Se ademais desfrutas de algún pasatempo, incorpórao á túa rutina diaria ou case diaria: ler, tocar un instrumento, facer repostería, ganchillo, pintura. O que ti elixas estará ben.
Incorporando estas rutinas sentirás a enerxía necesaria para acompañar o teu ser querido e para que faga as súas. É importante que a persoa enferma con depresión faga tamén as súas rutinas diarias. As rutinas aportan a estrutura necesaria para levar unha vida saudable.
A persoa con depresión necesita coidados e que a acompañen na súa enfermidade. Un doutor ou doutora en atención primaria pode ser o primeiro profesional que diagnostique a enfermidade; despois, na área de psiquiatría, poderán seguir acompañando na curación do paciente, e día a día ti na casa.
Estes son os puntos que destacaría para un bo coidado do paciente con depresión:
1 - O descanso é moi importante para todos nós, e en especial para calquera enfermo con enfermidade mental, como neste caso a depresión. Para un bo descanso hai psicofármacos que axudan a conciliar o sono e descansar toda a noite.
2 - É moi importante axudar ao teu ser querido con depresión a erguerse da cama polas mañás, poñer unha hora máxima para estar deitado (9, 10, 11 da mañá). E pola noite, establecer unha hora adecuada para deitarse tamén é importante.
3 - Axúdalle na súa hixiene persoal: ducharse, elexir a roupa para vestirse. Esta simple decisión pode custarlle á persoa con depresión.
4 - Activarse. Dar un pequeno paseo xuntos é moi bo para mover o corpo e preparar o sono. Expoñéndonos á luz do día pola mañá, comezaremos a fabricar melatonina para a noite.
5 - Tarefas do fogar. Pregúntalle que tarefa da casa podería facer. Se di que non é capaz, facédela xuntos. O resto de tarefas, citas médicas, dentista ou outras, que as faga, e ti séntate ó seu carón. Valida e felicita se completa algunha tarefa.
6 - Antes de marchar da casa, pregúntalle se está ben e se pode quedar só/soa.
7 - Escoita. Hai momentos en que nos aventuramos a dar consellos cando o que necesitan é sentirse escoitado/a.
8 - Pensamentos negativos en bucle. Síntoma moi frecuente na depresión. Pídelle que colla aire 5 segundos e solte en outros 5 segundos, facendo o mesmo xuntos durante uns minutos. Se quere, pode escribir nun papel algún deses pensamentos que repite na súa mente e logo romper o papel. Axuda tamén que nomee cousas fermosas que pasaron hoxe e que agradece. Por cada pensamento negativo, tres positivos. Non necesitamos vaciar a nosa cabeza dese pensamentos, senón distanciarnos deles sabendo que non son a realidade.
Son puntos importantes que espero che axuden. Ánimo! Os profesionais de saúde mental estaremos sempre dispoñibles para que vos apoiedes en nós. Xuntos poderemos atopar ese benestar mental e emocional para ti e para o teu ser querido.
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es