Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº27 Invierno 2019
Oito casos están na área da Coruña, catro na área de Vigo e outro na área de Ourense.
Galicia mantén dende o primeiro momento unha vixiancia permanente a través da rede hospitalaria, atención primaria e 061 para detectar posibles casos e intervir inmediatamente na contención do coronavirus.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2020.- Galicia rexistra oito novos casos positivos de infección por coronavirus confirmados polo Centro Nacional de Microbioloxía. Con estes, son xa un total de 13 os casos confirmados na nosa comunidade (oito na Coruña, catro en Vigo e un en Ourense).
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe en rolda de prensa que Galicia continúa cunha das Laxas máis baixas de casos confirmados con 0,44/100.000 habitantes. Almuiña sinalou que Galicia mantén dende o primeiro momento unha vixiancia permanente a través da rede hospitalaria, atención primaria e 061 para detectar posibles casos e intervir inmediatamente na contención do coronavirus.
Os seis novos casos confirmados na cidade da Coruña manteñen vínculo epidemiolóxico e están relacionados co centro cívico de Feáns. A Consellería de Sanidade recomendou hoxe ao Concello da Coruña que proceda ao seu peche preventivo. A Direccion Xeral de Saúde, seguindo os protocolos acordados co Ministerio de Sanidade, mantén aberta a investigación de contactos para previr novos contaxios.
O outro novo caso confirmado por parte do Centro Nacional de Microbioloxía trátase dun caso importado que deu positivo nunha primeira análise na área de Ourense. É unha muller de 35 anos que non presenta sintomatoloxía e que permanece en illamento domiciliario.
Coordinación e información O conselleiro de Sanidade tamén sinalou que hoxe estableceuse contacto con representantes de todos os partidos políticos e cos rectores das universidades co obxectivo de ofrecerlles información sobre a situación actual en Galicia. Isto enmárcase dentro do traballo que está a facer o Goberno galego para manter unha comunicación activa e permanente cos diferentes axentes sociais e socioeconómicos sobre o coronavirus.
Almuiña informou tamén de que continúa a coordinación co Ministerio de Sanidade e as outras comunidades autónomas a través do Consello Interterritorial, o último celebrado esta mesma mañá. Ademáis, en Galicia tamén esta mañá reuniuse a Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus e outras enfermidades emerxentes que continúan a traballar en actuacións e protocolos para a súa incorporación se é preciso.
Recomendacións sanitarias Dende o Sergas lémbrase que a Consellería de Sanidade ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto.
No caso de persoas procedentes dunha viaxe ou que estivesen en contacto con persoas que veñan dunha área de risco e presente síntomas (tos, febre ou dificultade respiratoria), recoméndase que non acuda directamente ao hospital nin ao centro de saúde senón que contacte telefónicamente co 061.
Correduría de seguros con una gran variedad de seguros y compañías. Avda de la Marina nº130, Vilagarcía. Telf: 986 501 031 Visita nuestra web
Centro de Estética Avanzada en Vilagarcía de Arousa con más de 15 años en el sector. Rúa Arapiles, 8. - Vilagarcía - Telf: 608 106 273 - Visita nuestro instagram instagram.com/susanacolorado.beauty
Audicost Audifonos Vilagarcía. Rúa Baldosa, 17, Vilagarcía. Telf: 986 18 64 73 Audicost Vilagarcía
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comVisita nuestra web
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20
Comida tradicional y productos autóctonos. Especialidad en pulpo y carnes Gallegas. C/ Rosalía de Castro, 26 - Vilagarcía. Telf: 986 18 69 19. https://www.pulperiaruedo.com/
Giraldo Policlínica Dental. Disfunción de la articulación témporo-mandibular. Plaza de Galicia, 8-4º. Vilagarcía. Telf: 986 512 424 Clínica Giraldo
Ropaz S.L. Materiales para la Construcción - Lugar A Goulla, 30 - Paradela - Meis. Telf: 986 715 353 www.ropaz.es
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.