Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía 50 Otoño 2025
Un día espertas e comenzas a sentirte rara, non só cansada, física e mentalmente agotada.
Ola! Non nos coñecemos pero permíteme, por favor, compartir contigo algunhas palabras que espero poñan algo de luz á oscuridade que estás vivindo. Nestas liñas vou a dirixirme a unha muller pero sei que hai homes que tamén estades sufrindo esta enfermidade e estas palabras van para vos tamén, por favor, sentídevos incluidos.

Un día espertas e comenzas a sentirte rara, non só cansada, física e mentalmente agotada. Só tes ganas de estar deitada. Tampouco queres ver, nin falar con ninguén. Non te apetece facer nada tampouco. Calquer tarefa na casa ou fora dela por sinxela que sexa cóstache moitísimo. Daste conta que non pensas ben, que xa non sabes cómo facer as cousas que antes facías automáticamente, ata o punto que non sabes cómo empezar a facelas, nin qué vai despois do primeiro paso. E así pasan os días e as semanas. Si levas duas semanas así pide axuda xa e acude o teu centro de saúde, ahí valorarán si tes depresión.
Antes de ter o teu diagnóstico ou sabendo que tes a enfermidade poderás escoitar frases como estas: “estás triste”; “anímate que a vida é moi fermosa”; “qué afortunada eres de ter a vida que tes e a xente que te quere”; “pon da túa parte”, “saca esa forza de vontada dentro de ti”, “pon un pouco de ganas á vida”. Estas palabras non funcionan cando alguén ten depresión. A xente o di coas mellores intencións pero non se dan conta que están contribuindo a que te afundas máis no pozo de dor e desesperación no que estás metida.
A depresión é unha enfermidade mental que provoca na persoa un sufrimento devastador. Empregamos a palabra depresión como sinónimo de tristeza e non é o mesmo. A tristeza é unha emoción que sentimos todos os seres humanos e a depresión ten máis que ver coa incapacidade de sentir pracer e falta de interés en casi todas as actividades (anhedonia). Deixas de disfrutar das cousas que antes te facían sentir ben. Ademáis hai unha intoleracia grande a calquer tipo de incomodidade física ou mental. Prodúceche un estrés brutal calquera toma de decisións, calquer tipo de responsabilidade ou acción, que por moi doado que sexa, ti o vives como algo inmenso e complexo e non te sintes capaz.
O teu cerebro deixa de funcionar como o facía antes cando estabas ben. Vaise ver afectada a túa memoria, a capacidade de atender a algo ou a alguén, cóstache leer, lees unha liña e na seguinte non recordas o que acabas de leer, o mesmo coas películas, non sigues a historia, unha conversa con amigas descúbreste desconectada do que din. Non descansas ben porque despertas de noite e daslle voltas a todo isto. O teu apetito cambia tamén, péchase o teu estómago ou daste atracóns de comida pouco saudable en algún momento do día, como si necesitaras un subidón de glucosa. E sumado a todo isto, o teu diálogo interno é moi crítico contigo mesma, con culpa, con vergonza e con moita confusión e dor profundo porque non entendes porque estás así, nin cando vai acabar isto.
Onde está a saída a este lugar tan oscuro e doloroso? Pasa por pedir axuda. A curación de esta enfermidade pasa por facelo co apoio de outras persoas. Que te sigan preguntando ainda que digas que non a maioría das veces, si queres saír a dar un paseo ou tomar algo. Que non te deixen soa porque necesitas esa mirada limpa sen xuízos, sen críticas. E ser escoitada, que te escoiten o que estás a sufrir. Soamente eso, escoitar. E por suposto, sería maravilloso que contaras con un profesional da saúde mental que che fixera un seguimento periódico. Debido ás listas de espera actuáis moitas enfermas e enfermos acuden a consultas privadas. Si tes problemas económicos, hai profesionais da saúde mental que contamos con tarifas especiais, é a chamada terapia solidaria. Pregunta.
En consulta escoito a pacientes con depresión dicir que o mellor momento do día é cando chega a hora de ir a durmir, que nun momento da tarde quen lles dera ir para a cama porque non aguantan máis. Si este é o teu caso, necesitas que alguén te acompañe ata a hora habitual de ir para a cama para evitar ir moi cedo e espertar de madrugada porque estarás máis agotada e con máis ansiedade o día seguinte.
Algo moi importante, si non aguantas máis, si non ves saída o teu sufrimento e tes conductas ou ideacións autolíticas chama o 024 que é a liña de atención á conducta suicida. Atenderante profesionais que te darán apoio emocional, escoitarante activamente e pedirán axuda contactando ós servicios sanitarios si é necesario.
Por último, decirte que non tes esta enfermidade por algo que fixeras mal ou che pasara no pasado. A depresión pode tocarlle a calquera de nos. Segundo os datos actuáis, unha de cada cinco persoas no mundo sufre ou sufrirá depresión en algún momento da súa vida.
Si a depresión deixara de ser un tema tabú, si esta sociedade comprendera en qué consiste esta enfermidade non necesitarías finxir sentirte ben. Non sentirías vergonza por estar na túa situación. Sentíndote acompañada, que alguén te mire os ollos e que te escoite con atención nun entorno respetuoso empezarás a darte conta que sí hai luz ó final do túnel.
Pide axuda, non estás soa.
Non se fala o suficiente de esta enfermidade. Sigue sendo tabú. Non se entende ós enfermos que a sufrides, é unha gran descoñecida.
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Peluquería de señora, caballero y niños. Todo tipo de tratamientos y servicios para eventos con productos de la mejor calidad. - C/ Castor Sánchez nº18, Vilagarcía. Telf: 986 189 992 Facebook Tijeras de diseño
Taller de joyería y relojería, venta y reparación. Dr: Edelmiro Trillo, 19, Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 512 016 www.joyareloj.es
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comwww.canedaychamosa.com
Venta de equipos - Consumibles - Teléfonos Móviles - Tablets Avda. Juan Carlos I, 17 Telf: 986 18 62 49 www.appinformatica.com
Más de 40 años de experiencia en servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio Arosa: Avda. de Pontevedra, 21, Vilagarcía- Telf: 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Medicina Estética- Odontología- Depilación Láser- Tratamientos Capilares, Pza. de Ravella, Bajo - Esq. C/Ramón y Cajal, 12 - Telf: 886 037 768 Visita nuestra web
Empresa de alquiler de coches con alcance en toda Galicia y haz tu reserva de la forma más sencilla y cómoda. Dr: Avenida López Ballesteros 13, local 7, Vilagarcía de Arousa- Telf: 623 253 178- Email: info@vssalquiler.es www.vssalquiler.es- Email: info@vssalquiler.es
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan