Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés N 27 Invierno 2023
Escultor natural de Meaño, Pontevedra.
Neste número da revista eSmás O Salnés entrevistamos a Francisco Pazos, recoñecido escultor natural de Meaño.
O meu obxectivogar, grazas, Francisco, por concedernos esta entrevista. Para comezar, poderías explicarnos un pouco como comezou o teu interese pola escultura?
En primeiro lugar, moitas grazas por contar conmigo para a entrevista e promocionar o meu traballo. Empecei cando tiña aproximadamente 14 ou 15 anos coa miña primeira peza de madeira que aínda conservo, alá polo 76, e case á par empecei tamén coa pedra. Durante catro anos seguín facendo cousas pola miña conta de xeito autodidacta, pero a evolución era moi lenta porque non tiña a ninguén que me guiara. Foi nesa época, cando acabei a miña primeira escultura de madeira, que me din de conta de que era ao que me quería dedicar.
Daquela empezaba a funcionar a Escola de Canteiros de Poio nos baixos do Monasterio de Poio. Era unha escola máis enfocada á cantería, pero tamén tocaba bastante a escultura. Anoteime por curiosidade para ver como funcionaba a escola e se se adaptaba máis ou menos ao que pretendía, que era dedicarme á escultura.
A escola daquela levaba só dous anos funcionando, polo tanto tampouco tiña moita visión de a onde se podía chegar. Estiven alí cinco anos, e foi onde realmente aprendín a técnica da escultura, tanto modelado como vaciado, traballo en pedra, debuxo, algo de historia da arte… Ahí xa tiña claro que me quería dedicar a facer o meu propio traballo, así que empecei a facer cousas pequenas nun espazo moi cativo. Ao principio facía cousas que me gustaban menos, como encargos de tipo comercial, e cando tiña un pouco de tempo libre facía o que realmente me gustaba, que era a escultura creativa máis persoal. Incluso daquela tiña traballadores que me resolvían o tema comercial e podía dedicarme ao tema creativo. Co tempo fun deixando esa faceta máis comercial e agora teño a sorte de poder dedicarme únicamente a aquilo que máis me gusta. Ademáis, durante esa época estuven sete anos de profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio.
Imos desgranar un pouco esa evolución. Cándo comezaches a desenvolver a actividade de maneira profesional?
Cando terminei na Escola de Canteiros, alá por 1985.
E o sector da escultura daquela como estaba?
Daquela había moito menos, a Escola fundouse para recuperar a tradición da cantería, que estaba desaparecendo. Escultores tampouco había moitos, agora con Belas Artes e a propia Escola de Canteiros si que hai moitos que dunha forma ou outra poden dedicarse á escultura.
Como definirías o teu estilo?
Sería moi ecléctico, a min gústame moito experimentar, e emprego todos os materiais que me rodean. Teño a sorte de poder elexir temas, materiais, técnicas, texturas… Explorar todas as posibilidades que o propio material permita.
Hai algún escultor que te marcou especialmente na túa evolución artística ao longo destes anos?
Sería unha lista moi larga, creo que bebo un pouco de todos os escultores que me gustan: dende Miguel Angel ata Henry Moore, Leiro, Asorei…
Poderías explicarnos como son as túas esculturas?
Pois teño obras de gran formato, de exterior, para sitios públicos, e tamén moi pequenas, duns 30 centímetros. A nivel materiais tamén varía bastante, dende pedra e madeira, ata combinalas alá polos 90. Tamén experimentei co cobre, a ruptura na madeira, unha das miñas últimas obras fixena coa técnica da fundición de ferro que me fixeron aquí en Fundiciones Rey en Vilagarcía. Traballei tamén co hormigón, e materiais de construcción como o ladrillo, e incluso con bronce ou papel.
Como é a túa preparación e o inicio dunha nova escultura?
A miña obra nese sentido é máis emocional que unha obra pensada nun tema. Fago o que me apetece no momento, e gústame traballar con total liberdade. Non me gusta poñer ningunha expectativa, ás veces adoito ter unha lixeira idea do que quero facer, pero deixo que vaia variando según vou traballando.
Hai algunha escultura á que lle tes especial cariño ou lembras con máis intensidades?
Teño pezas máis grandes, outras mellor colocadas ca outras, pero sempre hai algunha pequena á que lle teño máis cariño ca ás grandes.
Participaches en moitas exposicións, lembras algunha con especial relevancia?
Xa levo moito tempo en exposicións colectivas e individuais, aínda que estas últimas non me gustan tanto porque supoñen un atranco no meu traballo. A min gústame estar no meu taller traballando ao meu aire, con tranquilidade… As exposicións sobre todo individuais supoñen unha dedicación que atranca o meu traballo.
Como é o día de hoxe o traballo no teu taller?
Eu chego á mañá ao taller, onde teño a sorte de ter un espazo ben habilitado que me permite desenvolver o meu traballo, e intento rematar un traballo antes de empezar un novo. En xeral, fago o que me apetece, se quero empezar unha nova obra, empézoa, e senón sigo co traballo que estaba a facer. Ás veces é difícil escoller que traballo facer, pero sempre fago o que realmente me apetece, e unha vez escollo teño total liberdade ata rematalo.
Como ves o estado do mundo da escultura na actualidade?
Algo que noto co paso do tempo é que a xente fíxase máis na escultura. Un cadro, por exemplo, é máis accesible, pero a escultura era máis difícil vendela.
Que lle dirías a un mozo que na actualidade se quere dedicar profesionalmente á este mundo da escultura?
Que o vai ter difícil, como en calquera das artes. Animaríao a facelo, pero ten que ter en conta que ten que traballalo e que é un proceso moi largo.
Para finalizar, cales son os teus obxectivos cara o futuro?
O meu obxectivo xa está cumplido, que é facer o que me apetece e poder vivir diso. O meu obxectivo é poder seguir así.
Puedes ver la entrevista en vídeo en el siguiente enlace:
Abogado especializado en derecho civil y urbanismo. C/ Arapiles, nº2 - 2ºF - Vilagarcía de Arousa. Tlf: 986 50 97 23 - Fax: 986 56 63 89
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 https://www.canedaychamosa.com/
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Maquinaria, Herramientas, Construcción y Jardinería. - 986730300
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Arrullos del Agua - Tu espacio de relajación y salud en el centro de Vilagarcía. Av. Rodrigo de Mendoza, 57, 36600 Villagarcía de Arosa, Pontevedra - T. 986 50 79 00 - www.arrullosdelagua.es