Alberto Martínez Gago | revista eSmás O Salnés Nº11 Invierno 2019
Sitúase nun pequeno outeiro cun dominio visual moi amplo sobre o val de Sanxenxo e a Ría de Pontevedra
Continuamos a nosa viaxe arqueolóxica pola comarca do Salnés e neste caso imos visitar o Castro de Dorrón, no concello de Sanxenxo, situado na parroquia de Dorrón, no lugar do Castro. Este topónimo xa nos aventura a existencia dun castro preto en moitas ocasións.
Sitúase nun pequeno outeiro cun dominio visual moi amplo sobre o val de Sanxenxo e a Ría de Pontevedra, presentando unha planta ovalada irregular cunhas dimensións medias. O Castro presenta diversos recintos, terrazas, restos dun foxo, etc..., moi difíciles de apreciar hoxe en día debido a masa forestal existente, así coma o acondicionamento das diversas terrazas para viñedo e construcións de vivendas polo que seu aspecto actual está moi alterado.
Coma xa comentamos en outros artigos, o castro é un poboado fortificado, o elemento máis característico da cultura castrexa. Esta ten as súas orixes na Idade do Bronce, desenvolvéndose fundamentalmente na Idade do Ferro e rematando na época da romanización, entre os séculos IX a. C. e I-II d.C. O seu ámbito xeográfico enmárcase no noroeste peninsular; Galicia, norte de Portugal e occidente de Asturias e León.
Normalmente carece de una urbanización propiamente dita (ata a romanización nalgúns casos) coma a que estamos acostumados hoxe en día, o espazo estaría formado por dous recintos: a croa, onde se sitúan as veces as estruturas de carácter “burocrático”, de reunión, de toma de decisións, e as diversas terrazas onde se sitúan as casas, as unidades domésticas. Estas, de planta circular, organízanse en torno a un patio común que pode estar formado por diferentes construcións: vivenda, almacén ou obradoiro. Nos seus inicios as casas estaban feitas de madeira, palla e barro, e despois de cachotería de granito ou lousa, e cubertas cun teito de palla, cun poste central sustentando un armazón de madeira. As paredes normalmente estaban lucidas no seu interior para protexer da humidade. O piso soe ser de xabre, e nas vivendas dispúñase unha lareira delimitada con pedras para cociñar e quecerse.

En canto os seus elementos defensivos, a propia elección do emprazamento xa de por si soe ter un carácter defensivo, coma neste caso, un pequeno outeiro. Isto xunto a construcións de murallas, parapetos defensivos, foxos, etc., converten a estes poboados en auténticas fortificacións.
En canto a sociedade e economía, podemos dicir que os habitantes tiñan unha actividade agropecuaria e por tanto unha dieta variada, así, tiñan cabras, ovellas, porcos, vacas, e cultivaban mijo, trigo, cebada, avea, etc. Tamén aproveitaban os recursos mariños, así se adoitan atopar os denominados “concheiros”, vertedoiros onde se documentan restos de cunchas como ameixas, mexillóns, lapas, caramuxos, etc., e é posible que tamén cazasen animais como jabalíes e cervos, entre outros., como se documentou noutros castros. Ademais, os habitantes consumían produtos máis “exóticos”, provenientes do comercio cos romanos: viño, aceite e conservas de peixe, por ex.
Ata o próximo artigo!
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - www.afytasesores.com/
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com