Logo de la empresa

Entrevista a Paco Charlín

Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés 34 Otoño 2025

Entrevista a Paco Charlín - músico de Jazz
Entrevista a Paco Charlín

Neste número da revista eSmás O Salnés falamos co músico vilanovés Paco Charlín, especialista en contrabaixo no ámbito do jazz. Para comezar, gustaríanos coñecer os teus orixes: como foron os teus primeiros pasos na música e que che levou a interesarte polo jazz? 

Bueno, os primeiros pasos foron iguais que moitos músicos da comarca, case todos empezamos coa música de baile. Aquí hai moitos músicos, profesores e profesionais que se dedicaban ás orquestras e á música de baile. E como tamén o Paquetín é unha orquestra de baile, tiña un pouco a obrigación de meterme na música, coma moitos outros músicos da zona. Formámonos en Vila García, con profesores como Jorge Romero, que nos axudou a contactar co mundo da música.
 

Na túa xuventude, deste un gran salto ao estudar na prestixiosa Berklee College of Music, onde obtiveches unha dobre licenciatura con honores. Que recordos gardas desa etapa e como marcou a túa formación como músico? 

A etapa foi fundamental. Estudei en Boston case cinco anos e para min foi esencial para pasar dun nivel semiamateur a un nivel profesional. As clases de harmonía, instrumento e combo eran intensas e a universidade é unha das máis prestixiosas do mundo. Esa experiencia cambiou completamente a miña carreira, decidindo dedicarme profesionalmente ao jazz e tamén a outros estilos como pop, rock ou folk. A formación que recibín marcou a miña visión da música e fíxome valorar o esforzo e a disciplina necesarios para avanzar.

 

 

 

Tiveste como mestres a figuras de primeiro nivel internacional. Que aprendizaxes ou consellos deles seguen presentes na túa maneira de tocar e compoñer? 

Na Berklee tiven contacto con profesionais e mestres de enorme nivel, tanto afroamericanos como estadounidenses nativos do jazz. Aprendín directamente da súa forma de entender e interpretar a música, algo que é moi distinto a como se aprende aquí en Galicia. Esas experiencias marcáronme e influíron na miña maneira de tocar, de improvisar e de enfocar cada composición.

Tamén acompañaches a grandes músicos do jazz contemporáneo. Que experiencias no escenario consideras máis decisivas na túa carreira?

Cada experiencia sobre o escenario é valiosa, non só as pasadas senón tamén as presentes e as futuras. A preparación previa é clave: coñecer os temas, o estilo e estar atento a todos os detalles. Cando todo isto se suma, o resultado no concerto é moito mellor. A experiencia ensínache a controlar o directo, a valorar cada nota e a interactuar co público dun xeito que non se aprende nos ensaios.



 

 


Desde o teu regreso a Galicia, o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra converteuse nun espazo de referencia. Que importancia ten para ti a labor docente e como ves a evolución dos músicos galegos?

A labor docente é fundamental. Formar músicos non é só ensinar notas, senón ofrecer referencias de primeira man e guialos para que tomen decisións sobre a súa carreira. Cada alumno é distinto e hai que adaptar o ensino ás súas necesidades, dende aqueles que queren dedicarse profesionalmente ata os que o ven máis como un hobby. A evolución dos mozos músicos galegos é constante e gratificante, e é importante que teñan oportunidades reais de desenvolverse.

Falando da túa faceta creativa, como naceron os álbums que publicaches e que buscabas transmitir nesas gravacións?

Os álbums nacen dunha combinación de colaboración, inspiración e evolución persoal. Cada disco reflicte unha etapa concreta, ideas recollidas e un estilo propio que vai evolucionando co tempo. O obxectivo é expresar a música que sinto e que quero comunicar, ao mesmo tempo que se busca unha calidade artística que permita compartir a música co público de forma clara e impactante.

 

 
  

No teu selo Free Code Jazz Records apostaches por dar visibilidade a músicos galegos. Cal foi a túa motivación ao fundalo e que balance fas despois de tantos anos de traballo?

O selo naceu para ofrecer oportunidades a músicos que non as teñen, especialmente aqueles novos ou que non puideron viaxar ou gravar. Quixen crear un espazo para que a súa música chegase a festivais, clubs e outros escenarios, servindo tamén como carta de presentación. Despois de anos de traballo, o balance é moi positivo: moitos músicos tiveron saída e visibilidade, e o selo segue sendo un punto de referencia na música galega.

Mencionaches en ocasións que o contorno natural e cultural de Galicia influencia a túa música. De que xeito cres que a túa terra se reflicte nas túas composicións e na túa forma de entender o jazz?

Galicia ofrece un equilibrio e unha tranquilidade que se reflicten na miña música. A sensación de illamento relativo permíteche concentrarte, explorar ideas e evolucionar sen presión. Isto inflúe tanto nas composicións como na interpretación, aportando unha identidade propia ao meu estilo de jazz.

Mirando ao presente, nestes últimos anos participas en ciclos como Primavera de Jazz e lideras formacións propias. Que papel xoga o directo na túa traxectoria e que sensacións buscas transmitir ao público en cada concerto?

O directo é fundamental. Cada concerto é unha experiencia única, onde a preparación, a disciplina e a interacción co público determinan a calidade do espectáculo. Busco transmitir emoción, autenticidade e conexión coa audiencia, facendo que cada actuación sexa memorable e que os temas se interpreten co máximo respeto e dedicación.

Para rematar, que plans tes a curto e medio prazo?

Non hai plans específicos de futuro, senón seguir mantendo o que estou facendo, completar proxectos e iniciar outros. As xiras, as clases e os festivais determinan a axenda día a día, e o obxectivo é seguir traballando con constancia, mellorando e aproveitando todas as oportunidades que surxan.

 

AQUÍ PUEDES VER LA ENTREVISTA COMPLETA EN VÍDEO EN NUESTRO CANAL DE YOUTUBE:



 


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top