Lucía D. Bóveda | revista eSmás O Salnés Nº 19 Invierno 2021
Entrevistamos a Ricardo Ramos, campión do mundo de kenpo e natural da Illa de Arousa
Aos seus 22 anos Ricardo Ramos, natural da Illa de Arousa, vén de gañar tres medallas no último Mundial de Kenpo, celebrado o pasado mes de outubro en Turquía. Un bo facer que continuou en novembro, conseguindo o ouro nas catro categorías nas que pariticipou no Campionato de España. Foi o de Turquía o seu terceiro Mundial, pero despois de máis de dez anos practicando esta disciplina, o deportista, que forma parte do club Kenpo Vilagarcía, xa pensa nas próximas competicións.
Comezaches a practicar esta disciplina con 10 anos. Como xurdiu a idea?
Anoteime porque foi unha actividade extra escolar do colexio. Sempre me gustou facer todo tipo de deportes e, cando vin que se ían impartir clases de artes marciais, a verdade é que nunca o pensara, pero gustábame velo nas películas, as pelexas, Dragon Ball, etc., polo que decidín que tiña que probalo. E, dende esa, aquí estou, nunca parei.
No lugar de deportes como o fútbol, o baloncesto, que son os que elixen a maioría dos rapaces a esas idades...
De feito, eu daquela estaba facendo baloncesto e gustábame. Pero, máis adiante, foi cando xa non puiden compaxinalo ben, e decidín que o meu era o kenpo. Diría que non me equivoquei (risas).
Comezaches na Illa de Arousa e despois cambiaches ao club Kenpo Vilagarcía. Como sentiches a evolución no club dende dentro nestes máis de dez anos?
Foi un cambio considerable. Comezando tan pequeno Mario soubo levalo sen que fose kenpo puro e duro. Facíanse xogos para enganchar aos peques e despois xa en Vilagarcía era outro ambiente. Foise xente, veu xente, fas amizades, etc. Cando foi momento de empezar a competir, máis ou menos no 2013, houbo un cambio, e outro cando chegou a oportunidade de ir ao Mundial e de estar na selección. Levaba consigo ser máis ríxido á hora de adestrar, porque había que dedicarlle moitas horas. E cada vez máis, xa somo deportistas de alto nivel, e é un título que che obriga a estar ao nivel.
Que pensas que te aportou a ti nestes anos practicar esta disciplina?
Unha morea de disciplina, amizades, compañeirismo, ensinoume a traballar en equipo, etc. Porque moita xente pensa que é un deporte individual, mais tamén tes a defensa persoal, que é cun compañeiro, ou incluso kata de equipos. Ademais, na parte individual deste deporte tes que apoiarte nos teus compañeiros. Se non o fas, chega un punto no que xa non vas poder seguir medrando, porque ti non ves todos os teus erros. Aportoume moitísimo, realmente formou a miña maneira de ser.
Cantas modalidades hai e en cantas compites ti?
En kenpo hai kata, armas, defensa persoal (mixta, masculina e feminina), kata de equipos e combates. Eu sempre participei en todas, cada unha apórtame unha cousa diferente. Sigo participando en kata, en armas, en ambas defensas e en combates fíxeno ata o ano pasado. Este ano, entre a covid-19 e que estaba finalizando os estudos, aparteime un pouco do combate. Estou adestrando igual, mais a nivel competición agora mesmo deixeino de lado.
En outubro celebrouse o Mundial de Turquía e obtiveches tres medallas. Que sensacións tiveches?
Volvín moi contento, porque subín ao podio en todas as modalidades ás que fun participar. E iso xa é un orgullo, porque é un Mundial. Ademais trouxen unha de cada. Cando subín a recoller o ouro, que foi co meu compañeiro Juan en defensa persoal masculina, foi una sensación que creo que nunca vou saber expresar. Foi un soño poder vivilo, foi moito traballo, era a primeira vez que competiamos xuntos e foi brutal. As outras dúas medallas tamén foron incribles, un segundo e un terceiro posto nun Mundial, que están xenial. Pero esa foi especial, penso que sería a medalla de ouro entre as diferentes medallas.
É o teu terceiro Mundial... É cada un mellor que o anterior? Ou non se poden comparar?
Son diferentes, pero penso que si, que este foi o mellor, pero falo a nivel de vivencia. Formamos todos un grande equipo, cun compañeirismo brutal, foi como unha gran familia. Pero si, en cada un estivemos persoas distintas e cada un aportoume algo. O primeiro tamén foi especial, porque nunca vivira algo así. E o segundo foi en España, entón había máis xente e o ambiente era diferente. Cada un aportou algo diferente.
Imaxinaríaste nuns Xogos Olímpicos se o kenpo chegara a ser deporte olímpico?
Oxalá. Sería a meta máxima á que podería aspirar. Imaxínome? Si, eu si. Hai que visualizarse como gañador e como todo. Eu vivo con esa mentalidade, penso que é a que tes que ter. Eu no Mundial ía coa idea de que, se subía ao podio nunha modalidade, xa estaba moi contento. Unha vez vexo que si que me podo manter aí, teño que ter a mentalidade de que vou a por todas. Kenpo olímpico? Pois a por todas.
A realidade é que, a día de hoxe, é posible ser deportista profesional de kenpo?
É moi complicado, non podes vivir só diso. Eu teño unha beca polas axudas a Deportistas de Alto Nivel (DAN). Pero, realmente, eu non cobro efectivo por facer kenpo. Oxalá puidera vivir expresamente para isto, porque eu gozo adestrando, cando necesito desconectar dos estudos, ou do que sexa, adestro, non me tiro no sofá. Así libero a miña mente e no tatami son feliz.
Que lle dirías aos rapaces que están pensando en practicar kenpo?
É diferente ao que estás afeito e te vai encantar. Se te gustan as artes marciais, se es activo e te gusta traballar, vaite ofrecer unha morea de cousas, farás amizades, etc. Eu animaría a todo o mundo, non só a rapaces, senón a xente de todas as idades.
Precisamente, o kenpo non é unha disciplina só para xente nova...
Si, e incluso no Mundial veu xente que compite na categoría Master. Coñezo persoas que comezaron aos 4 anos e outras que o fixeron aos 50. É o bo do kenpo, que sempre che vai aportar algo. Cando es pequeno, axúdate a conseguir esa mobilidade e esa rítmica que precisas, e como adulto podes aprender a defenderte, a ter máis confianza en ti mesmo, etc. Eu animaría a calquera persoa, de calquera idade, a practicalo.
Pensas que o kenpo ten o suficiente apoio na actualidade?
Cada vez se vai coñecendo un pouco máis e se lle dá visibilidade. A xente vai coñecéndoo, pero hai que seguir facendo máis. Non é como o baloncesto ou o fútbol, que todo o mundo o coñece. Por iso, hai que seguir loitando para levar o kenpo polo mundo.
Acabas de rematar Fisioterapía. Como foi compatibilizalo todo?
Foi complicado, ao estar a tan alto nivel tes que dedicarlle moito tempo. Pero se te gusta sácalo, conséguelo. Fun estudar a Pontevedra, non tiña kenpo pola semana e ao vir a casa adestraba venres, sábados e domingos. E, en Pontevedra, adestraba pola miña conta e apunteime a karate, para non perder fondo. Tes que manterte activo, dedicarlle moitas horas. Como dixen antes, o que me relaxa é adestrar, porque desconecto, e o meu pasatempo favorito.
Que proxectos tes no futuro?
Quero facer un máster en fisioterapia deportiva, porque é o ámbito no que máis me movo e, ademais, o que máis me gusta. E seguirei compatibilizando os estudos, o traballo e o kenpo, sempre que me permita facer todo.
E no mundo deportivo?
En 2022 volve haber Campionato de España, que será en marzo, e o Mundial terá lugar en abril. O futuro pasa por ver se podemos estar aí e por seguir traballando para conseguilo.
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 Visita nuestra web
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Abogado especializado en derecho civil y urbanismo. C/ Arapiles, nº2 - 2ºF - Vilagarcía de Arousa. Tlf: 986 50 97 23 - Fax: 986 56 63 89
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Diseño de Páginas Web y Tiendas Virtuales - Creación de Marca - Marketing Digital - Producción Audiovisual - Publicidad Impresa - Posicionamiento SEO y SEM en Google. Encuéntranos en Avenida de la Marina, 122 Bajo - Vilagarcía de Arousa Tlf: 986 50 82 72 Visita nuestra web
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Maquinaria, Herramientas, Construcción y Jardinería. - 986730300