A Vilagarcía Antiga | Revista eSmás Vilagarcía Nº 10
O desecamento da Marisma, según decían, moi importante para o desenvolvemento da vila, foi aprobado por acordo da Xunta Consultiva de Canles e Portos
Fotografías: www.patrimoniovilagarcía.com

Era todo mar alá a mediados do século XIX. A auga chegaba xusto ata a Igrexa Parroquial de Vilagarcía. Unha pasarela unía co Pazo de Vista Alegre. A finais do mesmo século comezaban os recheos das marismas e así íase conformando a fisionomía da cidade.
O desecamento da Marisma, según decían, moi importante para o desenvolvemento da vila, foi aprobado por acordo da Xunta Consultiva de Canles e Portos en reunión celebrada o 18 de Xaneiro de 1870, segundo consta na acta correspondente: "O sistema que se pretende seguir para poñer en cultivo estes terreos, é o de colmación, facendo por medio de plantacións que a auga se estacione para que se depositen sucesivamente as materias que trae en suspensión, co que se conseguirá que o terreo se vaia elevando. Para levar a cabo este proxecto, as obras que se executarían serían, formar un dique de terra cunha chapacuña no sitio do perfil transversal, abrir unha nova canle ao regueiro "San Roque" (tramo do río do Con ao seu paso polas proximidades da Capela) e varias gabias transversais, que servirán para dar saída á auga, facilitando a elevación do terreo".
Tras o acordo tomado pola devandita Xunta Consultiva, Don Patricio de Andrés Moreno solicitou a concesión da obra, quen expuxo os motivos para que fose levada a cabo pois, ademais de proporcionar "un gran beneficio ao país, os seus traballos e desembolsos serían recompensados co que se pode conseguir".
A continuación expón "o que se pode conseguir", pensando, mesmo, na súa utilidade convertidos en terras de cultivo: "Primeiro: Que desaparezan as causas de insalubridade; segundo: Aumentar a riqueza do país; terceiro: Poñer en cultivo terreos onde poden adicarse ao traballo moitos brazos que hoxe emigran ao estranxeiro... "
Por Orde do día 15 de Marzo deste mesmo ano, foille otorgada a concesión solicitada, nos termos expostos a continuación: "tendo en conta que co o seu desecamento, reportaranse beneficios á localidade pola creación de riqueza; e ao Estado polo ingreso de rendas, favorecendo por último ao pobo a cuxa inmediación se atopa, por darlle máis extensión e evitarlle o mal aspecto e os perigos de insalubridade que estes estacionamento producen".
En 1880, sendo alcalde Francisco Viqueira Vázquez, tivo lugar a cesión de parte das marismas pertencente en concesión a don Patricio de Andrés Moreno, para a construción dun mercado.
No informe destas obras menciónase un "dique" que corresponde a unha ponte vella que existía no lugar que hoxe ocupan a Praza de España e a rúa Arzobispo Andrade; actualmente atópase soterrado debaixo do xardín e da devandita rúa; do mencionado dique consérvase o último tramo que constitúe a ponte, de tres ollos e dous tallamares, construído no ano 1645, situado debaixo dos cubos de Vista Alegre.
Di, entre outras cousas: "...se conseguiu o saneamento das marismas, achándose hoxe a cultivo a parte situada ao sur do dique, en cuxos terreos se recollen excelentes froitos e variadas producións. Nesta zona canalizouse o río de San Roque (evidentemente, refírese ao "río do Con") e construído os diques que foron necesarios para evitar que penetrasen neles as augas, o que se alcanzou por completo... os terreos situados ao norte do dique, antiga ponte, atópanse tamén desecados, sendo contidas as augas por un forte muro de pedra, construído con toda solidez.
Neste punto fíxose unha pequena variación nas augas do abaixo expresado "dique", por non haber alí terreo aproveitable, co que se presta maior utilidade e servizo ao público".
Segue dicindo que a empresa era custosa, de realizarse no prazo e condicións impostas; e o "negocio" a longo prazo, polo que Moreno vendeu un parte a Ramón Martínez, quen dedicou todo os seus afáns á formación do barrio, que denominou "Campos Eliseos"; canalizou o río e cedeu ao Municipio parte da zona que ocupa o espacio actual da Praza de España e as rúas cercanas.
Foi por tanto unha das primeiras zonas que sucumbiron aos recheos e nela construíuse o xardín que temos na actualidade.
Xa a principios do século XX chamábase Campos Elíseos, posteriormente Praza de Alfonso XIII, Praza Fermín Galán, Praza Santa Eulalia ata a actual Praza de España. A fisionomía do xardín non cambou moito dende aqueles anos ata esta última reforma acometida no ano 2015.
A fonte, un dos seus signos máis característicos, non formaba parte do espazo. Foi trasladada a principios do século XX dende o xardín de Ravella e na súa estrutura orixinal estaba coroada por unha gran piña tallada en pedra.
Peluquería de señora, caballero y niños. Todo tipo de tratamientos y servicios para eventos con productos de la mejor calidad. - C/ Castor Sánchez nº18, Vilagarcía. Telf: 986 189 992 Facebook Tijeras de diseño
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - www.construgal.es
Axa, agente Juan Pintos - Los mejores seguros de autos, empresas, salud, hogar, vida y ahorro. - Arapiles nº7 bajo, Vilagarcía. - Telf: 986 511 231 E-mail:juan.pintos@agencia.axa-seguros.es www.axa.es
Escuela infantil de 0 a 3 años, servicio de comedor, inmersión lingüística en inglés, equipo psicopedagógico, etc. Dr: Av. Cambados, 105- Vilagarcía de Arousa Telf: 886 30 35 78- 656 985 449- Email: estrellasamarelas@gmail.com
Peluquería unisex, servicio de lavado, color, corte, peinado, alisado, permanente. Dr: Plaza Juan XXII, 2 - Local 10- Vilagarcía de arousa - Telf.: 626 456 011- 886 309 829- Email: angeles.maria@yahoo.es Síguenos en Facebook
Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es
Av. Juan Carlos I, 27 - Telf.: 886 293 360 - Whatsapp: 619 888 039 - www.clinicadentaldoctortouron.com
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026 www.talleresperauto.com