Roi Palmás Cores | revista eSmás Vilagarcía Nº 1
O meu traballo é jazzístico. se non xogas, non funciona
Carlos Blanco é sen dúbida un dos artistas máis prolíficos e polifacéticos do momento.
Multidisciplinar coma poucos , foi quen de xerar un estilo propio que o identifica e o achega ó seu cada vez máis heteroxéneo e numeroso público.
Como te levas coas redes sociais?
Twitter non o practico. Xa me da moito traballo Facebook, que teño un enganche moi grande, aínda que xa empeza a ser en galego, así que vouno pensar. Ata agora, eles non nos consideraban a nós e eu non os consideraba a eles.
Que faceta de todas as de artista leva máis tempo de preparar?
O que máis tempo leva é atender á xente… O problema das redes sociais é que teñen un valado moi baixo. É dicir, a túa finca está á disposición do que queira entrar nela, e entran a pedirche de todo. Non hai día que a xente non solicite un vídeo, unha colaboración, botar unha man nunha campaña… e non das a vasto. Obviamente, se eu puidera chegar a todo… é dicir, se eu fixera todas as actuacións benéficas que me piden, só faría iso… e non é posible. Non podo estar en cada fonte que non bota auga. A xente acostumbrouse cos actores primeiro a insultarnos (somos xente insultable e subvencionada) e logo a pedirnos de balde todo o que lles parece oportuno, porque somos xente “enrollada”… e sempre digo o mesmo: “dillo ó fontaneiro…”
Pero no fondo sodes referentes...
Si pero o que non pode ser é que nunha gala benéfica o único que non cobre sexa o artista, porque si o fai o técnico de son, o da billeteira, a SGAE… e un servidor ten que pagar a gasolina… que é o que sucede en realidade. Ademais hai outra cousa: cando actúas nunha cidade, xa non podes voltar nun tempo. Pero nas que podo estar estou, que ó final será un 10% das solicitadas. Non dou para máis.
O público aínda che pide que contes o do yonki do chándal en Santiago?
Si, sempre. Iso é, salvando todas as distancias, como se Bruce Sprinsteeng non bota “Born in the USA” ou se Sabina non canta “Y nos dieron las diez…” e hai que aceptalo así… pero é que ademais eu intento contalo diferente cada vez… Penso que cada vez o meu traballo achégase máis ó jazz… quen entenda o jazz verá que cada músico, cada noite vai tentar de facer un solo diferente, que soe diferente… é un traballo jazzistico. Partes dun coñecemento profundo do instrumento e a partir de aí xogas. Se non xogas, non funciona.
Falando xa dos proxectos profesionais, ¿como tes a axenda?
Estreamos “La Estrella”, unha película rodada en Barcelona de “…” protagonizada por Ingrid Rubio, Carmen Machi, Fele Martínez e eu. O meu papel é o do marido de Carmen. Nunca fixera algo así porque é moi desagradable. É un maltratador, pero un tipo de maltratador desgraciadamente máis común. Un tipo que non o parece. Rodouse nos exteriores de Barcelona hai un ano aproximadamente e que está previsto estrear en Málaga. Ademais, rematando a xira por Galicia e Asturias e preparando as maletas para marchar a Sudamérica. Vou actuar en Buenos Aires, Montevideo e Santiago de Chile. Quería tamén ir a México D.F. pero non vai poder ser desta volta. O espectáculo vai ser en galego e en castelán. E despois, comezo a xira de verán con Xosé Manuel Budiño “¡Lalelo!”
Quédache tempo para algo?
(Risos) Tamén haberá un espectáculo con Luis Davila. É un xenio… pero xa será para finais de ano. En principio levará por título “Menu-do día”. Xogarase coa actualidade, cos debuxos de Luis para que todo o mundo poida velos ampliados…
Son sinerxias compartidas?
Si, a verdade é que penso que o seu traballo e o meu teñen moito que ver. Vai quedar ben.
E o mundo das curtametraxes?
Traballo bastante en Barcelona. Ás veces son traballos que non chegan aquí pero é un sitio importante. O ano pasado no Teatro Victoria puxéronme de cabeza de cartel nun espectáculo onde actuaba Serrat e Sabina, Berto Romero e Andreu Buenafuente e Tricicle. Foi incríble! Invitáronme a voltar este ano.
Moito volumen de traballo nun momento complexo para iso, non?
Si, non me podo queixar
Hai moita xente que repite como público noite tras noite?
Pois si, e por sorte pasa bastante. Lembro que cando actuei en Coruña veu xente de Tui. Eran catro funcións e fixen unha aposta con el dicindo que todo aquel que fose ás catro funcións, invitábao a un cocido… e houbo como sete persoas. Pasámolo en grande!
O xénero dos monólogos quere improvisación. O xénero pídeo. Se eu non falo da actualidade, non sería eu. Se alguén me contrata e me da un guión, entón é mellor que contrate a outro. Hai xente que fai marabillosamente o de estudiar un texto e reproducilo, pero se de repente hai unha manifestación polos afectados das preferentes, hai que saír adiante… algún morre de pánico polo que lle poida dicir…
Pero iso vai no soldo dalgúns persoeiros, non si?
Si. Meu pai dicía cando me paraban para que firmase autógrafos: “Non te queixes, foras fontaneiro…”
Que pensas da suba do IVE á cultura?
É unha puñalada trapera. Pero non só a nós, a calquera sector. Na cultura tamén, exceptuando ós touros, que sorprendentemente seguen a pagar un IVE do 4%. Iso é que che fai subir polas paredes. É discriminar por completo. Non é de recibo. Non pode ser así e paréceme un erro gravísimo, porque o 21% dun teatro baleiro é cero.
Como definirías a situación socioeconómica actual?
Estamos nunha nova era, nos guste ou non. Os chineses traballaron máis barato ca nós e os empresarios consideraron que para ter unha fábrica aquí é mellor tela en Polonia ou en Filipinas. A nós o que nos queda é readaptarnos. Eu defínoo diciendo que “ou sachas ou exportas”, non hai ningunha outra posibilidade de sobrevivir. Sachar, literalmente, ou exportar. E chegamos ata aquí porque viviamos nunha sociedade tan estúpida que tirabamos máis comida da que comiamos (e ainda se fai) e os nosos nenos recibían 50 veces máis regalos dos que podían xestionar, inmersos nun absoluto derroche. E cambiabamos de coche cada 6 meses porque nos cansabamos. Creo que polo camiño está quedando xente e máis que vai quedar, pero todo isto, no fondo, vai a rehumanizar a nosa sociedade. A puñeta é que a famosa clase media, que tiña o seu piso na cidade e unha segunda residencia, agora non saben a quen colocarlle ese chalecito… esa clase media desaparece.. esta é a sociedade que lle deixamos. Tiraranse menos mazás, e a partir de aí, a espabilar…
Cres que hai máis paro ou máis parados?
É boa pregunta. Penso que hai moita xente quieta ademais de parada, e iso é o preocupante, ainda que é entendible, porque están paralizados polo medo. Ese é o gran elemento en todo isto. Mételle medo á xente, e aceptará postos de traballo que antes non aceptaba, e aceptará rebaixar os soldo, e pasarán por unha reforma laboral na que lle quitan practicamente todos os seus dereitos, e votará a Hitler… iso xa pasou hai uns anos… o medo. O medo paraliza. E hai que moverse.
Que pensas cando escoitas termos como “Villajuán” ou “Sangenjo”?
Chámame a atención. Ó mellor a xente non se acorda pero durante unha época falar en galego estaba prohibido… eu si me lembro. Teño 54 anos e si me lembro. Como tamén lembro ter dado no instituto “Formación del Espíritu Nacional” ou cando se cantaba o “Cara al Sol”… cando escoito Villajuán penso que durante moitos anos se nos obrigou a dicilo así. Fallado de los monjes non estuvo mal (é unha persoa á que respecto, pero foi culpa de Google)
Como recordas Vilagarcía de pequeno?
Máis pequena, máis humana, nos xardíns de Ravella teño xogado ó fútbol tantas veces! Teño pasado tardes enteiras xogando. Ía á escola detrás de Ravella. Lembro ó meu mestre Don Antonio Barreiro. Foi un profesor maravilloso. Un home extraordinario. Era un mestre… moi culto, entrañable… teño uns recordos tan bonitos de infancia!! Agora os nenos non xogan aquí. Vai a Cabo Verde, xa verás cantas consolas miras… pero corren pola rúa que da gloria miralos
De onde nace o proxecto das frases da avoa?
A idea é facer recolleita. Xa o fixen para iLalelo!. É un espectáculo que nace en Facebook. Sintome como cando se ía polas aldeas a recoller pero eu fágoo desde a casa. E despois Luis píntao.
Lembras algunha especial?
Unha avoa dixo: “unha morte fai unha limpeza moi ghrande nunha casa”. Paréceme impresionante. Douche outra: “canto máis te aghaches, máis se che vai a mirar o cú”… e meu pai dicía “séntate onde non estea eu”, gran frase! Todo iso é sabiduría tradicional, que se está a perder.
Que tal nos Goya?
Ben… é un sitio agradable, con calefacción… está ben… Eu tiven a sorte de traballar con Maribel Verdú, con José Coronado, con Penélope Cruz, con Carmen Maura, con moita xente. A mín non me asusta ese ambiente, máis ben ó revés. Sei o boa compañeira que é Maribel ou Carmen, ou o profesional que é Penélope… Traballei con eles. Eu estou noutra división. Non estou ó nivel de Tosar, que é a Champions, pero non me asusta xogar contra o Madrid no Bernabéu… xa xoguei. Non teño medo escénico.
Cal é a túa opinión sobre O Apóstolo?
Está moi ben feita.
Se non chega a competir nos Goya contra Tadeo Jones, gañaría o Goya?
Seguro.
A xente aínda te chama “Ladislao”?
Si. E Manoliño… son cousas que tes que aceptar.
Como lembras a etapa de Mareas Vivas? Porque fostes os mellores embaixadores de Zas?
Á Laxe foille moi ben, e a nós tamén. Nós aportámoslle orgullo a eles déronnos todo: paisaxes, amizades, percebes coma puños… manteño amigos en Laxe que ainda visito. Foron 3 anos de traballo alí. É algo moi especial. Axudounos a todos.
A verdade é que moitos de vós seguistes medrando despois daquilo…
Si, e iso ven a demostrar o grandísimo casting que fixo Antón Reixa. Tosar, Zahera, De Lira, Martiño, Sonia Castelo, Monty Castiñeiras, Santi Román, O falecido Tuto.. eu.. todo ese casting seguíu e seguimos en contacto porque tropezamos traballando.
Aquela serie traducíuse para Madrid…
Si, foi horrible (risos) tiñas que escoitalo. Eu dobleime a min mesmo. É humanamente imposible traducir frases como “isto é unha indemninsansión” ó castelán.. non se pode. Hai que ter en conta que cando chegan as películas e son dobladas, estámolas a traicionar. E esta foi a mellor proba. Calquera doblaxe é unha traizón. Mareas Vivas non era máis que un trasunto de Doctor en Alaska. Un tipo estrano que se introduce nun mundo de tolos e vexamos qué pasa… é a mesma idea.
Pero pode facer a mesma gracia en Madrid que aquí?
A ver… unha das obras máis universais é “Dublinesas” de James Joyce, que fala dunhas vellas de Dublín. Non é certo que o local non sexa universal. Non é verdade. Todo depende de si o guión é bo. As mans de pan de San Andrés de Teixido son Arte contemporáneo….
É certo que fóra de Galicia dinche que tes moito acento?
Si, pero non tanto como Paco Vázquez (risos)
Que che falta por probar profesionalmente?
Dirixir un Shakespeare… ainda que non creo que o faga nunca…
Cal?
Antes de morrer gustaríame dirixir e protagonizar La Tempestad, con Próspero. Paréceme un personaxe extraordinario.
Organización y administración financiera de empresas. - C/ Romero Ortíz nº22 - 1º dcha., Vilagarcía. Telf: 986 509 069
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026
Audicost Audifonos Vilagarcía. Rúa Baldosa, 17, Vilagarcía. Telf: 986 18 64 73 Audicost Vilagarcía
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - Visita nuestra web
Tapería Vinoteca Rúa Mendez Nuñez, 30 - Vilagarcía- reservas: 986 186 966 - 649 090 170 Siguenos en facebook
Angeles Tilve - Peluquería Unisex. Tlf: 626456011 - 886309829. Plaza Juan XXII, 2 - local 10. Vilagarcía. Horario: Martes a Sábados, de 9:00 a 20:00h.
Tren Turístico Vilagarcía de Arousa. C/Sta Eulalia nº8, Vilagarcía de Arousa. Telf: 609 881 663 Web: www.trenturísticovilagarcia.com
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Jaema- Nuestro mejor deseo sois VOSOTROS - La mejor Navidad es la que pasamos contigo. Haciéndote sentir seguro desde 1990. Este 2020 cumplimos 30 años a tu servicio. - Juan Carlos I nº20, Local 1, Vilagarcía. - Telf: 986 510 244. - Visita nuestra web
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out