Logo de la empresa

Entrevista a Encarna Dasi - Xuiza Decana de Caldas de Reis

Daniela De Amorín | revista eSmás Vilagarcía Nº27 Invierno 2019

A xuíza Encarna Dasi Dorelle é intelixente, metódica e perseverante, unha muller coas ideas moi claras.
Entrevista a Encarna Dasi - Xuiza Decana de Caldas de Reis

As súas conviccións a fixeron saltar á fama no eido xudicial, sendo recoñecida pola Irmandade Xurídica Galega por ser pioneira á hora de ditar resolucións xudiciais en galego. Unha lingua que aprendeu a falar incluso antes que o castelán a pesar de ter nacido en Alemaña. Filla de emigrantes, Encarna afincouse en Vilagarcía cando aínda era unha nena, estudou en Santiago de Compostela e presentou ás duras oposicións que a levaron a traballar a partir do 2010 no Xulgado número 1 de Caldas de Reis.

Naceu en Alemaña pero dende moi pequena está vinculada a Vilagarcía. De feito, como anécdota curiosa, é filla do que fai un tempo foi durante moito tempo o enterrador do cemiterio de Rubiáns. Como foi a súa infancia aquí?

Pois moi boa a verdade. Eu nacín en Alemaña pero son filla de emigrantes. Tras dous anos traballando alí os meus pais decidiron volver e escolleron Vilagarcía para establecerse. Non sei moi ben porque escolleron esta cidade, pero en aquel momento estaba en expansión e decidiron afincarse aquí. A partir dos oitos anos empecei a estudar no colexio público do Ramal e despois estudei no anexo. E a miña infancia foi moi boa, adapteime moi rápido e a miña familia tamén. O meu pai atopou traballo despois de certas vicisitudes, porque é verdade que as cousas si estaban complicadas de aquela. Eu sempre me considerei vilagarcián aínda que tamén gardo moi bo recordo da Estrada que é onde pasei a primeira parte da miña infancia.

Cando decidiu que quería estudar dereito? Tiña claro dende un principio que quería ser xuíza?

Non tiña claro nada. Esta decisión, así como a de opositar, a tomei a medida que fun rematando os estudos respectivos. Estaba acabando bacharelato cando decidín estudar dereito porque chamábame moito a atención.

As oposicións para ser xuíz o fiscal teñen fama de ser as máis complicadas. Como viviu vostede este proceso?

Foi moi moi duro. É unha oposición que supón unha dedicación exclusiva de moitas horas ao día durante un período de tempo moi prolongado. É unha carreira de fondo, hai que ter moita forza e vontade para poder conseguilo. Pero ao final foi ben así que mereceu a pena.

Aparte de ter moita cabeza, que cualidades, tanto innatas como adquiridas, debe ter unha persoa para ser xuíz?

É verdade que é unha profesión na que nunca paras de estudar. Hai que estar todos os días aprendendo cousas novas, ás veces hasta quedas saturado de tanta información. Debes coñecer ben o ordenamento xurídico, é o que te da a oposición. A forza de estudar é que consegues o posto, pero logo tes que ser unha persoa con certa empatía, paciencia e sentido común, non sei, tamén vas aprendendo todos os días a desempeñar esta función.

Actualmente traballa no xulgado de Caldas de Reis. Que funciones desempeña? Como é un día de traballo para vostede?

Si, a ver en Caldas de Reis hai dous Xulgados. É un partido xudicial integrado por dous xulgados e eu desempeño a miña labor no número un. Bueno o xulgado é mixto, é xulgado de primeira instancia e de instrución, entón levamos traballo de civil e de penal, ademais o xulgado número un ten atribuídas tamén funcións en materia de rexistro civil. Entón pois temos o apartado de civil, onde fundamentalmente se celebran os xuízos de esta natureza que se podan suscitar entre os cidadáns. Reclamación de diñeiro, problemas coas lindes e servidumes, indemnización por accidentes de tráfico, divorcios.... todos os conflito destas materias tramítanse e resólvense na oficina de civil. O meu traballo fundamentalmente consiste en dirixir as vistas e emitir as sentencias correspondentes. Despois temos a parte da oficina de penal, alí o que se fai é a instrución e investigación de delitos dos que temos coñecemento a través das denuncias que chegan ao xulgado.

Hai algunha outra función que desempeñedes e sexa menos coñecida pola sociedade?

Pois agora que me o preguntas, tendo en conta a gran carga de eleccións que estamos vivindo, eu como xuíza decana teño unha función bastante curiosa que sorprende á xente. Son a encargada de recoller a documentación electoral unha vez que termina a xornada electoral. Cada unha das mesas de votación trasladan toda a documentación ao Xulgado, eu recibo aos presidentes das mesas, recollo a documentación e a levo a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Vostede é recoñecida por ser pioneira no uso do galego nas resolucións xudiciais. Por que pasa isto? Como pode alguén ser pioneiro por escribir na súa lingua materna que ademais é oficial?

É sorprendente e hasta certo punto bastante triste. O galego é un idioma cooficial xunto co castelán, e non so iso, e que ademais é unha lingua que está moi presente na sociedade, a xente fala moitísimo en galego pero non hai unha equiparación entre esa utilización no eido social coa que se fai nas institucións públicas e en particular no eido da xustiza. Os motivos exactos non chego a entendelos demasiado, o certo é que a realidade está aí. Por iso, eu intento facer o que podo por reverter esta situación dende a miña pequena parcela. Aparte que a xente que acude ao Xulgado de Caldas de Reis, a inmensa maioría fala en galego. Entón moitos cando se sentan no banquillo durante a vista, en primeiro lugar diríxense a min en castelán, pero cando resposto en galego xa cambian automaticamente e nótase que están moito máis cómodos e se expresan con maior soltura.

A diferencia do que ocorre en moitos ámbitos, especialmente aqueles de poder, a xudicatura está composta por mais xuízas que xuíces. Sen embargo, hai mais homes que son presidentes nos distintos órganos de de poder. ¿Dende a xustiza como podedes loitar para romper este teito de cristal?

É unha cuestión paradóxica. O poder xudicial ten unha organización piramidal e nesta base a maioría somos mulleres, pero para chegar ao cumio desta pirámide parece que hai moitas dificultades. É verdade que a inmensa maioría dos maxistrados do Tribunal Supremo e os vocais do Consello Xeral do Poder Xudicial son homes. Creo que é unha cuestión moi estrutural, ten moito que ver con cuestión sociais e familiares. O feito de que a muller sexa vista como a coidadora impide en moitos casos esa promoción e ascensión a certos postos que supoñen viaxar lonxe ou vivir noutro lado. A realidade está aí, pero non son experta nesta materia como para dicirte que se pode facer para reverter esta situación.

Se continuamos falando de igualdade temos que falar tamén da violencia de xénero. Unha enorme lacra social coa que estamos loitando pero que incluso as veces parece que retrocedemos por mor da opinión de algún partido político que quere derogar a lei. Incluso os procesos xudiciais relacionado con istos casos están cada vez mais no punto de mira da sociedade e os medios de comunicación. ¿Cal é a súa opinión respecto a este tema? ¿Coñece a media de casos de violencia de xénero en Vilagarcía?

Non coñezo ás estadísticas exactas nin do partido xudicial de Vilagarcía nin do de Caldas. O que si podo dicir é que non destacamos por isto, non é superior a media en España. Desgraciadamente este é un problema que afecta a toda a sociedade e se extende por igual en toda as localidades. Aínda que poda soar a tópico, é un problema que so se pode solucionar a través da educación. O principio de igualdade e a perspectiva de xénero é algo que se ten que ensinar dende moi pequenos, dende a gardería.

¿Están os xuíces educados para xulgar con perspectiva de xénero?

Eu penso que en termos xerais si porque estamos educados para impartir xustiza con imparcialidade e independencia, así que isto leva consigo abordar un problema dende todas as perspectivas. Agora ben, todo o que sexa maior preparación benvido sexa.

¿A xustiza fai todo o posible por evitar a violencia de xénero ou en que aspectos pode fallar?

Si. Os órganos xurisdicionais o que temos que facer é coñecer o procedemento unha vez chegan as denuncias, desgraciadamente. A labor de prevención corresponde a outros ámbitos. Pero a nivel xudicial tamén temos moito que dicir ao respecto a hora de tramitar os procedementos seguindo a perspectiva de xénero.

Dentro deste contexto tecnolóxico actual no que vivimos, vemos moitos casos preocupantes, especialmente relacionados cos menores, de ciberacoso, casos de gravación ilícitas co teléfono, de publicación que vulneran dereitos en redes sociais... Vostede como nai e como xuíza que pensa de este tema, a que idade debería ter un menor o seu primeiro móbil.

O mais tarde posible, pero tamén depende do desenvolvemento emocional de cada rapaz. Unha cousa é deixarlle o móbil nun momento concreto para ver uns debuxos e outra e poñerlle un aparato destes na man para que faga un uso indiscriminado. É verdade que é unha situación bastante problemática porque estamos observamos a nivel policial e xudicial moitos conflitos deste tipo. Nos non tanto, porque o Xulgado de Caldas non levamos os casos relativos a menores de idade, pero si estou ao día deste problema por unha charla que din fai pouco no colexio de Caldas e si que é verdade que os menores que utilizan estas tecnoloxías non son nada conscientes do perigo que conlevan e o dano tremendo que lle poden facer aos demais e a eles mesmos. Non son conscientes das consecuencias porque non entenden que podan estar suxeitos a ningún tipo de responsabilidade, algo que só podemos cambiar a través da educación.

Unha problemática moi común especialmente no ámbito rural é os problemas coas lindes ¿Como poden os veciños protexerse destes problemas?

Gústanme moito estes casos a verdade. O Xulgado de Caldas abrangue moitos municipios, creo que oito en concreto, e a maioría de eles rurais polo que vemos moitos casos de estes e algúns moi interesantes. Pero evitalo en moitos casos é imposible. Ti pensa que moitos destes problemas veñen de varias xeracións atrás entón é moi complicado. O que temos que transmitir é que o Xulgado está aí para resolver estes temas, así que a opción ante calquera problema de este tipo é acudir a nos e non solucionalo por outras vías que non sexan a legal.

En España temos 10 xuíces por cada 100.000 habitantes, cando a media europea está en 15 o 16. ¿Necesitamos máis profesionais no sistema de xustiza?

Si, necesitamos moitísimos xuíces, pero sobre todo baixo o meu punto de vista necesitaríamos reestruturar o xulgado, cambiar a estrutura da carreira xudicial e dos propios xulgados. O reparto territorial dos órganos xurisdicionais é moi antiga e quizais deberíamos profundizar neste tema do que sempre se fala pero non se leva a práctica que é o da oficina xudicial, centralizar o procedementos dos xulgados e crear oficinas en determinadas cidades. Si necesitamos mais medios humanos, funcionarios e xuíces.

¿Que obstáculos debe superar el xuíz en el exercicio de su función?

A presión de traballar nestas condición moitas veces, de precisar mais medios e non telos. Tamén está a presión de afrontar situacións persoais ou familiares moi duras e intentar que eso no te afecte e chegar a túa casa e descansar.

¿Como ve o seu futuro a corto prazo?

Estou moi a gusto no Xulgado de Caldas cos funcionarios, os letrados e a praza... así que teño intención de estar un tempo alí. Pero si que é verdade que gustaríame ao mellor mais adiante cambiar a un Xulgado que só leve un ámbito, o penal ou o civil, porque as veces é complicado estar a todo.

 


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top