Logo de la empresa

Entrevista a Pauliña, cantante de cambados.

Daniel De Amorín - redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés N13 Verano 2020

Hai persoas que xa nacen sendo artistas. Veñen a este mundo cun talento innato que tarde o cedo acaba explotando.
Entrevista a Pauliña, cantante de cambados.

A cambadesa Paula Chaves, máis coñecida polo seu nome artístico Pauliña, é unha desas persoas. Tiña quince anos cando a cantautora atopou na música e no galego o vehículo perfecto para expresar as súas emocións. Tras compoñer a diario e comezar a dar concertos por distintos bares e locais de España sacou o seu primeiro traballo titulado De-Xeneración, un álbum profundamente intimista que presentou na súa terra durante as Festas do Albariño do 2018. Agora, acaba de estrear o seu segundo disco, A Malfalada, un traballo moi rebelde e salvaxe co que deleitará a todo o panorama musical galego e nacional.

 

 

Cando empezaches na música eras un tanto escéptica en canto ao teu talento. Non eras quen de entender que podías ser cantante, pero a xente do teu entorno o tiña moi claro. Como foron eses comezos?

 

A verdade é que para min foron moi inspiradores porque eu empecei dando catro acordes na guitarra. Recordo estar na Bodega en Barrantes con Manu Abuín aprendendo na guitarra cancións de Laqueillo, Ruxe e Ruxe, Noa...Como dis ti todo o entorno vía esa paixón que eu tiña pola música, pero eu non me daba de conta. Unha vez que me empuxaron a empezar a tocar en locais xa empecei a entendelo. Me dicían ven e toca no noso garito ou me chamaban de Santiago para que fixera unha colaboración, así foi como comecei con Batuco. Primeiro tiven que sacarme isos nervios que tiña de subir a un escenario. Entón si foi esta xente do panorama galego musical que me impulsou a meterme na música e estoulles inmensamente agradecida.

 

Estudabas no Instituto Ramón Cabanillas cando tiveches unha conexión especial co galego. De feito ti mesma confesas que o galego salvouche a vida...

 

Ese foi un ano bastante malo na viña vida. Eu xa traballaba dende bastante moza, a miña nai e o meu irmán tamén traballando sempre, a familia como que estaba un pouco desestruturada. Ese verán comecei a ler poemas de Rosalía, Curro e Castelao sobre todo. Empecei a introducirme como galego-falante con catorce anos, entón imaxínate o shock tremendo de chegar ao instituto despois de ese verán. A profesora de galego sorprendida preguntábame e ti falando galego? Pero a verdade é que o apoio foi incrible por partes dos compañeiros e profesores, animándome a seguir falando e a escribir en galego, e tamén axudándome a aprender o idioma porque sempre hai cousas que como castelán-falante logo dis mal en galego. Me corrixían sempre e iso foi moi positivo para min.

 

Claro é que o galego foi máis aló de ser un vehículo para expresar as túas emocións. Por que non descubriches este vínculo antes?

 

Pois non sei a verdade, nacín nunha familia castelán-falante que agora eu mesma convertín en galego-falante. Eu son dunha aldea pequena de Cambados e por exemplo a miña avoa que falaba galego sempre faláballe en castelán aos nenos. O vínculo medrou moi forte cando alguén me dixo ti estás escribindo en galego por qué. E eu contesteille que cría que no castelán todo estaba escrito, en cambio co galego podía expresar todas as miñas emocións, axudábame a transmitir as emocións, sentíame moi unida ao galego. Alguén tamén díxome que parecía a Rosalía moderna á hora de escribir porque sintes tanto, incluso no concerto do Albariño chorei en público porque me saíu así, porque esas emocións son as que provocan o galego en min e son as que eu quero transmitir coa miña música.

 

Todo o que aprendiches musicalmente o fixeches de maneira autodidacta. Te plantexaste ou te plantexas completar ese coñecemento con formación académica?

 

A ver de momento eu da música non vivo. Deixei outros traballos anteriores pero continúo traballando no Náutico de O Grove, porque ademais é algo que me encanta. Pero si que xa estou nun paso, con este segundo disco, que quero meterme en clase de guitarra e de teclado porque gústame moito e xusto regaláronme un. Creo que hai que profesionalizarse na música para seguir avanzando.

 

A partir dos 15 anos empezaches a dar concertos por distintos bares de Galicia e pubs de Galicia pero nin tiñas equipo propio para tocar. Como foi esa etapa?

 

Ata o día de hoxe, coa música é ou choras ou ríes. Pero ao comezo non o vía tan duro como agora que xa teño o segundo disco e xa é todo mais profesional. Antes a música era un medio de comunicarme e transmitir os meus sentimentos, algo que facía cos colegas tomando unhas copas, pero agora sei que chego a máis xente, a miña responsabilidades tamén son outras porque toco en colexios. Creo que todo o percorrido foi de madurez, evidentemente todo foi cambiando, as miñas letras, a miña forma de denuncia social, a forma de expresar os meus sentimentos. Xa non son a nena de antes pero continúo cantando nos locais e garitos de antes, nunca deixarei de facer iso.

 

 

A pesar de que a xente empezaba a interesarse pola túa música decidiches marchar a Inglaterra, unha decisión que contribuíu a túa formación artística. Por qué tomaches esta decisión e como foi a túa estancia alí?

 

Eu son un pouco cabra tola. Nese momento satureime de estar en Cambados, tiña unha base de inglés e decidín marchar así de repente. Foi unha etapa dura porque marchei con 17 anos e fun a buscar traballo alí. Pero a experiencia foi moi boa porque alí tamén alguén se fixou na miña música e mestureime un pouquiño coas bandas de grunch e rock and roll da noite de alí. Cheguei a gravar nunha universidade onde estaban os alumnos de son e eles tamén viron algo en min. Algúns dixéronme que non entendían nada do que dicía pero que transmitíalles moito e teño algún vídeo en Youtube cantando en galego e gra bado por británicos. Entón si que contribuíu moito a miña formación artística. Tanto pola mestura con xente nova como polos sentimentos que despertaron en mi a miña estancia, cousas que non cría que podía sentir. Eu sei o que é a morriña por estar alí, algo que tamén foi fundamental para a composición das miñas cancións.

 

Á volta de Inglaterra te estableciches en Santiago de Compostela e empezaches a colaborar con artistas importantes no panorama galego, como a banda Noa. Como xurdiu esta conexión?

 

É moi anecdótico porque eu subín un vídeo na miña casa cantando a canción Camiños. Non me esperaba que o vira ninguén, era algo que subín porque me gusta moito a canción porque fala de violencia de xénero. Pero un día recibín unha chamada e dixéronme eres Pauliña? Somos Noa queremos que colabores connosco nun disco porque vimos o teu vídeo. Eu non o podía crer porque son fanática deles como de todas as bandas galegas, a música en galego gústame toda, transmíteme moito e penso que deberían existir máis grupos así. E bueno dende o primeiro momento eles transmitíronme unha enerxía incrible, apoiáronme moitísimo. Fun a gravar con Iago Pico que para min é todo un referente da industria galega. E dende esa fixen xira con eles e incluso na súa despedida en Santiago tamén contaron conmigo.

 

En Santiago coñeciches ao teu produtor e firmaches coa discográfica Xonix Records para publicar o teu primeiro disco De-Xeneración. Eles che deron liberdade artística, pero non sempre sucede así. En caso de que te puxeran limitacións firmarías ou consideras que sería prostituír a túa música?

 

Non. A ver é que non é que non firmaría con eles, é que a forma como viño a buscarme Xonix Records xa foi concedéndome liberdade. Lolo estivo detrás de min tres anos para que firmase con eles. Eu estaba traballaba en Ourense nun bar, xa non estaba en Santiago, levaba xa un ano alí e un día foi ata a o bar e púxome un contrato sobre a mesa do bar. Díxome Paula vales moitísimo, deixa o traballo, porque evidentemente coa hostalería é imposible compatibilizar. Na música tes que saír todos os findes a concertos e xiras e é imposible libra un finde en hostalería. Nese momento eu só tiña dos vídeos en Youtube, él confiou sen saber apenas nada de min. Entón firmei ese contrato no que xa me daban toda a liberdade artística para expresarme como quixera, e o que para min foi moi importante, puxéronme banda que agora para min son familia.

 

Precisamente quería preguntarte pola túa banda. Como foi empezar a tocar cun grupo de persoas que te gardan as costas?

 

Eles non tiña un concepto moi claro do que eu quería facer. Nin eles nin ninguén porque creo que nese sentido estou facendo algo moi innovador, mesturando tanto tipos de estilos e rexistros distintos. As miñas cancións son moi diferentes entre sí, ben te podo meter funky ou rock and roll entón a hora de escoller aos membros da banda eles miraron todo esto. Presentoume a Paco que é o meu produtor e arranxista, tamén sube ao escenario conmigo como teclista e a melódica, él ten toda a música na cabeza. Logo están Julián e Iago batería. Foi todo cousa de lolo pero dende o principio compatibilizamos tan ben que alí quedamos.

 

Neste primeiro traballo recolles gran parte da túa vida, pois hai cancións que compuxeches con tan só quince anos e outras con 23. É un disco moi intimista pero como o definirías ti?

 

O disco leva o nome perfecto para definir o disco: De-xeración. Este disco foi a causa de ver na televisión tantas noticias que falan dos ni-nis, que si os xóvenes non estudamos non traballamos. E o certo é que na música moitas veces non se ve o traballo que hai por detrás. Porque eu subo un vídeo de uns poucos minutos pero detrás hai horas e horas de traballo. Como ben dis é un traballo moi intimista, e estou moi contenta dese disco. Gracias a este disco eu tiven un proxecto en mente e unha idea da miña evolución porque este primeiro non é tan maduro como eu pretendía, que é o que estou intentando neste segundo traballo. A min encántame ver a evolución que teño de un disco a outro.

 

Como ben dis acabas de sacar o teu segundo disco A Malfalada. Como o defines?

 

Salvaxe. Sen pudor, sen prexuízos. Hai cancións intimistas e mais lentas pero metín rock and roll e estribeillos super pegadizos para poder moverme por todos lados. Eu non quero perder o carácter intimista de cantautora porque a música é un medio pero transmitir, pero tamén teño esta vena máis festera que bebe de Chuck Berry, Elvis Presley..

 

Se algo define a túa música é o seu carácter reivindicativo. A violencia machista e a emigración son algúns dos temas que tocas nas túas cancións. ¿Crees que hai unha liña inseparable entre a música e compromiso social?

 

Sí, fai pouco falei disto nas miñas redes sociais. É verdade que existen radio-fórmulas que triunfan, pero a música que eu escoito dende pequena e da que bebo si amosa ese compromiso social. Antes cando era nena non o entendía, pero agora non entendo a música sen reivindicación. A música sempre foi un transporte para loitar. Bob Dylan cantaba Hurricane, Elvis Preley cantaba Thats Alright Mama... estas cancións que teñen un carácter sumamente intimista tamén teñen un trasfondo de compromiso social, de reivindicación. E nos máis que nada en galego realmente necesitamos cancións así. Non todas teñen que ser reivindicativas pero si debe existir algo nesas canción que invite a xente sentir, a expresar emocións, a abrir unha porta. Xa o simple feito de romper a barreira de ser muller e subir a un escenario xa sirve para que outras mulleres o fagan.

 

Agora mesmo estás inmersas en diversos concertos e colaboracións con diversos artistas. De feito fai pouco acompañaches a Grilo na Sala Capitol de Santiago de Compostela ¿onde veremos a Pauliña nos próximos anos?

 

Teño unha axenda bastante caótica porque hai cantantes que prefiren dar concertos en auditorios ou grandes salas pero eu non vou a renunciar a tocar en pubs e garitos má is pequenos. Os auditorios están moi ben, de feito A Malfalada o presentei no Auditorio de Cambados e foi incrible pero incluso nesta xira vou saír a Sevilla e a Madrid, onde tamén fun na anterior xira e tiven un recibimento incrible. Eu son moi lanzada, tanto podo estar un sábado na sala Regullón en Vigo como estar nun garito de Ourense, teño moitísimas datas en moitos sitios diferentes peor si o meu obxectivo deste ano é mover a miña música fora de Galicia.

 

 

 

 


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top