Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº33 - Verano 2021
Falamos con Sergio González, coordinador do Club Deportivo Bamio, para coñecer un pouco máis da entidade.
Falamos con Sergio González, coordinador do Club Deportivo Bamio, para coñecer un pouco máis da entidade:
Como e cando foi a fundación do club?
En 1994, unha serie de nenos de Bamio xuntáronse para facer un equipo federado e recorreron a José Luis Vilas, que naquel momento era o presidente da Comisión de Festas de San Juan de Bamio, que se centrou en constituílo, o 20 de decembro de 1994, tras unha reunión na Casa da Cultura de Bamio con Serafín Maneiro, Diego Doval, José Carlos Lorenzo, Salvador Veloso, Amadeo Paulos, Tomás Fernández e Miguel Ángel Durán. Nomearon como representante legal da directiva do club Deportivo Bamio a José Luis Vilas Durán. Ao ano seguinte solicitouse a súa inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia e dende a creación tivemos categorías Afeccionado Sénior Masculino e Xuvenís, e Afeccionada Sénior Feminino creouse no 2018-2019.
Como foi a súa traxectoria ata o momento?
A categoría Cadete creouse na tempada 2016-2017. Os comezos foron duros, xa que custou moito cambiar a ideoloxía das persoas que acoden ao noso club. Aquí os resultados non dominan, senón o bo traballo e a formación dos xogadores, tanto futbolística como humanamente, filosofía que non funcionou ata ben entrada a tempada. A categoría Benxamín creouse no 2010-2011. Nesta primeira etapa xurdiron varios xogadores que acabaron xogando en grandes clubs.
A categoría de Veteranos comezou na tempada 2018-2019. Está formada por ex xogadores que decidiron crear un equipo de "vellas glorias" que os xuntase arredor do fútbol e do seu club de sempre. Na súa primeira tempada, xa conseguiron o ascenso a 2a. Gardamos unha sección especial para o noso equipo Xuvenil, que desde o inicio do club estivo sempre á sombra do 1a equipo, aportando xogadores cando os necesita- ban. Estiveron na fase de ascenso as dúas últimas tempadas e fannos sentir máis orgullosos que nunca. A partir de tempada anterior sacamos tamén a categoría Alevín, así como a escola.
Como é a situación actual do club?
A situación actual do club é boa dende o punto de vista depor- tivo. Priorizamos a formación deportiva, así como a igualdade de oportunidades para todos os que desexan xogar con nós. Ademais, somos uns dos poucos clubs de España que non cobra cota de inscrición. Somos un pequeno club que está crecendo grazas ás familias que colaboran e cren en nós, e tentamos correspondelo facendo galas musicais gratis, churrascadas de conciliación grupal e familiar, saídas de convivencias, damos charlas todos os anos con personalidades importantes, etc. Ademais, os grandes deportistas da contorna acoden a nós sempre que os reclamamos para que os nenos se acheguen a eles dunha maneira máis familiar, como Mary Paz Vilas, veciña de Bamio e xogadora do Real Betis, que lle puxemos o seu nome ao campo; Salva, adestrador que está na actualidade en China formando xogadores; Sergio Álvarez, sempre colaborativo con nós para o que sexa, Gustavo Cesar Veloso, veciño de Bamio e ciclista profesional...
Cales son os obxectivos de futuro?
Seguir medrando todo o que os socios e socias queiran, pero sen perder a nosa seña de identidade, que é un ambiente familiar próximo e formativo, tanto deportivo como cultural e social. Porque, como digo sempre: "Todos seredes pais ou nais e debedes estar formados deportiva, cultural e socialmente. Por iso os valores de respecto, educación e constancia deben estar sempre presente nas vosas vidas". Proxectos que xa temos en marcha, como un torneo único en España chamado Féminas F8 Vilagarcía, son a nosa seña de identidade.

Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es
Huevos estrellados, hamburguesas, para picotear, sandwiches, ensaladas, crepes, carnes, tostas y woks. Dr: Valentín Viqueira, 3 - 36600 - Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 830 450- Email: eltrastero10818@gmail.com
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Diseño Web y Tiendas Virtuales- Comunicación- Creación de Marca- Gestión de Redes Sociales- Audiovisual y Vídeo Aéreo- Posicionamiento en Google, Avenida de la Marina, 122 bajo- Telf:986 50 82 72 Visita nuestra web
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Ferretería, construcción, fontanería, electricidad y pintura. Dr: Lugar A Goulla, 30 - Paradela - Meis. Telf: 986 715 353 - 666 029 248- Email: gestion@ropaz.es www.ropaz.es
Estamos especializados en arroces, carnes y pescados. Ofrecemos a nuestros clientes opciones sin gluten. Dr: Pza. Martín Gómez Abal, 2, Vilagarcía de Arousa- Telf: 886 306 951| 610 445 363- Email: tantrarest@gmail.com Reserva online
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com