Logo de la empresa

Entrevista a ÁLVARO CARDALDA

Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía N45 Verano 2024

Músico e Director de Vilaxoán Canta
Entrevista a ÁLVARO CARDALDA

Este número da revista entrevistamos a Álvaro Cardalda, músico, profesor, arranxista e produtor musical.

En primeiro lugar, benvido Álvaro e grazas por concedernos esta entrevista. Para comezar, contanos como comezou o teu interese pola música.

Comecei dende moi pequeno. Con seis anos ou así, comecei na escola de música de Vilagarcía. Cando aínda a escola de música estaba no ramal, comecei co solfeo. Estive ali unhas 3 anos e despois tiven que escoller un instrumento. Pero resulta que ese instrumento non era para min e, por casualidades, quedou parado. E ali, con 12 anos ou así, volvín retomar a música porque faláronme de clases de acordeón en Sobradelo. Ali comecei de novo. Na miña familia, o acordeón sempre foi algo que chamou moito a atención, e tamén porque é un instrumento predominante na música de Vilaxoán. Entón, dixenme: "Por que non comezas co acordeón e ves se che gusta?", porque o instrumento anterior non fora moi ben. Grazas ao profesor que tiven, que é unha persoa marabillosa, Suso, músico da orquestra, seguí tocando co el uns 6 anos. Comezamos con cousas moi básicas, xa que o acordeón ten a súa complicación, ata chegar a un nivel máis ou menos alto. El díxome: "Mira, tes que ir aprender noutros lugares, tes que coñecer a outras persoas", e probei aquí en Vilagarcía. Pasei pola escola de música, estiven con Alfonso Galbán, mestre de aquí de Vilagarcía. Ensinoume moitas cousas relacionadas co solfeo, lectura á primeira vista, e despois, ao ir estudar a Santiago, na carreira especialiceime un pouco máis, no conservatorio, na escola de estudos de jazz. E aí foi a miña aventura musical.

Entón, cales son os instrumentos nos que agora estás máis especializado?

De momento, o meu instrumento principal é o acordeón. A partir diso, comecei a tocar o piano tamén porque había moitos grupos nos que tocaba que o piano encaixaba ben. Entón, os instrumentos reais que toco son o acordeón e o piano. Tamén, grazas aos grupos nos que estou tocando, vou descubrindo outros instrumentos como a zanfona, un instrumento que tamén me chama moito a atención. Despois, tamén instrumentos de percusión como o tamboril, o bombo, a batería. Intento tocar un pouco de todo.

Participaches en numerosas agrupacións musicais con diferentes estilos. Fálannos dunha delas.

Desde que levo tocando, a agrupación que me dixo: "Wow, isto é algo moi interesante para tocar en público e que as  cousas funcionen", foi unha achega que se fixo en Vilagarcía. A Central Folk de Santiago fixo unha especie de congreso aquí en Vilaxoán coa música de toda a comarca. Ali formaron un grupo chamado "Atlantic Amapola", e ese foi o meu contacto con músicos profesionais que xa levaban anos tocando e con músicos máis amateurs. Aí é onde coñecín un pouco como funciona a música a nivel máis profesional. A partir desa experiencia, foron xurdindo oportunidades de tocar en diferentes grupos. Moitos grupos son de amigos, e a min gustame moito que nos grupos haxa algo máis que música, que haxa amizades, compartir experiencias. Agora estou tocando nunha diversidade de grupos, e a verdade, estou moi contento nese sentido.

 

 

 

Participaches na música dunha película que foi premiada hai pouco. Podes falar desta experiencia?

Si, a verdade é que foi unha cousa moi bonita. A directora, Jaione Camborda, contactou comigo porque sabía que tocaba no grupo de música popular "Quenlla" hai moitos anos e que había unha canción que lle encantaba, que era "Rumboia". Díxome: "Oe, non coñeces a alguén que poida tocar esta canción, ou mesmo ti se queres tocala e interpretala co acordeón, sería estupendo". E dixen: "Que si, sen problema". Encantaríame poder participar nunha película, tocar e actuar. A participación na película foi moi premiada, e a verdade é que foi todo un éxito.

Ademais da interpretación, dedicasche á produción musical. Podes explicarnos en que consiste esta actividade?

A produción musical é un camiño que toman moitos músicos. Poderíase resumir como ver a música dun artista dende fóra, é dicir, calquera persoa que escoite música, sexa especializada ou non, músico ou simplemente a quen lle gusta unha música determinada, como Rolling Stones ou AC/DC, esas cancións teñen unha forma de facer que fai que soen dun determinado xeito. Entón, o produtor, o que fai é a través do son e das súas ideas creativas, facer unha especie de molde para ese grupo. Inclúe a composición, os arranxos, a gravación, que é a parte técnica, e logo a parte máis artística como motivar ao artista para conseguir a súa mellor toma, que estea tranquilo, saber os puntos fortes do artista e os non tan fortes, reforzar os que non son tan fortes para conseguir que o que se vai a mostrar sexa o máis rico posible en canto a música e expresión.
Es profesor na escola municipal de música de Vilagarcía. Contanos como é o día a día da formación musical en Vilagarcía.

Levo sete anos traballando en Vilagarcía, e estou especializado en música e movemento. É unha parte onde se traballa a música dende o xogo e a aprendizaxe musical a través do xogo, dende os tres aos sete anos, cando collen un instrumento por primeira vez. Antes, tocan instrumentos que son de olf, como placas e pandeiros, é un acercamento á música a través do xogo. É unha experiencia fabulosa, e ademais, poder facelo aquí en Vilagarcía, de onde son, coñecer moitos nenos, recoñecelos pola rúa. Vas vendo que os nenos van crecendo, moitos dedícanse a outras cousas ou ven que o seu camiño é o deporte, pero estiveron contigo e puideron pasar polas tuas mans, é marabilloso. Na escola de música, o alumnado de música e movemento é moi grande, son moitos nenos, e pouco a pouco vas vendo avances e as capacidades de cada un. Calquera persoa, neno ou adulto, pode tocar música e disfrutar dela sen ter que ser profesional.

Vas abrir tamén o teu propio estudio de produción e gravación musical que se chamará "A Casiña". ¿Cal son os teus obxectivos para este proxecto no futuro?

"A Casiña" foi un proxecto que xurdiu, digamos, postpandémico. De estar na casa, sen poder saír nin facer demasiadas cousas, decidín adentrarme no estudo da música e na forma de facer música desde dentro, o que falabamos antes, a gravación, formas de gravar, como enfocar a gravación, a psicoloxía no momento de gravar ao músico, que cada músico ten as súas peculiaridades, son artistas e así é. A partir de iso fixen un par de producións a través duns amigos e decateime de que me encanta e me apasiona. Decateime de que é algo no que podo pasar horas e horas e sinto que non é algo que perda o tempo, ao contrario, que estou alimentando esa parte musical que tiña esquecida, que é a creatividade.
A posibilidade que che dá de producir e poder crear para outras persoas, e que eles che digan que isto non lles gusta, ou isto si, ¡wow isto é xenial! iso dache moita apertura e sobre todo poder traballar con diferentes estilos, por exemplo, poder traballar con jazz, con pop ou con rock. É unha forma de, digamos, abrirte como músico e ao mesmo tempo de aprender, estás en continuo aprendizaxe.

 

 

 

Eres natural de Vilaxoan, ¿como foi a túa chegada como director do certame Vilaxoan canta?

Foi a miña chegada hai dous anos. Eu xa estaba a tocar co anterior director que era "Manso", o acordeonista, e el xa me foi introducindo pouco a pouco. El xa tiña unha idade, dicía "eu xa estou maior e prefiro que veña alguén que poida seguir", pois levaba corenta anos. El sabía que eu tocaba o acordeón e pouco a pouco fomos tocando xuntos, el xa me incorporou na parte musical e el só dirixía, e hai dous anos decidiu deixar xa a dirección de Vilaxoan canta e encargarme a min de Vilaxoan canta, e a verdade que foi unha acollida espectacular, e ademais, cadrou coa postpandemia que trouxo cousas malas pero tamen trouxo cousas boas. Havia dous anos que non se facía, xa collein eu o relevo e a xente estaba marabilada, porque ao final, veu unha persoa nova, con ideas novas que intenta aportar o seu gran de area e a xente de Vilaxoan foi moi sumativa, participou en todo, e a verdade, foi unha experiencia moi bonita e a segue sendo.

¿Poderías resumirnos a historia do certame?

Si, Vilaxoan Canta creo que comezou no 1980 e comezarono dous persoas. Un era o director da coral polifónica de Vilaxoan, Máximo Patiño, xunto con este acordeonista que era "Manso", un acordeonista que xa leva moitos anos tocando na orquestra e en diferentes formacións, e eles dous decidiron poñer en valor o repertorio e a música dun pobo que eles xa tiñan incrustado na memoria polos seus avós que eles son de Vilaxoan. Decidiron facer un proxecto no que a xente cantara e onde eles poideran levar a cabo esa idea de poñer en valor o repertorio dun pobo, e de aí, xurdeu en mais ou menos 20 anos estiveron os dous, en conxunto, facendo este certame. que é un certame digamos que de música popular onde canta un pobo. Hai xa uns 12 anos só quedou o director que era "Manso", e agora iso e algo que me toca a min facer.

¿Poderías contarnos en que consiste o certame en sí, ¿que partes teñen?, ¿quen participa?, ¿Como funciona?

O certame, digamos que é unha quedada, un momento onde a xente se reúne o luns das festas do carme de Vilaxoan e é o momento onde a xente toda se reúne, grandes, pequenos, maiores, doutros lugares tamen, non solo de Vilaxoan, Vilagarcía, Carril, xente que lle gusta cantar que se achega alí e participa coa sua voz nun canto colectivo para sentir a experiencia de cantar 500 ou 600 persoas á vez cancions que ademasin pois moitas veces chegan a dentro, porque ao mellor son cancions que cantaban seus avós ou escoitaba cando eran moi pequeniños ou incluso cancions que chegaron a traves da radio ou habaneras que se escoitaban na época e que agora se recuperaron e chegaron hasta aquí. A forma de facelo, e que, a principios de xuño a xente congregase sempre martes e venres en Vilaxoan, na cofradia, e alí facemos os ensaios que son ensaios de unha hora ou así, e eu voulle dando o repertorio que se vai facer ese ano, facemos unha especie de quencemento de voz, un acto ameno ao que calqueira persoa pode vir. Estades convidados a vir a Vilaxoan canta, evidentemente. Nese momento comezamos a facer o repertorio e a formular esas 10 ou 12 cancións que se van facer para os festivos do carmen. A medida que. se van traballando vanse correxindo cousiñas, vase coñecendo a letra, coñecendo a melodia, bueno, hai xente que está habituada a cantar e xente que no e non hai problema, o bonito é que entre uns e outros se comparten experiencias e ao fina, cantar tamen e unha forma de expresar e algo moi bonito que se ten que poñer en valor, e algo que forma parte deste concello e que ten unha vida longa.

Xa para rematar ¿como ves ese futuro de Vilaxoan canta?

Pois a verdade é que eu nestes tres anos vin que a xente está moi ilusionada, eu puiden introducir aos nenos, e algo que polo meu traballo tamén me motiva, entón dentro do certame metín aos nenos a cantar, con cancions moi facilitas e con cousas sinxelas onde eles se sinta tamén realizados, e e algo bonito tamén poder ver as diferentes xeracións, os nenos de 4, 5 ou 7 anos, aos pais, aos avós e incluso algún bisavó, e que podamos continuar isto, que digamos que e tradición oral, se os nenos non poden continuar isto acaba, entón a idea e que desde os máis pequenos eles vaian collendo esas ilusións de "anda mira que bonito toda a xente cantando, o meu avó, a miña avoa e os meus pais están aquí reunidos e eu vou subir ao escenario e lles vou cantar". O futuro é algo que me gustaría que tivera unha importancia, que xa a ten, porque realmente eu vou falando con xente de outros lugares que realmente viñeron aquí nos anos 80 e viron como era o certame e colleron a mesma fórmula, e eles o din, vimos aquilo e nos encantou tanto que decidimos copiarvos, e a verdade e algo a poñer en valor como dixen antes. Creo que e un certame que non hai practicamente ningún desta antigüidade en Galicia e o certame onde a música popular está presente e sen ningunha clase de clichés, ao mesmo tempo, e un certame que eu creo que a nivel reivindicativo ten as súas liñas, o que e a reivindicación da tradición oral, da música que se cantaba nos pobos antiguamente, a música que cantaban os nosos antepasados, e ao mesmo tempo creo que e un certame que sen demasiada redundancia que invito a toda a xente que se achegue ao Vilaxoan Canta, non fai falta saber cantar, só fai falta participar, de feito este ano máis os anteriores regalamos unhas libretas pequeniñas onde aparecen as letras, e que tampouco e necesario a asistencia aos ensaios, e unha experiencia moi bonita e dende aquí vos invito a todos a vir.

 

 

 


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top