Logo de la empresa

Casas antigas de Vilagarcía

A Vilagarcía Antiga | Revista eSmás Vilagarcía Nº 7

Cesión fotografías: www.patrimoniovilagarcia.com
Casas antigas de Vilagarcía
Casa da familia Buhígas:

Foi unha das casas máis belas de Vilagarcía e tamén unha das que durante anos chamou a atención.
De estilo colonial, a familia Buhigas construía esta casa a principios de século XX.
Estaba situada na antiga rúa Vista Alegre, posteriormente rúa José Antonio e actualmente rúa Castelao.

Casa Cachúmbola:

Esta casa atópase no antigo barrio de "La Prosperidad" (na praia).
Constrída a principios do século XX, e aproximadamente sobre o ano 1902, é un dos exemplos da arte e a beleza das construcción da época. Nos anos 90 procedeuse á súa restauración e actualmente podémola ver na rúa Rosalía de Castro.

Casa de Calderó:

Ou Villamilagros, oriundos de Extremadura, fascinados pola beleza da nosa ría, construiron esta casa onde pasaban os veráns daqueles dourados anos vinte. En moitas fotos da época pódese ver como o mar chegaba a sua porta. Hoxe tristemente só quedan as ruinas do que no seu tempo foi unha casa chea de vida. É parte da historia, da historia do noso pobo.

Casa de Emilia Porto:

De estilo modernista, foi construída no ano 1918 á beira da Igrexa parroquial de Vilagarcía.
A finais dos anos 40 o Dr. Anduiza creou un pequeno sanatorio-maternidade que mantivo durante varios anos.
Actualmente a casa consérvase en bo estado e podémola ver na Avda. Dr Tourón.



O antigo edificio do Casino:

Foi inaugurado o 16 de marzo de 1901 pechouse o terreo que abranguía todo o espazo do actual e nesta zona,  celébranse festivais e bailes na época estival. O "Casino" demostrou dende sempre, como se dicía na prensa daqueles anos, unha sociedade extraordinariamente activa.
O edificio foi derrubado no ano1969, para dar paso o actual edificio do casino na rúa Castelao.


Pazo de Martelo:

Construído no ano 1870, atopábase na entrada ao Barrio de San Roque, enfronte á actual Capela. Era propiedade da Familia Martelo.
A finca abarcaba toda a extensión que ocupa o actual Instituto Castro Alobre.
Actualmente, na parte traseira do antigo Instituto Calvo Sotelo podemos ver unha última físgoa desta construción: o escudo que lucía na súa fachada.

Casa de los Duques de Medina de las Torres:

Foi construída ao redor do ano 1860. Testemuña de importantes acontecementos, o rey Alfonso XIII visitábaa con frecuencia pola amizade que lle unía aos seus propietarios,
Naquela época a casa ofrecía marabillosas vistas da ría e nun primer plano á antiga praia de Vista Alegre. Nalgunhas fotos de principios do século pasado se ve un pequeno embarcadoiro.


Villa Güimil:

A súa construción data de principios do século XX e mantén a estrutura e forma das casas coloniais da época. Propiedade da familia Güimil, oriúndos de Santiago, pasaban nesta casa as tempadas estivais. Actualmente a casa atópase nun penoso estado e non deixa de ser unha das construcións máis antigas do, naquel entón famosos e concorrido, Barrio de "La Prosperidad".

Anunciantes de la actual edición de la revista eSmás:

Scroll to Top