Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº14 - Otoño 2020
Evolución de la actualidad del club
O piragüismo é o deporte por excelencia na Illa de Arousa. Non é de estrañar que nun territorio rodeado de mar e cun forte vínculo mariñeiro, o deporte con maior arraigo practíquese no mar. Moitos nenos da Illa nacen cunhas palas baixo o brazo, cun talento innato que se pon de manifesto nos éxitos do Club de Piragüismo Illa de Arousa.
O club naceu no ano 1982 baixo o nome do patrón da Illa: San Xulián. Durante este primeiro ano, funcionou sen adestrador e a súa participación en competición oficiais foi testemuñal. Por aquel entón non existía transporte terrestre á península, polo que os padexeiros acudían en barco de xeito esporádico para competir a nivel provincial.
Evolución e actualidade do club
Na tempada 1983/1984 o club xa contou co seu primeiro adestrador, momento no cal se comezaron a marcar uns obxectivos deportivos que deron como resultado dous trofeos a nivel individunal. Ademais, no ano 1985 se compite por primeira vez nun Campionato de España contando coa participación de dous padexeiros. No ano 1986 o club consegue o ascenso a 1ª División e empeza a levar cada vez máis participantes a competicións de gran calado nacional.
Despois duns anos, o club pasou a formar parte da Asociación Cultural Dorna, tendo autonomía propia pero contando coa súa axuda para recadar fondos. A partir de aquí o club empeza a centrarse en mellorar a súa estrutura como club coa adquisición dunhas instalacións deportivas e de mellores embarcacións.
Ao largo destes mais de 40 anos de historia numerosos deportistas que son membros da entidade proclamáronse Campións Nacionais e Autonómicos en diferentes modalidades, o que fixo que fosen incluídos na Selección Galega e Nacional, proclamándose algún deles campións do mundo.
Na actualidade, o club conta cunha boa xeración de grandes promesas do piragüismo. Os resultados en canto a medallas son realmente satisfactorios e hai rapaces con moitas opcións de entrar no centro de tecnificación. En definitiva, dispón dunha boa canteira que garantirá os éxitos do club a nivel competitivo. Nestes momentos, o club conta con arredor de 90 licencias activas.
O futuro da entidade a nivel deportivo e financieiro
Non obstante, o club terá que facer fronte a novos obstáculos que nada teñen que ver co ámbito deportivo. A nivel económico, o futuro preséntase moito menos alentador para o Club de Piragüismo Illa de Arousa, especialmente a raíz da crises do coronavirus.
Durante este tempo de confinamento e convivencia co virus, os deportistas foron capaces de manter o seu rendemento grazas ao entreno en casa. As condicións climáticas da Illa, onde son frecuentes os fortes ventos que impiden a práctica no mar, fan que o club dispoña de ergómetros para adestrar en terra. Deste xeito, a entidade distribuíu as máquinas e material de ximnasio (pesas, gomas...) xunto cun programa de entreno para que os rapaces non perdesen o ritmo de adestramento. Co fin do confinamento e o reinicio dos entrenamentos, os piragüistas volveron case a súa actividade normal. Ao tratarse du deporte individual, sen contacto e ao aire libre tiveron unha volta moito menos problemática que outros deportistas.
Neste sentido, o impacto do coronavirus foi menor, pero a nivel económico a incertidumbre aumenta a froito da pandemia. O club finánciase basicamente grazas as subvencións administrativas e as festas gastronómicas que serven para recadar fondos e que, este ano, non puideron realizarse. A directiva presidida por Arturo Paz Dios teme que a crises sanitaria provoque recortes no ámbito cultural e deportivo que comprometan a supervivencia do club.

Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - www.afytasesores.com/
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada