Logo de la empresa

Entrevista a Gogue, Ilustrador y Humorista Gráfico

Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº 20 Primavera 2022

Entrevistamos a José Ángel Rodríguez López, máis coñecido como Gogue. Caricaturista, debuxante, humorista gráfico...
Entrevista a Gogue, Ilustrador y Humorista Gráfico

Entrevistamos a josé Ángel Rodríguez López, máis coñecido como Gogue. Caricaturista, debuxante, humorista gráfico... Son moitos os paus que toca, pero se por algo é coñecidoen Galicia este grovense é por un personaxe moi especial: Floreano, que cada día se asoma ás páxinas do Faro de Vigo.

Como foron os teus inicios neste mundo?

Como todos os principios, con moita ilusión e dedicación. E como sempre me gustou debuxar e ilustrar e crear, era o meu sono. Poder plasmalo nalgún medio ou figura, que tamén fago. O tempo pasou e levo xa 35 anos no Faro de Vigo.

Ao Gogue pequeno xa lle gustaba debuxar?

Si, sempre me ilusionou a animación, o debuxo, os tebeos... Fun un. gran lector de Mortadelo, como todo o mundo, e incluso me axudou para poder ler prematuramente. E eses foron os meus comezos.

E de aí, a crear un personaxe que é moi coñecido, se non por todos os galegos, case todos: Floreano. Como e cando xurdiu?

Eu empecei no Faro de Vigo como caricaturista, facendo caricaturas do Celta de Vigo. Cheguei de Madrid, porque estiven vivindo alí, cun traballo que non tiña nada que ver con isto: tiña que desenrolar cuartos de baño. Pero a miña ilusión era debuxar nun xornal. Estamos falando do ano 76 ou 77, e era superdifícil entrar nun medio, ademáis de que tampouco se estilaba moito a caricatura e a ilustración nos xornais. Pero eu según machacando e machacando e, cando vin para Vigo, collín a miña carpeta coas miñas cousas e me presentei no Faro de Vigo. Viron o estilo e calidade que tiña e dixéronme que volvera para facer caricaturas do Celta. E aí empecei. Pasaron os anos, a dirección cambiou, a maquetación do xornal tamén... E foi cando me propuxeron crear un personaxe, coa dificultade que leva iso. Facer unha sección fixa e diaria é moi complicado e, ademáis, tes que ter moitos lectores. Porque se tes seguidores que lles guste a cousa pode funcionar ben. Aceptei o reto e xa van 34 anos con Floreano.

E de aí, a crear un personaxe que é moi coñecido, se non por todos os galegos, case todos: Floreano. Como e cando xurdiu?

Eu empecei no Faro de Vigo como caricaturista, facendo caricaturas do Celta de Vigo. Cheguei de Madrid, porque estiven vivindo alí, cun traballo que non tiña nada que ver con isto: tiña que desenrolar cuartos de baño. Pero a miña ilusión era debuxar nun xornal. Estamos falando do ano 76 ou 77, e era superdifícil entrar nun medio, ademáis de que tampouco se estilaba moito a caricatura e a ilustración nos xornais. Pero eu según machacando e machacando e, cando vin para Vigo, collín a miña carpeta coas miñas cousas e me presentei no Faro de Vigo. Viron o estilo e calidade que tiña e dixéronme que volvera para facer caricaturas do Celta. E aí empecei. Pasaron os anos, a dirección cambiou, a maquetación do xornal tamén... E foi cando me propuxeron crear un personaxe, coa dificultade que leva iso. Facer unha sección fixa e diaria é moi complicado e, ademáis, tes que ter moitos lectores. Porque se tes seguidores que lles guste a cousa pode funcionar ben. Aceptei o reto e xa van 34 anos con Floreano.

Como chegaches á idea de crear a Floreano en concreto?

Foi unha idea que sempre tiña, de crear un personaxe de aquí, coas características que ten Floreano, a boina, a chaqueta negra, o pantalón de pana, etc. Creeino, empezou con algunha dificultade, porque era algo novo, pero a cousa seguíu, despois creei á muller, Mochiña, porque tiña que ter unha compañeira, porque él só non ía a ningún lado. E foi avanzando: o cura, o taberneiro... ata crear a panda que temos hoxe en día.

   

 

Gogue, como te definirías: humorista gráfico, caricaturista, viñetista?

Defínome como creador. Porque o creador engloba todo; ilustración, caricatura, viñeta... Todo o que sexa arte, polo que me considero un creador.

De qué te nutres para crear as túas viñetas?

É complicado, sobre todo no caso das diarias. De feito como dicía antes, cando o Faro de Vigo me propuxo o reto tíveno que pensar, ou dicía que si ou que non. E dicirlle que non a un medio no que estaba e no que me gustaba estar, dixen que si. Como todo o traballo diario, é moi complicado. Pero nútreste de xente, de anécdotas, das noticias diarias de radio e televisión... ao final méteste aí e as cousas saen para adiante.

Comezaches coas caricaturas e segues coas caricaturas. De feito, colaboras con algún medio de Estados Unidos facendo caricaturas de personaxes de alí. Cal foi a que máis te gustou facer?

Houbo unha en concreto, que era cando colaboraba con Alberto Avendaño. Fixemos de Donald Trump, de obama, e incluso collín a última estapa de Biden. E Alberto pedírame unha de Donald Trump rompendo o xornal The Washigton Post. Quizás foi a que máis impacto tivo e a que máis me encheu de facer, polo seu impacto que tivo. E agora estou colaborando na mesma liña co medio quincenal Hoy en Delaware, onde sigo con política estadounidense.

É o humor diferente en Estados Unidos que aquí? Ou o humor é universal?

Enténdese igual, o humor é universal. Incluso hai cousas que teño feito de Floreano, e a xente enténdeas igual. De feito, hai uns anos estiven na Universidade de Minnesota e deixei unha serie de Floreano alí, porque fixen unha esposición. E a xente ri, non sei se polo seu aspecto o que, ri. De feito, hai alí un profesor que domina o español e o galego, que foi quen fixo que eu fixera a exposición, que era o encargado de traducir cando lle preguntan os estudantes. Iso quere dicir que o humor é universal, enténdese a retranca galega máis alá das nosas fronteiras.

Non só fas ilustracións, tamén creas figuras en porexpan, ou "rilla-rilla". Cóntanos un pouco sobre iso.

A creación abarca moitas artes e sempre me gustou a escultura. Pero me gustaba a escultura no modelo cartoon. E teño a base de poder deseñar e debuxar, polo que me facilita moito a labor para facelas. De feito, teño unha que se chama "O pirata Dente de Ouro" que está nunha sala de exposición de Nova York, dende hai anos. Mandeina para alá, gustoulles e alí está.

Volvendo a Floreano, agora converteuse en peregrino e é o protagonista dun selo conmemorativo do Xacobeo 2021. Como chegou ata aí Floreano?

O do selo é tamén outra parte da carreira de Floreano. Teño un amigo que está en Correos e comenteille a posibilidade de mandar un selo a ver se se proporcionaba, non necesariamente polo Camiño. Pero el propúxome facelo vestido de peregrino. E foi o que fixen, pero non é algo fácil de conseguir. Porque, ademais, hai moitas máis ofertas para un selo en concreto. Estiven catro ou cinco anos para conseguilo, non sei se algunha das grandes firmas conseguiríano máis fácil, pero a min custoume cinco anos de reunións, de cartas, de dereitos de autor, tiveron que preguntar no Faro de vigo polo impacto que tiña Floreano, etc. Ao final, parecía que a cousa estaba encamiñada e en Correos dixéronme que solo faltaba falar coa Oficina do Peregrino de Santiago, para ver se lles parecía boa idea. Fun ata alí coa proposta, estiven co deán da Catedral, que dixo que lle encantaba a idea e foi para adiante.

"Nútreste das noticias diarias"

Pensando en como é o cura, Igrexia e Floreano e unha mestura rara...

Si, de feito hai xente que me pregunta como podo ter un cura como ese nas ilustracións e que a Conferencia Episcopal non me diga nada. Pois non sei, gustaralles. Ademais, o cura que teño é un dos de antes, de pobo. Non máis humano, pero si máis corrente. Antes, no Grove e noutros sitios, había curas aos que lles gustaba ir tomar o viño, o café, xogar a partida... Esa foi a base do meu cura.

Case o único que te quedaba por facer era levar aos teus personaxes á gran ou pequena pantalla. E fixéchelo o ano pasado con "A Orixe de tódolos camiños" de man da Mancomunidade do Salnés. Foi raro velo convertido "en realidade"?

A raíz do selo aproveitamos para presentar un proxecto na Mnacomunidade do Salnés, que lles encantou a idea. Son unhas curtas animadas nas que floreano e Monchiña fan un percorrido dende aquí ata Santiago pasando polos diferentes pobos e sitios, e en cada un sempre hai algunha anécdota. E xa levamos dous capítulos, agora acabamos de facer a variante portuguesa, que é a zona de Pontevedra e Poio, tamén co mesmo sistema. Impactaron tanto que ambos se proxectaron en Fitur, en Madrid, este ano e tiveron moi boa repercusión. Agora estamos con outro proxecto, que é máis amplo e máis grande.

 

 


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top