Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés 36 Primavera 2026
Falamos cos responsables deste histórico club de baloncesto grovense
Falamos cos responsables deste histórico club de baloncesto grovense, onde xeracións de “mecos” levan practicando o seu deporte favorito.
Como e cando se fundou o Club Baloncesto O Meco?
O Club Baloncesto O Meco naceu no ano 1999 coa intención de crear unha base sólida de baloncesto en O Grove. Desde o inicio, a súa actividade principal centrouse no desenvolvemento de programas deportivos, co obxectivo de fomentar o coñecemento, a formación e a participación entre os mozos, apoiándose nunha estrutura consolidada e na filosofía de promover o baloncesto desde a súa base.
A escola de baloncesto iniciou a súa actividade oficial na tempada 2000/2001, co único obxectivo de impulsar o deporte de base e ofrecer unha alternativa educativa válida no concello a través do baloncesto. Ao longo dos anos, contamos con varios adestradores formados no club, así como co apoio de xogadores das categorías superiores, que ano tras ano transmiten o seu coñecemento e cariño aos máis cativos. O club cre firmemente na educación a través do deporte, e o seu único interese é proporcionarlles o mellor aos cativos, valorándoos dentro do marco deste marabilloso deporte: o baloncesto.
Como foi a traxectoria do club desde a súa creación ata hoxe?
A tempada 2002/03 marcou o despegue do Meco. Foi o momento en que descubrimos que podiamos ser competitivos, e a partir de aí chegaron anos de grandes éxitos.
Verbas de Anxo Cornes (fundador do clube):
"A tempada 2002/03 estivo repleta de éxitos, e necesitaba que a celebrásemos por todo o alto. Foi, penso, a primeira vez na que fixemos festa de fin de tempada con partidos de pais e nais, subida andando á Siradella e churrascada. Eran tempos de moita felicidade."
Na tempada 19/20, as seniors femininas iniciaron a liga fronte ao Colexio Apóstol Santiago en Vigo. Este equipo foi o primeiro senior feminino desta categoría no C.B. O Meco. Ademais, nesta tempada o clube contou con todas as categorías femininas e masculinas, desde babi ata senior, ata que a pandemia interrompeu a actividade.
Durante as tempadas 20/21 e 21/22, con moito esforzo, o club conseguiu seguir competindo e adestrando pese á situación do COVID. Na tempada 23/24, O Meco retomou equipos en todas as categorías, vivindo unha das mellores tempadas da súa historia.
Cal é a situación actual do club, tanto en equipos masculinos como femininos?
Na actualidade, o club non conta con ningún equipo senior. A prioridade segue sendo a estabilidade da cantera e dos equipos de base, que constitúen o corazón do proxecto. Mantemento de todos os equipos, incluídos os senior, require maior colaboración dos sectores públicos e privados para garantir a sustentabilidade.
No masculino, contamos cun equipo junior de primeiro ano que está competindo activamente na liga, e a xeración masculina seguinte tamén mostra gran potencial. No feminino, a ambición do club é aumentar o número de licenzas e motivar ás nenas para que se incorporen ao baloncesto desde idades temperás.
Cales son os principais obxectivos do club de cara ao futuro?
Incrementar o número de licenzas femininas desde a base. Actualmente, hai poucas nenas de 1º a 4º de primaria, polo que se pretende fomentar a súa participación.
Formar un equipo senior masculino na próxima tempada e, se hai suficientes xogadoras, establecer un equipo junior ou senior feminino. A xeración de 2009 deixa un baleiro que podería cubrirse coa incorporación de rapazas de 2010 e de máis idade. O obxectivo é ofrecerlles equipo ás nenas que soben e animar a novas xogadoras a unirse ao club.

Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Administración de comunidades- Asesoría fiscal, laboral y contable, Alcalde Xacobe Barral Otero, 5 Ptal. 3 1º A- O Grove- Telf: 986 735 130
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026 www.talleresperauto.com
Te asesoramos sobre el seguro que mejor se adapta a tus necesidades. ¡Sin ningún compromiso!, CL Alexandre Boveda 71, 36980, O GROVE- Telf:986 730 076 www.segurosjavierotero.zurich.es
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out