Logo de la empresa

Entrevista a Josito Porto, actor e músico

Fátima Frieiro Santaya | Revista eSmás Vilagarcía Nº 13

Que te paren pola rúa para dicirche que lles gusta o teu traballo vale máis que mil goyas ou mil óscars
Entrevista a Josito Porto, actor e músico


Josito Porto naceu en Vilagarcía no ano 67 e presume precisamente diso, de ser de Vilagarcía, “aínda que a moitos lles pese”, ironiza. Dende neno a súa vida estivo vencellada ao mundo das artes. Os seus primeiros recordos sobre o escenario teñen o cuño de “Clámide” nos ensaios do sábado no local da parroquia de Santa Eulalia e tamén entre as filas de grupos como “Savia Nueva” e “Froallo”. A día de hoxe pode presumir de ser un dos artistas locais con máis proxección tanto no mundo dramático como no sector audiovisual. Aloitador de todo o que soa a Galicia vive entre a tea do teatro e a súa última aposta musical, Factoría de Subsistencia, que el mesmo define coma o seu proxecto máis persoal.

Ten Josito Porto recordos de cando empezou no mundo do teatro ou xa naceu interpretando?

Pois recordo perfectamente a miña primeira obra. Foi en terceiro de EXG e foi cunha peza que interpretaba con dous amiguiños da clase. Eu facía de touro, outro colega era o toureiro e un terceiro era o alcalde do pobo. Na clase, co profe don Paulino Bazaco, organizabamos unha especie de “ruedo”. O toureiro ña que meterme a estoucada pero no último momento eu embestia ao alcalde (risas). Agora que o penso xa era unha obra que tiña un punto extrano... o profe quedou totalmente horrorizado e o resto dos alumnos os pobres non deberon entender nada. Foi a partir de aí cando caín na conta de que era moi divertido estar encima da táboa facendo o idiota ou o pallaso.

E logo chegou “Clámide”...

Si, eu penso que debín empezar en “Clámide” aló polo 83. A primeira obra que fixen con eles foi “La dama del alba”. Era xusto nesa idade na que me estaba cambiando a voz e a verdade é que foi moi divertido. Naquel momento que conste que me agobiaba moito, pero agora recórdoo e morro de risa. Naquel momento eu vivía moi ligado á parroquial, tanto con “Clámide” como con “Savia Nueva” e tamén co grupo de gaitas “Froallo”.

Foron anos moi intensos...

Para min era “cojonudo” porque era unha maneira xenial de escapar de traballar na casa (risas). Eu sempre o digo e a miña nai non lle gusta nada. Nós tiñamos finca e con todo o traballo que implica a finca: patacas, millo... Fincas todas elas cheas de pedras, que meu pai equivocouse de traballo e tiña que ter sido canteiro... Un día caín na conta de que se empezaba a facer actividades culturais e ocupaba a fin de semana pois non tiña que traballar na casa. E foi precisamente iso o que fun facendo. O sábado pola mañá tiña ensaio de “Clámide”, pola tarde do coro e das gaitas... e mira, ao final acabas traballando disto.

Despois de todo iso chegou a túa vida como profesional... É tan errante a vida do actor como a pintan?

Si, é precisamente ese é o único tópico que se cumpre. Non sei quen dicía que con esta profesión se ligaba mogollón. Pois non, todo falso (risas). O que si é certo é que é un curro totalmente errante e que tamén ten moitos momentos de comer pasta e arroz. Aínda así, considero que é un privilexio poder vivir do que me gusta dende pequeno.

Non se concibe ese traballo sen un toque de paixón?

Se che gusta este traballo estás a tope. Se estás pensando en certas comodidades que poderías ter noutro traballo máis ou menos estable pois isto non é para ti. É certo que eu tampouco son capaz de pensar en min cun horario super marcadísimo e agora teño que telo, porque son pai. O que si é certo é que os actores vivimos así un pouco “a salto de mata”, nada é predecible.

O teatro é a paixón de Josito Porto, pero tamén é certo o papel destacado en series emblemá cas como “Pratos Combinados” ou “Mareas Vivas”... Como se deu ese salto?

Realmente eu non atopo diferencia entre a música, o teatro e o audiovisual... Sempre é o mesmo, o único que varía é o soporte. O salto ao audiovisual deuse coa que foi a primeira serie da TVG, “A Familia Pita”.
Foi daquela cando arranquei e conmigo tamén estaba Manolito Millán. Xa previamente eu puxéralle a voz a unha curta que levara un premio no Certame Audiovisual do Liceo-Casino promovido por Roberto Camba. Camba era un tarado, un faná co do audiovisual cando iso era meritorio. Gravaba mogollón de curtas e cousas completamente desquiciadas. O audiovisual pareceume moi diver do, aínda que é unha forma de currar totalmente dis nta, a toda mecha...

Hoxe en día segue ese ritmo?

Se daquela era a toda mecha hoxe en día xa non ten nome. Estamos chegando a ese perigoso momento da famosa máquina de chourizos. O que tes que ter claro no audiovisual é que o que se grava queda gravado para toda a vida. (risas)

En Galicia non che foi mal e xa a nivel estatal tamén es veches en algunhas series... É dificil dar o salto a ese outro mercado?

Eu creo que é unha cues ón de circunstancias. Este é un traballo, un oficio de moita paciencia e moita tranquilidade, sobre todo unha vez que caes na conta de que non vas ligar máis (risas). Ao mellor tes un momento no que estás coa idea de facerte súper famoso e saír en todas as teleseries e que incluso te paren pola rúa. Se realmente o que desexas é iso, pois xa chegará se ten que chegar. O que é certo é que estamos nun momento curioso donde priman moito as características da xente, incluso máis que o que pode ser básico neste oficio como é a solvencia á hora de interpretar determinados papeis. O salto a nivel estatal? Pois pouco a pouco, tampouco é algo que me agobiara nin me agobie. Creo que Galicia é un país suficientemente grande e interesante para poder chegar a todos os recunchos. Podes chegar con programas de gaiteiros ou tamén con programas máis arriscados que se botan moitisimo en falta duns anos para acá.

Só duns anos para acá?

Si, é curioso porque cando empezou a TVG era unha cousa moi “punky” con determinadas series que se emitían e que agora son impensables. Morris, Manquiña, Carlos Blanco ou outros xa daquela facían programas que daban xogo, de ruptura, de ousadía... Supoño que era o normal. Cando empezou este tema tan marabilloso da democracia pois entrábase con ganas de comelo todo, de arrasar con todo, pero creo que por desgraza é algo que se acabou perdendo. E ollo, arriscar podes arriscar a calquera idade, teñas 16, 30 ou 60 anos.

“Aínda hoxe cando poño o pé enriba do escenario estou nervioso”

Pisaches moitos escenarios en toda a túa carreira profesional... Ten Josito Porto algunha manía ou amuleto? Pois eu pido 350 toallas, de la virxe lavadas dúas veces nalgún lavadoiro da zona da Arousa (risas). Non, eu non teño nada. Eu son un tipo bastante aburrido en canto a iso. Prepárome para xogar, porque para min é un xogo como cando de pequeno xogaba a “polis” e “cacos” ou a “indios” e “vaqueiros” e me tiña que meter no papel. Cando entro na táboa pois é a mesma historia. Se eres un namorado entras a namorar e se eres un asasino entras a asasinar. O único que fago é minutos antes relaxar os músculos, estirar as pernas, pero non lle dou demasiadas voltas. Aínda hoxe cando poño o pé enriba do escenario estou nervioso, moi nervioso e coa música xa non che conto. Supoño que ese é o xeito de que nunca te aburras. O mundo do espectáculo é posiblemente no que máis abunda o do “todo gratis” ou o de “actuar por unha oportunidade”. Como ves isto? Tomo aire e bebo un choupo... É alucinante. Que ninguén pense que isto é un invento dos tempos modernos, o que pasa é que nos tempos modernos estamos máis “acojonados” e é máis sinxelo meternos medo. Sempre, sempre, houbo alguén que xogou co medo para machacarnos. Sempre na historia houbo algún experto en meter medo nas cabeciñas da xente. Cando empecei nisto do audiovisual estábase loitando por un convenio e empezaba a haber ofertas á baixa. A min tamén me interesaba traballar moitisimo, a min e a moitos, pero non o collías. E cando non o collías dicíanche as produtoras que se non eras ti pois que sería outro. Eu dicía... vale, pero eu non vou coller ese papel.

Pasáronche casos concretos?

Si, recordo unha produtora á que non lle aceptara un papel e que meses máis tarde me volveu chamar para facer un personaxe. Eu díxenlle que vale, pero que as miñas condicións eran as que eran. Entrei a traballar. Noutra pasou o mesmo. Acórdome que cando marchaba despois de non aceptar o que me daban que me dixeran: “Josito, tes que ser consciente de que hai portas que se abren e se deixas que se pechan pois quedan pechadas”... Eu dixen: vale, pois xa atoparei máis portas... E si, volvín atopar esa porta e o primeiro que lle dixen ao produtor foi: “Daste conta? A sorte que temos algúns que se pechan portas e se volven abrir?”

Iso foi hai anos...

Si, pero as ganas de traballar eran as mesmas, as mesmísimas. Eu sempre digo que agora, por exemplo, a nivel audiovisual é un cachondeo... Estase pagando por debaixo do convenio, pero moi por debaixo. A xente non denuncia estas situacións por medo. Eu o único que lle diría a todos estes chavales que empezan é que non teñan medo porque, se temos medo agora, que vai pasar dentro de quince anos? Vas entregar á túa familia para que che dean un papel nunha telenovela

Hai un modo de evitar todas esas ofertas á baixa?

Si, se de repente ninguén fai eses traballos vanse ver na obriga de pagar o que teñen que pagar. É así de sinxelo. O que pasa é que o medo é xenial. Cando tes fillos pois o mesmo. O feito de ter unha familia non quere dicir que teñas que humillarte. Este é un curro moi jodido e eu en certo modo ven sorte porque entrei nisto cando o traxecto xa estaba medio andado. Había xente aí que andaba en furgonetas e cobraba con bocatas e actuaban en palcos con verbenas ao lado. Esa xente foi a que dignificou esta profesión. Tamén hai xente que pasa de todo, coma sempre. O que eu lle diría a esa xente que vai aos locais tocando gratis é que cando se asume que isto é unha profesión hai que actuar como tal. O problema é que somos “gilipollas” e hai xente que entra nese xogo. E se entras nese xogo logo no podes protestar. Coa música o que pasa é “acojonante”.En Factoría de Subsistencia temos a premisa de non ir aos sitios sen cobrar, como farías cun trabalo normal porque, precisamente, este é un traballo normal como o da construcción ou o da enfermería.

Non podes queixarte a nivel de recoñecementos. O último foi o María Casares de Teatro pola obra “As mil vidas de Matías Houseman”, un reto moi personal...

A min para nada me parecen importantes os premios. O premio real é a posibilidade de traballar ou que alguén te pare pola rúa e che diga que lle encantou o teu traballo. Iso vale máis que mil “goyas” e mil “óscars”, téñoo clarísimo. Pero ben é certo que os María Casares son uns premios aos que eu lles teño moitisimo cariño porque me parecen uns premios moi humildes, non teñen nada de rimbombante.Cando cho dan non te ven buscar ningunha produtora indonesia para que vais gravar fóra... non, non pasa. De feito hai algo así como “a maldición dos María Casares” (risas). Cando che toca un María Casares sabes que durante un tempo ninguén te vai chamar. Que mo deran polas “Mil vidas de Matías Houseman” fíxome moitisima ilusión porque ademais é un premio que entregan os compañeiros. Cando estás nun monólogo coma este xa non contas con levar o galardón, por iso levei unha alegría moi grande.

É un espectáculo que agora mesmo está parado...

Pois si, mira qué curioso. É un espectáculo que decidín parar e que agora estou coa idea de retomar. Tendo unha compañía propia pódeste permitir  a chulería de que se non te atopas ben podes paralizalo e retomalo cando che dea a gana porque a única persoa á que lle tes que render contas é a mesmo. Un monólogo implica moito, hai moitas portiñas secretas no teu corpo que vas abrindo, moitas emocións que agroman, algunhas de las súper guais e outras que non o son tanto. Ademais estamos vivindo un momento moi marciano en temas de contratacións.

Non é sinxelo colocar unha obra así?

É todo moi raro. A min non me deixa de chamar a atención que un espectáculo que ten críticas moi favorables e que vén de gañar un premio de repente non arranque.Eu estiven pelexando por ter funcións ata que te das conta que nun semestre tes unha ou dúas. Por iso decidín paralizalo porque xa me estaba encabronando coa personaxe, coa peza... Deixei pasar dous anos de barbecho e agora estou con ganas de sementar e recoller.

O que si estás recollendo son os froitos de “Factoría de Subsistencia”, o teu proxecto musical...

Para min a música e o teatro sempre foron parellos. Cando eu estaba embestindo ao alcalde naquela obra de terceiro de EXG xa estaba na rondalla do cole, tocando a guitarra. Logo viñeron outras cousas. Cando estaba en Santiago chegou a época de “Korosi Dansas” que para min foi importantisimo. Aquilo era unha familia coa que podía desfasar.Cando esa historia remata empezo con “Magritte” cuns musicazos de Ourense.Xa dende tempo atrás tiña temas rebulindo dentro da miña cocorota.

E diso xurdiu Factoría?

Foi nunha reunión en Santiago con Nati e José Lameiras, de“Magritte”, cando xorde o nome desta historia. Hai un primeiro intento de saír eu só ao escenario e doume conta de que é algo así como unha especie de suicidio, porque cada vez que saía estaba completamente atacado. Entón empezo a xogar con músicos amigos para sentirme respaldado. Despois dun par de intentonas e por circunstancias da vida tiven a fortuna de toparme con Sabela Dacal que é unha pasada, unha crack. Ela foi a primeira persoa que me puxo realmente os pés na dirección de Factoría de Subsistencia.

Un proxecto cun cuño moi personal entón...

Si, para min “Factoría de Subsistencia” é un proxecto moi persoal. Son paranoias miñas, é algo que me facía moita ilusión e donde me sinto cómodo. É unha auténtica felicidade. Un día tocando aquí en Vilagarcía, no Ghotam, un seguidor de “Korosi Dansas” díxome tras a actuación que isto non lle recordaban nada a aquilo e doume unha alegría. Iso era precisamente o que buscaba, unha cousa distinta, remexer en lixos distintos.

Iso si, teño unha espiña moi grande cravada que é a de vir presentar “Factoría de Subsistencia” a Vilagarcía. É algo que teño aí e que “no cejaré en mi empeño”. (risas)


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top