Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº 1
O ano 1922 é unha data moi importante para a historia da Illa de Arousa,
O ano 1922 é unha data moi importante para a historia da Illa de Arousa, desas imposibles de esquecer e que, de aquí a cinco anos, será lembrada a modo de centenario. Non é para menos. Aquel foi o ano en que a veciñanza desta vila arousá fundou un equipo, o Céltiga F.C., que é ademais un dos máis veteranos de toda Galicia, se ben o equipo non se federou ata case 30 anos despois, xa entrada a década dos 50, cun plantel que estaba formado exclusivamente por xogadores locais.
Malia iso, falar de datas, no caso do Céltiga, ten o seu aquel de complicación. Moito máis se hai que establecer aniversarios. E é que ao pouco da súa federación o equipo desapareceu e no ano 60 naceu o Titanic intentando ocupar o seu lugar. Cun plantel de entre 13 e 18 anos, as circunstancias o “obrigaron” tamén a desaparecer cando aos seus integrantes lles tocou ir á Marina. Pero aquela experiencia non foi en balde: aqueles mozos foron, por así dicilo, a canteira dun novo e fortalecido Céltiga renacido das súas cinzas.
Desde entón o equipo da Illa, que ten como base o campo Salvador Otero con capacidade para arredor de 1.500 persoas –nada desprezable tendo en conta que A Illa conta con menos de 5.000 habitantes–, moveuse principalmente polo fútbol pontevedrés en rexional preferente sur e primeira rexional. Malia iso, tamén se ten deixado ver durante máis de dez temporadas, principalmente na década dos 80, en terceira división a nivel autonómico, na que tamén se atopou esta temporada.
Na actualidade, o Céltiga está composto por un total de 12 equipos: un en terceira división, un xuvenil, un cadete, un infantil, dous alevíns, dous benxamíns, dous pre-benxamíns e, por último, dous biberóns. Precisamente estas últimas catro categorías, de alevín a biberón, son as protagonistas do evento máis destacado que celebra o club, os seus famosos Torneos de Base –entre os meses de maio e xuño– que agrupan a equipos de toda Galicia (chegaron a participar máis de 30) no campo de herba natural sede desta formación.
Ademais, durante o mes de xullo organiza un campus de verán no que participan nenos e nenas vidas de toda a comarca. Esta especial atención á base non é casual, xa que precisamente un dos obxectivos principais do club é fortalecer os valores deportivos para todos os seus xogadores de base pois, como din desde a directiva, primeiro é necesario formalos como persoas e, posteriormente, como deportistas.
Con máis de 200 integrantes entre deportistas e equipo técnico e directivo, practicamente unha de cada 10 persoas que viven na Illa é socia do Céltiga F.C. (unhas 480 na actualidade). Esta é unha boa sinal do apego que as súas veciñas e veciños teñen por el e, por iso, a formación tivo durante esta temporada como gran obxectivo seguir un ano máis no grupo primeiro de terceira división. Despóis dun ano moi duro e de moito traballo conseguiron asegurarse o posto de permanencia na categoría. Un ano menos que chamar ás meigas.
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 www.canedaychamosa.com/
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out