Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº 22 Otoño 2022
Non foi ata o 1928 cando este xacemento empezou a ser recoñecido grazas aos estudos de Álvarez Limeses
O castro de Punta de Cantodorxo data dos séculos IV e II A. C. Este atópase nun xacemento de especial interese arqueolóxico, xa que no mesmo espazo conviven unha necrópole (actualmente desaparecida pola cosntrución de edificacións), unha posible estrutura habitacional (posiblemente unha vila romana) e o castro.
Non foi ata o 1928 cando este xacemento empezou a ser recoñecido grazas aos estudos de Álvarez Limeses. O castro abarca unha superficie de 300 m2 alterados por elementos construtivos da época moderna. No mesmo atopáronse restos de tégulas e cerámicas romanas, duas sepulturas antropomórficas e muiños de man. Tamén destaca o sistema defensivo do castro, que complétase cunha terraza duns 90 metros.
Aínda que é un xacemento arquelóxico de gran valor histórico, o castro de Punta de Cantodorxo no está conservado nas mellores condicións. Dentro do catálogo de Patrimonio de O Grove, este é un dos xacementos máis populares do lugar. Pero o mesmo catálogo fai referencia ao deterioro deste espazo cando explica que: "debido ás condicións da vexetación non se observan estruturas visibles, como muros ou pavimentos, nin tampouco restos materiais".
A este documento pódese engadir o estudo sobre o medio rural grovense incluído no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que aludía ao patrimonio arqueolóxico da localidade e aos numerosos restos indica- tivos da ocupación desta área xeográfica. Deste modo dábaselle aos descubrementos arqueolóxicos da época paleolítica e romana a importancia que teñen. Este castro foi un dos xacementos en onde se fai máis énfase, pero aínda así, recolle que o castro presenta un alto grado de alteración causado polas actividades agrícolas e construtivas que se fixeron arredor.
Se decides pasarte polo castro de Punta de Cantodorxo poderas ver o cuncheiro que que se atopa nos arrodeores da zona, como tamén poderás ver os restos da posible necrópolis romana que se cree que chegou a existir na zona, hoxe en día desaparecida pola cosntrución de casas.
É unha pena que botemos a perder a riqueza arqueolóxi- ca desta zona tanto polas construcións que se están facen- do arredor, como pola mala conservación dos xacementos que aínda se manteñen na zona. Nunca está de máis poder botar a vista atrás e lembrar de onde vimos, por iso, é fundamental que todos, dende o concello ata ás persoas, fagamos un esforzo por manter vivos estos tesouros arqueolóxicos.


Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo