Alberto Martínez Gago | Revista eSmás edición O Salnes Nº 6
Atopamos restos dunha antiga fortaleza medieval, pero tamén pudo existir o denominado Castro Lupus ou Castrum Lupariae
Continuamos a nosa viaxe arqueolóxica pola comarca do Salnés e, neste caso, imos visitar o Castelo de Lobeira. O castelo atópase no alto do denominado Monte Lobeira, na parroquia de András, en Vilanova de Arousa.
En primeiro lugar destaca o seu emprazamento, xa estratéxico de por si xa que é un enclave natural desde onde se obtén un dominio visual moi amplo da ría de Arousa e do Salnés. Segundo algúns investigadores, na antigüidade puido existir un castro, o denominado Castro Lupus ou Castrum Lupariae, como se documenta nuns textos da Catedral de Santiago. Malia iso, non nos quedan restos del.
Actualmente si atopamos algúns restos de dita fortaleza, como a porta de entrada e as escaleiras, os alicerces dunha torre da muralla, os restos da muralla, un alxibe, e moi preto documéntanse tamén algúns gravados de xogos flamengos, quizais feitos por algúns soldados que trouxera Don Raimundo, marido de dona Urraca xa no século XII.
O documento máis antigo onde se menciona o castelo é do século IX e conta o nacemento na fortaleza do futuro bispo de Iria Flavia, Teodomiro, que segundo a lenda participará no descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago. Por outra banda, a fortaleza será reforzada para a defensa da ría dos ataques dos normandos e musulmáns.
No século X menciónase dito castelo como propiedade da condesa dona Ildaura ou Aldara, nai do célebre bispo San Rosendo, aínda que non será ata os séculos XI ou XII cando comeza a adquirir maior relevancia, debido ás disputas dinásticas entre dona Urraca, o seu fillo Alfonso VII e o Arcebispo Xelmírez.

Desde o século XII ata a Guerra Irmandiña (XV) o castelo pasará por diversas mans froito das continuas loitas na mitra Compostelá. Nesta guerra a fortaleza sufriu importantes danos e a mitra Compostelá acabaraa cedendo finalmente no século XVII aos Mariño de Lobeira xa que non podían facer fronte aos gastos. Estes finalmente deciden trasladar a pedra do Castelo para a construción do actual Pazo Rial.
En 1896 os restos da antiga torre da homenaxe (que supostamente contaba con tres pisos de madeira) foron cubertos pola construción dunha cruz como homenaxe ás vítimas dos naufraxios.
Finalmente, como dicía Fermín Bouza Brey, todo xacemento prehistórico en Galicia garda algunha lenda. Neste caso, hai unha que di que dende o castelo ata o castro de 7 Pías en Cambados hai unha cadea de ouro enterrada. Tamén, quizais a máis coñecida, outra que di que desde el ata o Pazo de Vista Alegre ou Castro Alobre hai un túnel polo que escapaban os sitiados na procura de peixe fresco, ou mesmo que nese túnel había un tesouro enterrado.
Ata o próximo artigo!
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com