Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº 21 Verano 2022
Trátase dunha entidade con moitos anos de historia que está composta por persoas con moita ilusión.
Falamos con Jorge Dávila, membro da directiva do Club de Fútbol da Armenteira e xogador do equipo de veteranos . Trátase dunha entidade con moitos anos de historia que está composta por persoas con moita ilusión por reivindicar a súa parroquia.
Cales foron os inicios do club e a súa evolución ao longo dos anos?
O Club tivo a súa mellor época no pasado. Fundouse no ano 1995 cun fútbol base que durou ata principios dos anos 2000. Logo, no 2005, volveu a rexurdir cun equipo sénior e unha base que se mantivo ata o 2019. Agora o club existe cun equipo feminino que empezou no ano 1996 na categoría de fútbol 11 e, a día de hoxe, mantense pero en fútbol 7. Ademais, está o equipo de veteranos que ten máis de 10 anos de rodadura. Somos a mesma xente, pero esta categoría vai un pouco por autónomo. Temos dous directivas independentes, pero ao final todos colaboramos e participamos en todo.
A que se debe a desaparición do fútbol base?
O equipo foi minguando por falta de xente. Aínda que estamos nun concello moi dinámico, a parroquia é moi pequena. A escola de infantil e primaria que temos aquí ten só 40 rapaces e tamén hai outros clubs ao redor, polo que non da para todos. O equipo de veteranos, por exemplo, está formado todo por homes que fomos medrando no club, que nacimos no baby boom e formamos parte das categorías inferiores.
Sodes un club moi familiar que aposta por reivindicar a parroquia da Armenteira.
Si, de feito teríamos a oportunidade de xogar en campos do concello de céspede artificial, pero preferimos xogar no noso campo que é de terra. Está un pouco apartado e non ten as mellores instalacións, pero o que queríamos é mantelo para que non se perda todo ese legado herdado.
Que tipo de apoio económico tedes?
Como calquera entidade deportiva podemos solicitar as axudas do concello, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia. As máis significativas son ao do concello, xa que as outras van en función das competicións que se disputan e dos resultados, polo que agora co club reducido pois son menores. Tamén temos unha cantina na que vendemos durante os partidos e patrocinadores que nos axudan a sobrevivir un pouco.
Cal é o voso obxectivo de cara ao futuro?
Nós non temos moitas expectativas de medrar porque sabemos que é complicado polas instalacións que temos e pola falta de xente. Aínda que, por exemplo, pasou algo moi curioso co equipo feminino. Empezamos medrando con rapazas da parroquia que formaron parte das categorías mixtas inferiores, pero despois co boca a boca uníronse ao equipo rapazas doutras parroquias e concellos. Curiosamente, a día de hoxe, ningunha das xogadores vive na parroquia da Armenteira. Non obstante, o noso único obxectivo é manter o club vivo e seguir levando o nome da parroquia por Galicia. Como máxima pretensión, estaría ben que nun futuro puideramos reunir a todos aqueles que algún día xogaron no equipo e formar un club sénior.






Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 www.canedaychamosa.com/
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - www.afytasesores.com/
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es